Álvaro Negredo
Álvaro Negredo | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Álvaro Negredo Sánchez | ||
Nacemento | 20 de agosto de 1985 (38 anos) | ||
Lugar de nacemento | Madrid | ||
Altura | 1,86 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Cádiz | ||
Número | 18 | ||
Carreira xuvenil | |||
2000–2001 | Escuela Fútbol A.F.E | ||
2001–2004 | Rayo Vallecano | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2004–2005 | Rayo Vallecano B | 15 | (14) |
2004–2005 | Rayo Vallecano | 12 | (1) |
2005–2007 | Real Madrid B | 65 | (22) |
2007–2009 | Almería | 70 | (32) |
2009–2013 | Sevilla | 182 | (85) |
2013–2015 | Manchester City | 32 | (9) |
2014–2015 | → Valencia (cedido) | 30 | (5) |
2015–2017 | Valencia | 25 | (5) |
2016–2017 | → Middlesbrough (cedido) | 36 | (9) |
2017–2018 | Beşiktaş | 35 | (9) |
2018–2020 | Al-Nasr | 36 | (25) |
2020– | Cádiz | 2 | (1) |
Selección nacional | |||
2006 | España sub-21 | 1 | (0) |
2009–2013 | España | 21 | (10) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 20 de setembro de 2020. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Álvaro Negredo Sánchez, nado en Madrid o 20 de agosto de 1985, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo é o Cádiz CF da Liga Santander . É apodado "El tiburón de Vallecas"[Cómpre referencia]. Xogou na selección de fútbol de España, coa que gañou a Eurocopa de 2012[1] e foi convocado para xogar os partidos de clasificación para o Mundial de 2010.
Carreira profesional[editar | editar a fonte]
Inicios[editar | editar a fonte]
Negredo comezou a xogar ao fútbol en Vallecas e axiña ingresou nas categorías inferiores do Rayo Vallecano. En 2004 foi ascendido o primeiro equipo e disputou a Segunda división B, categoría que disputaba o club vallecano naquel intre.
No verán de 2005 foi fichado polo Real Madrid C.F. para incorporalo a súa filial Real Madrid Castilla, da Segunda división. O seu debut coa camiseta do filial madridista foi na final do Trofeo Teide, que acabou con vitoria por 2-1. Na súa primeira tempada non disputou moistos partidos, debido a que Roberto Soldado era dianteiro centro titular, pero coas constantes convocatorias do valencián o primeiro equipo comenzouse a facer un oco no once titular.
Na tempada 2006-07 Álvaro Negredo foi fixo no once do Castilla e tivo un torneo destacado, pese a que o seu equipo descendeu a Segunda B, ao converterse nun dos goleadores da competición e o máximo artilleiro do Castilla con 18 tantos.O seu desempeño chamou a atención do italiano Fabio Capello, adestrador do primeiro equipo, que o convocou para algúns partidos da Copa do Rei.
U.D. Almería[editar | editar a fonte]
En xulio de 2007 é contratado polo UD Almería da Primeira división, gardándose o Madrid unha opción de recompra máxima de dous anos. O 26 de agosto de 2007 debuta na Primeira División na vitoria ante o Deportivo da Coruña por 3-0 marcando o primeiro gol da tempada para o conxunto vermellibrancos. O 2 de febreiro de 2008 fixo un dos dous goles cos que o seu equipo venceu o seu exequipo Real Madrid, o líder da competencia nese momento. O 19 de abril marcoulle en dúas ocasions o Sevilla F. C. na vitoria dos vermellibrancos 4-1 en su visita o Sánchez Pizjuán. Na súa primeira tempada cos andaluces marcou 13 goles, deixando os almerienses na oitava posición.
Xa na segunda tempada, en febreiro de 2008 marcoulle un par de goles o Valencia C.F. a pesar da derrota do seu equipo por 3-2 na súa visita o Mestalla. Para o 19 de abril volveu a marcar un dobrete fronte o Osasuna cando vencen o cadro vermello por 2-1. A segunda campaña concluíu como un dos máximos anotadores da liga con 19 tantos, aínda que o seu club tivo un retroceso ao acabar na posición décimo primeira.
Sevilla F.C.[editar | editar a fonte]
Ao finalizar a súa segunda tempada co Almería, o Real Madrid exerceu a opción de recompra que gardaba por un prezo estimado de 5 millóns de euros. O 20 de agosto do 2009 o Sevilla F. C. chegou a un acordo co Real Madrid e fichou ao futbolista cun contrato de 5 anos.[2] Os detalles da operación non foron dados a coñecer polos clubs, pero a prensa sinalou que foi próxima aos 15 millóns de euros,[3] a fichaxe máis cara da historia sevillista, cunha cláusula de 80 millóns de euros. Acabou a tempada 2009-2010 marcando 15 goles.[4]
Selección nacional[editar | editar a fonte]
O 6 de outubro de 2009 Negredo é convocado por Vicente del Bosque a Selección de fútbol de España para disputar os partidos de clasificación á Copa Mundial de Fútbol de 2010 en contra da Armenia e Bosnia e Herzegovina. No partido contra Armenia, Negredo fai o seu debut, o entrar de cambio no segundo tempo por Fernando Torres. Nese partido España imponse por 2-1. No seguinte partido contra Bosnia e Herzegovina, Negredo anota o seu primeiro dobrete coa selección. Nese partido España imponse por 2-5.
O 20 de maio de 2010, pese a ser preconvocado para o Mundial de Suráfrica 2010, o seleccionador español decide deixalo fóra da lista definitiva para o torneo.
Clubs e estadísticas[editar | editar a fonte]
Última actualización: 24 de novembro de 2010
Club | Tempada | A Liga | Copa | Champions League | Europa League | Total | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
xogados | Goles | xogados | Goles | xogados | Goles | xogados | Goles | xogados | Goles | ||
Rayo Vallecano | 2004/05 | 12 | 1 | - | - | - | - | - | - | 12 | 1 |
Real Madrid Castilla | 2005/06 | 25 | 4 | - | - | - | - | - | - | 25 | 4 |
2006/07 | 40 | 18 | - | - | - | - | - | - | 40 | 18 | |
UD Almería | 2007/08 | 36 | 13 | 2 | 0 | - | - | - | - | 38 | 13 |
2008/09 | 34 | 19 | 1 | 0 | - | - | - | - | 35 | 19 | |
Sevilla F.C. | 2009/10 | 34 | 11 | 6 | 2 | 7 | 1 | - | - | 47 | 14 |
2010/11 | 12 | 5 | 1 | 2 | - | - | 3 | 1 | 16 | 8 | |
Total en Primeira | 116 | 48 | 10 | 4 | 7 | 1 | 3 | 1 | 129 | 54 | |
Total na súa carreira | 193 | 69 | 10 | 4 | 7 | 1 | 3 | 1 | 213 | 77 |
Palmarés[editar | editar a fonte]
Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]
Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Copa do Rei | Sevilla FC | España | 2010 |
Distincións individuais[editar | editar a fonte]
Distinción | Ano |
---|---|
Trofeo Zarra | 2011 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Marca, ed. (1 de xullo de 2012). "España reescribe la historia".
- ↑ "O Sevilla FC e o Madrid alcanzan un acordo para a incorporación de Negredo a Nervión". SevillaFC.es. Arquivado dende o orixinal o 27-08-2009. Consultado o 21-8-2009.
- ↑ "Negredo xa é xogador do Sevilla". As.com. Consultado o 22-8-2009.
- ↑ "Negredo ten cláusula de crack: 80 millones". As.com. Consultado o 25-8-2009.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha no SevillaFC.es
- Ficha en As.com
- Club de fans oficial desde o 15 de marzo de 2008Arquivado 16 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- Nados en 1985
- Nados en Madrid
- Futbolistas da Comunidade de Madrid
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Rayo Vallecano B
- Xogadores do Rayo Vallecano
- Xogadores do Real Madrid Castilla
- Xogadores do Real Madrid CF
- Xogadores da UD Almería
- Xogadores do Sevilla FC
- Xogadores do Manchester City FC
- Xogadores do Valencia CF
- Xogadores do Middlesbrough FC
- Xogadores do Beşiktaş JK
- Xogadores do Cádiz CF
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Futbolistas gañadores da Eurocopa
- Gañadores do Trofeo Zarra