Santuario da Virxe de La Alcobilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santuario da Virxe de La Alcobilla
PaísEspaña
Coordenadas42°08′27″N 6°37′04″O / 42.140705184799, -6.6177711458614Coordenadas: 42°08′27″N 6°37′04″O / 42.140705184799, -6.6177711458614
editar datos en Wikidata ]

O Santuario da Virxe de La Alcobilla é unha ermida do século XVI situada no concello de San Justo, na comarca zamorana de Sanabria. Na zona consérvase numerosos exemplares de castiñeiros centenarios e mesmo milenarios[1].

Romaría[editar | editar a fonte]

Do 30 de agosto ao 7 de setembro (nove días antes do 8 de setembro) celébrase unha novena con misas polos irmáns confrades falecidos no ano. Nesta romaría participan veciños das vilas e aldeas da zona coma San Justo, Barrio de Rábano e Rábano de Sanabria e demais devotos de toda Seabra.

O día 8 de setembro, a virxe da Asunción de San Justo, a virxe Peregrina de Barrio de Rábano e a virxe do Rosario de Rábano de Sanabria soben en procesión precedidas polo pendón do súa respectiva vila ou aldea (estandartes) ata a ermida, e antes de entrar, os pendóns reverencian ás Virxes de cada lugar. O día 9, as Virxes volven ás súas respectivas parroquias e lugares non sen antes repetir a misa e as venias dos pendóns e despedirse ata o próximo ano.

O nome de "Alcobilla" crese[quen?] que é unha dexeneración da palabra de orixe asturleonesa "escubilla", que á súa vez deriva do nome dunha planta chamada en leonés e en castelán escoba (xesta en galego), dado que nos arredores da ermida hai moitas xestas (arbusto de flor branca ou amarela), baixo a cal, segundo a lenda, un pastor atopou a talla da Virxe. Posiblemente a ermida edificouse sobre un santuario xa anterior.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Los Castaños de Nuestra Señora de la Alcobilla", post no blog Desde Sanabria, agosto de 2009 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]