Presidente da India
Aparencia

O presidente é o xefe de estado da India. É tamén o Comandante-en-Xefe das forzas armadas do país. O presidente da India é coñecido como o primeiro cidadán do país. A pesar diso, os seus poderes son principalmente cerimoniais, e o poder executivo é de facto exercido polo primeiro ministro[1].
O presidente é elixido por un colexio electoral composto por membros das dúas casas do Parlamento, a Lok Sabha ou Cámara dos Deputados, e a Rajya Sabha ou Senado, e tamén polos representantes das lexislaturas dos estados da India.
Esta é a lista dos presidentes da India despois de 1950 cando o país se tornou nunha república.
Notas e referencias
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: India |
