René Magritte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
René Magritte
Rene Magritte by Wolleh.jpg
Retrato de René Magritte por Lothar Wolleh
Nacemento21 de novembro de 1898
 Lessines
Falecemento15 de agosto de 1967
 Bruxelas-Capital
Nacionalidadebelga
Cónxuxe(s)Georgette Berger
EidoPintura
MovementoSurrealista
Magritte, Rene 1898-1967 Signature.jpg
editar datos en Wikidata ]

René François Ghislain Magritte, nado en Lessines o 21 de novembro de 1898 e finado en Bruxelas o 15 de agosto de 1967, foi un dos principais artistas surrealistas belgas, xunto con Paul Delvaux.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1916, ingresou na Académie Royale des Beaux-Arts, en Bruxelas, onde estudou durante dous anos. Foi durante ese período cando coñeceu a Georgette Berger, con quen casou en 1922.

René traballou nunha fábrica de papel de Parede, e foi deseñador de carteis e de publicidade ata 1926, cando un contrato coa Galerie la Centaure, na capital belga, fixo da pintura a súa principal actividade. Nese mesmo ano, Magritte produciu a súa primeira pintura surrealista, Le jockey perdu, tendo a súa primeira exposición ó ano seguinte.

En 1927 mudou a París, onde comezou a desenvolverse nas actividades do grupo surrealista, volvéndose grande amigo dos poetas André Breton e Paul Éluard e do pintor Marcel Duchamp.

Cando a Galerie la Centaure pechou o seu contrato rematou, retornando Magritte a Bruxelas. Alí permaneceu durante a ocupación alemá durante a Segunda Guerra Mundial.

O seu traballo foi exposto en 1936 na cidade de Nova York, Estados Unidos, en dúas exposicións retrospectivas, unha no Museo de Arte Moderna, en 1965, e outra no Metropolitan Museum of Art, en 1992.

Magritte morreu de cancro e foi soterrado no Cemiterio Schaarbeek, na cidade de Bruxelas.

Obra[editar | editar a fonte]

Magritte foi un pintor de imaxes insólitas, as cales deu tratamento rigorosamente realista, empregou procesos ilusionistas, sempre á procura do contraste entre o tratamento realista dos obxectos e a atmosfera irreal dos conxuntos.

As súas obras son metáforas que se presentan como representacións realistas, a través da xustaposición de obxectos comúns e símbolos recorrentes na súa obra, tales como o torso feminino, o chapeu coco, o castelo, a rocha e a xanela, entre outros, dun xeito imposíbel de ser atopado na vida real.

Obras principais[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Le Fils de l'Homme par René Magritte". www.rene-magritte.com (en francés). Consultado o 21 de maio de 2019. 
  2. "The use of the Words I.". Europeana Collections (en castelán). Consultado o 21 de maio de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]