David

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rei David»)
David
Rei de Israel
Estatua do Rei David por Nicolas Cordier na Capela Borghese da Basílica de Santa María a Maior de Roma.

Reinadoc. -1010 a -1002 (só Xudá)
c. -1002 a -970 (Israel)[1]
Nacementoc. -1040
Belén, Xudá, Israel
Falecementoc. -970 (con 69 ou 70 anos)
Xerusalén, Israel
SepulturaCidade de David
PredecesorSaúl
Ish-bosheth
SucesorSalomón
ConsorteMichal
Ahinoam
Abigail
Maachah
Haggith
Abital
Eglah
Batxeba
DescendenciaAmnón, Chileab, Abxalom, Adonías, Shephatiah, Ithream, Shammua, Shobab, Nathan, Salomón, Ibhar, Elishua, Nepheg, Japhia, Elishama, Eliada, Eliphalet, Tamar
Casa realCasa de David
ProxenitoresIxaí
Nitzevet (Talmud)

Na rede
Musicbrainz: 07c88bd9-8023-47d0-a82c-3cd6c59e16d4 Discogs: 3589427 Find a Grave: 8422 Editar o valor em Wikidata

David (en hebreo: דָּוִד Dāwîḏ; en árabe: داوُد Dāwūd; en siríaco: ܕܘܝܕ Dawid; en grego antigo: Δαυίδ; en latín: Davidus, David) foi, segundo os Libros de Samuel, o segundo rei do Reino de Israel (século X a.C.), e de acordo co Novo Testamento, devanceiro de Xesús. A súa vida é datada de forma convencional entre c. -1040 e o -970, e o seu reinado sobre Xudá c. -1010 e o –970.[1]

Os Libros de Samuel, 1 Reis e 1 Crónicas son as únicas fontes de información sobre David do Antigo Testamento, malia que a Estela de Tel Dan (datada do c. -850 ou -835) contén a frase בית דוד (bytdwd), que se le como "Casa de David", polo que moitos estudosos confirman que pode ter existido unha dinastía real xudía do século -IX chamada Casa de David.[2]

Descrito como un valoroso guerreiro de gran renome, está considerado ademais un poeta e músico que compuxo moitos dos salmos contidos no Libro de Salmos. O Rei David está amplamente considerado como un rei xusto e eficaz tanto no goberno como na batalla.

Segundo o cristianismo, David é unha salientada figura por pertencer o seu mesías Xesús de Nazaret á Casa de David. No islam, David é considerado un profeta.

Nome[editar | editar a fonte]

Artigo principal: David (nome).

David (דָּוִד, Dāwîḏ) ten o significado de "o amado" ou "o querido", e provén da raíz דּוֹד dôwd, que ten o significado etimolóxico de "ferver" pero que sobrevive na Biblia hebrea no senso figurado de "amar" e, especificamente un termo para un tío (irmán do pai).[3]

Na tradición cristiá, o nome foi adoptado do siríaco: ܕܘܝܕ como Dawid, en grego como Δαυίδ, e en latín como Davidus ou David. No Corán escríbese داوُد, transliterado Dāwūd.

David foi adoptado como un nome cristián dende moi cedo, como David de Gales (século VI), David Saharuni (século VII) ou David I de Iberia (século IX).

Unha variante en galego é Davide.

Narrativa bíblica[editar | editar a fonte]

Segundo a Biblia, foi unificador das doce tribos na etapa posterior ós xuíces. Unxido por Samuel por riba de Saúl, o primeiro e lexítimo rei. Conquistou a cidade de Xerusalén e instaurou alí a capital do reino. Tivo catro fillos: Amnón, Abxalom, Adonías e Salomón.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Carr, David M. & Conway, Colleen M., An Introduction to the Bible: Sacred Texts and Imperial Contexts, John Wiley & Sons (2010), p. 58
  2. Alter 2004, p. xii.
  3. Strong's Concordance H1732

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Xaúl
SALOMÓN
Rei de Israel

1010-970 a.E.C.
Sucesor:
Salomón

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.