Amando Guiance Pampín
Nome orixinal | (gl) Amando Faustino Guiance Pampín |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 13 de xuño de 1892 Pontevedra, España |
Morte | 1979 (86/87 anos) Pontevedra, España |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Partido Socialista Obrero Español 24 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Pontevedra | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Amando Faustino Guiance Pampín, nado en Pontevedra o 13 de xuño de 1892 e finado na mesma cidade en 1979, foi un político socialista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou como obreiro ebanista. Acusado de militancia comunista, foi detido o 14 de abril de 1924 con Ramiro Paz Carbajal, Francisco Otero Juncal e Valeriano Barros.[1] Na República afiliouse a Agrupación Socialista de Pontevedra o 23 de maio de 1931, da que foi elixido vicepresidente en xaneiro de 1932 e vicepresidente da Federación Provincial Socialista en novembro dese ano. Foi candidato do PSOE na provincia de Pontevedra nas eleccións xerais de 1933 pero non foi elixido. Membro do sector da esquerda do PSOE, foi membro do Comité Revolucionario de Pontevedra na revolución de outubro de 1934. Foi elixido deputado polo PSOE na provincia de Pontevedra nas eleccións xerais de 1936, dentro das listas da Fronte Popular.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi capturado polas tropas franquistas, xulgado en consello de guerra e condenado a morte o 13 de agosto de 1936, no mesmo proceso polo que foi condenado a morte Alexandre Bóveda. Foille conmutada a pena pola de trinta anos de cadea. Preso no campo de concentración da illa de San Simón, exerceu como practicante. Pasou despois á prisión de Alcalá de Henares e ao cárcere da Parda. Saíu en liberdade en maio de 1943. Estableceu un pequeno comercio de paquetería na rúa Echegaray.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Ángeles Dapena Mouriño en 1927.[2]