Saltar ao contido

Mosteiro do Escorial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mosteiro do Escorial
San Lorenzo de El Escorial Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
    Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe satelital
Vista nocturna
Imaxe da planta
Imaxe
 Parte de
 Epónimo
 Conmemora
 Cargo dirixente
Características
 Estilo
 Dedicado a
 Relixión
 Situación patrimonial
Ben de Interese Cultural
Período: 3 de xuño de 1931 -
parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Período: 1984 - Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Mantido por
 Encargado por
 Fundador/a
 Propietario/a
 Ocupante
 Dedicado a
Datas
 Fundación / creación
1563 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Anchura
   152 m Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   192,5 m Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   94 ha Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Situado na entidade eclesiástica
 Localización
 Diocese
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Códigos e identificadores
OpenStreetMap1264135 Editar o valor en Wikidata
VIAF132051570 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000417657439 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01bc9m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX114690 Dialnet: 4377265
Wikidata G:Commons C:Commons

O mosteiro de San Lourenzo do Escorial[1] é un complexo de palacio, basílica, biblioteca e mosteiro situado en San Lorenzo de El Escorial, na Comunidade de Madrid, España, construído entre 1563 e 1584. É, desde 1984, Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Características

[editar | editar a fonte]

O palacio foi residencia da familia real española, a basílica é lugar de sepultura dos reis de España e o mosteiro, fundado por monxes xeromes, está ocupado actualmente por frades da Orde de Santo Agostiño. É unha das máis singulares arquitecturas renacentistas de España e de Europa. Situado en San Lorenzo de El Escorial, ocupa unha superficie de 33.327 m², sobre a ladeira meridional do monte Abantos, a 1028 m de altitude, na Serra de Guadarrama. Está xestionado por Patrimonio Nacional.

Coñecido tamén como Mosteiro de San Lourenzo O Real, ou, sinxelamente, O Escorial, foi ideado na segunda metade do século XVI polo rei Filipe II e o seu arquitecto Juan Bautista de Toledo, aínda que posteriormente interviñeron Juan de Herrera, Juan de Minjares, Giovanni Battista Castello e Francisco de Mora. O rei concibiu un gran complexo multifuncional, monacal e palaciano que, plasmado por Juan Bautista de Toledo segundo o paradigma da Traza Universal, deu orixe ao estilo herreriano.

Foi considerado, desde finais do século XVI, a Oitava Marabilla do Mundo, tanto polo seu tamaño e complexidade funcional como polo seu enorme valor simbólico. A súa arquitectura marcou o paso do plateresco renacentista ao clasicismo desornamentado. Obra inxente, de gran monumentalidade, é tamén un receptáculo das demais artes.

As súas pinturas, esculturas, pergameos, ornamentos litúrxicos e demais obxectos suntuarios, sacros e áulicos fan que O Escorial sexa tamén un museo. A súa complexa iconografía e iconoloxía mereceu as máis variadas interpretacións de historiadores, admiradores e críticos. O Escorial é a cristalización das ideas e da vontade do seu creador, o rei Filipe II, un príncipe renacentista.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para manierismo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.