Enrique Rajoy Leloup

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Enrique Rajoy Leloup, nado en Santiago de Compostela o 27 de marzo de 1882 e finado na mesma cidade o 23 de marzo de 1966, foi un xurista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sendo mozo foi oficial do concello de Conxo e posteriormente secretario accidental. Licenciado en Dereito pola USC en 1910, foi profesor de Dereito Civil na mesma Universidade. Foi decano do Colexio de Avogados compostelán. Elixido concelleiro concelleiro de Santiago de Compostela en 1931 formando parte da coalición monárquica, promoveu o desenvolvemento autonómico de Galicia durante a Segunda República. Foi secretario da Comisión Redactora do Estatuto de Galicia (1932) e do Comité Central de Autonomía de Galicia (1932-1936). Defendeu a autonomía como forma política porque permitía un control máis directo e efectivo do pobo. En 1937 foi sancionado e apartado da docencia na Universidade, ao igual ca 45 outros profesores. En 1952 permitíuselle regresar ao cargo de decano do Colexio de Avogados.

É avó de Mariano Rajoy.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Pluralidad objetiva del delito producida por el mismo sujeto, 1923.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]