Isabel II de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sabela II de España»)
Isabel II de España
Nome completoMaría Isabel Luisa de Borbón
Nacemento10 de outubro de 1830
Lugar de nacementoMadrid
Falecemento9 de abril de 1904 e 10 de abril de 1904
Lugar de falecementoParís
SoterradaCripta Real do Mosteiro do Escorial
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupacióngobernante
PaiFernando VII
NaiMaría Cristina de Borbón-Dúas Sicilias
CónxuxeFrancisco de Asís de Borbón
FillosInfante Luis, Prince of Asturias, Fernando Francisco de Bourbon, Isabel de Borbón y Borbón, Maria Cristina de Bourbon (1854), Infanta Margarita of Spain, Infante Francisco de Asís, Prince of Asturias, Afonso XII de España, Maria da Conceição de Bourbon, Maria de Pilar, Infanta de Espanha, Maria da Paz, Infanta de Espanha, Eulália e Infante Francisco de Asís of Spain
IrmánsAgustín Muñoz, Duque de Tarancón, Luísa Fernanda de Bourbon, Maria Amparo Muñoz e Bourbon, Infanta María Luisa Isabel of Spain e Juan Muñoz y de Borbón, Conde de Recuerdo
PremiosCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Rosa de Ouro, Knight Grand Cross of the Order of Saints Maurice and Lazarus e Grã-Cruz da Ordem de Nossa Senhora da Conceição de Vila Viçosa
Na rede
WikiTree: Bourbon-124 Find a Grave: 8857569 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Isabel II[1] de España ou de Borbón, nada en Madrid o 10 de outubro de 1830 e finada en París o 9 de abril de 1904, foi raíña de España dende 1833 até 1868.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Isabel II de España era filla do rei Fernando VII e da súa cuarta dona, a súa sobriña María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias, Isabel chegou ao trono o 29 de setembro de 1833, despois da morte do seu pai, cando tiña tres anos de idade. O nacemento de Isabel e a chegada ao trono supuxeron o inicio dun longo conflito na familia, pois o seu tío, Carlos María Isidro de Borbón, até entón herdeiro da coroa, non aceptou que Isabel fose nomeada Princesa de Asturias e máis tarde Raíña.

Nos primeiros anos de reinado, cando Isabel era nena, a súa nai asumiu o trono até 1840. Neste período tivo lugar a Primeira Guerra Carlista (1833 - 1840). Dende 1840 até 1843 foi rexente o xeneral Espartero, que finalmente foi obrigado a deixar a rexencia.

Aos trece anos, Isabel foi declarada maior de idade, e cando cumpriu os 16 anos, o goberno concertou o seu matrimonio co seu primo infante Francisco de Asís de Borbón.

Segundo Benito Pérez Galdós, Isabel odiaba o seu marido, que segundo dicían era bisexual ou homosexual. A raíña dixo o seguinte na súa noite de vodas: "¿Que le diré de un hombre que llevaba en su camisón encajes como yo?". É moi posible que Isabel non tivese ningún fillo con Francisco, senón cos seus diversos amantes, entre eles Enrique Puig Moltó, quen moitos ven como pai de Afonso XII.

Isabel tivo outros fillos como Isabel de Borbón e Borbón, coñecida como "La Chata", e a infanta Eulalia, moi criticada polas súas accións subidas de ton.

Isabel, denominada A raíña dos tristes destinos marchou a Francia en 1868, tralo triunfo da revolución coñecida como A Gloriosa, e en Francia deixou o trono para dar paso ao seu fillo Afonso XII.

Isabel viviu até a súa morte en Francia, onde foi testemuña da Primeira República Española e do reinado e a morte do seu fillo Afonso. Foi soterrada no Mosteiro do Escorial xunto co seu marido en 1904.

Reinado[editar | editar a fonte]

Isabel II reinou durante un período de transición en España. Na etapa na que reinou, moitas colonias españolas de Latinoamérica conseguiron a independencia. Moitas veces os políticos manipulábana, xa que interfería na política da nación.

Isabel II nunha moeda de 1864. Gravador: Marchionni.

Modernizou notablemente o país coa construción de liñas de ferrocarril, a apertura de universidades pechadas polo seu pai etc.

A política exterior foi frutífera durante a Unión Liberal (1858 - 1863), coa anexión de territorios de Marrocos, o recoñecemento da posesión de Guinea Ecuatorial, a conquista de Saigón, o mantemento en Cuba, Filipinas, as Carolinas, as Marianas etc.

Notas[editar | editar a fonte]