David e Goliat (Caravaggio)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

David e Goliat
ArtistaCaravaggio
Data1600
TécnicaPintura ó óleo sobre lenzo
Dimensións110,4 cm × 91,3 cm
LocalizaciónMuseo do Prado (Madrid)

David e Goliat (en italiano: Davide e Golia) é un cadro de Caravaggio, realizado en óleo sobre lenzo, cunhas dimensións de 110,4 cm de alto e 91,3 cm de ancho. Está datada cara a 1600 e consérvase no Museo do Prado, onde se atopa dende a súa inauguración en 1819.

Pensouse que o cadro foi adquirido por un nobre con próxima relación a Caravaggio, cara a 1617, pero non está documentado nas coleccións reais españolas até 1781, na época de Carlos III.

A pintura amosa un panorama escuro, e ó mozo David vitorioso, que sostén a cabeza de Goliat. Pensouse que Caravaggio se autorretratou neste cadro, na figura de Goliat, pois tiña a sensación de que morrería nesa forma.

A autoría da obra foi discutida décadas atrás, pero actualmente considérase autógrafa de Caravaggio con seguridade. Unha das pistas que avalan a autoría é que, vista con raios X, a pintura desvela un esbozo moi diferente na cabeza de Goliat.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • CARRASAT, Patricia: Maestros de la pintura, Spes Editorial, S.L.2005. ISBN 84-8332-597-7
  • VALDOVINOS CRUZ, José Manuel, El Prado, colecciones de pintura, Madrid, Lunwerg Editores, 200. ISBN 84-7782-694-3.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]