Robert Capa
![]() | Neste artigo hai que completar diversas tarefas pendentes:
|
Robert Capa | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Endre Ernö Friedmann |
Alcume | Robert Capa |
Nacemento | 22 de outubro de 1913 |
Lugar de nacemento | Budapest |
Falecemento | 25 de maio de 1954 |
Lugar de falecemento | Thái Bình |
Causa | dispositivo explosivo |
Nacionalidade | Francia, Reino de Hungría e Estados Unidos de América |
Ocupación | Correspondentes de guerra, fotógrafos, fotógrafos de guerra, fotoxornalistas, xornalistas e escritores |
Pai | Dezsö Friedmann |
Nai | Júlia |
Coñecido por | Morte dun miliciano |
Premios | Cruz de Guerra de Operações no Exterior e Balázs Béla |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Robert Capa foi o pseudónimo de Endre Ernő Friedmann[1] (en húngaro: Friedmann Endre Ernő, nado en Budapest, Hungría o 22 de outubro de 1913 e finado en Thai Binh, Vietnam o 25 de maio de 1954), e de Gerda Taro (pseudónimo a súa vez de Gerta Pohorylle, nada en Stuttgart, Alemaña o 1 de agosto de 1910 e finada en O Escorial, España o 26 de xullo de 1937). Os dous foron parella sentimental e traballaron como correspondentes gráficos de guerra e fotoperiodistas durante o século XX.
En 1947, Endre Ernő Friedmann fundou en París, xunto con David "Chim" Seymour, Henri Cartier-Bresson, George Rodger e William Vandivert, a organización Magnum Photos, a primeira axencia de cooperación para fotógrafos independentes de todo o mundo.[2]
Principais reportaxes[editar | editar a fonte]
- 1932: Realiza a súa primeira reportaxe publicada para fotografar a Lev Trotski en Copenhaguen.
- 1936: Segue a chegada ao poder da Fronte Popular e as folgas que seguirán en París.
- 1936 - 1939: Réndese varias veces a España para seguir a guerra civil sobre as numerosas frontes.
- 1938 : Reportaxe na China durante a guerra contra o Xapón.
- 1939 : Segue a Volta a Francia (Tour de France).
- 1943 : Segue os aliados desde África do Norte ata Italia.
- 1944 : Desembarca coa primeira onda de soldados sobre a praia de Omaha Beach en Normandía.
- 1945 : Reportaxes da liberación de Alemaña.
- 1947 : Visita a Unión Soviética con John Steinbeck.
- 1948 : Segue a proclamación do Estado de Israel e a guerra que sucedeu.
- 1954 : Reportaxe no Xapón.
- 1954 : Reportaxes na Indochina onde salta nunha mina antipersoa.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Robert Capa - American photographer". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 24 de maio de 2017.
- ↑ "Robert Capa". International Center of Photography (en inglés).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robert Capa ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Fotos de Robert Capa no sitio web de Magnum Photos
- “O miliciano que cae” de Luca Pagni (en italiano)
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |