Saltar ao contido

Pastor, pastora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pastor (oficio)»)
Pastor Editar o valor en Wikidata
Pastora Editar o valor en Wikidata
pastoreo e pastoreo Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Lugar de traballo
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

Un pastor,[1] do latín pastor, -ōris, ou pegureiro,[2] é a persoa que coida dun rabaño de animais, para que os saca a pacer e os devolve ao refuxio. Dadas as restricións á circulación de animais, a perda de habitantes no mundo rural e a progresiva mecanización e estabulación da granxa occidental, trátase dun oficio en decadencia. Porén, nas zonas con gran peso do sector primario ou nas poboacións nómades, segue a ser unha das principais profesións, xa sexa a tempo completo ou a tempo parcial (completado coa agricultura de pequena escala, por exemplo).

A nivel mundial, a superficie de pastoreo dos animais domésticos é 2,5 veces maior que a superficie utilizada para a agricultura. A principios do século XXI, había arredor de 1.600.000.000 grandes mamíferos domésticos (principalmente gando vacún) e 2.500.000.000 pequenos mamíferos (ovellas, cabras e porcos).[3]

O pastor pode ser axudado por animais guía, como o can pastor, para manter o rabaño unido. Debe ser unha persoa cun bo coñecemento do territorio, para poder aproveitar as zonas con mellores pastos en cada estación. Por iso está culturalmente asociado á terra, á liberdade e á vida sinxela (como todos os xéneros bucólicos, especialmente a égloga e pastorela).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]