Karel Čapek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Karel Čapek
Karel-capek.jpg
AlcumeK. Č. e B. Č.
Nacemento9 de xaneiro de 1890
LugarMalé Svatoňovice (Bohemia)
Falecemento25 de decembro de 1938
LugarPraga (Checoslovaquia)
CausaPneumonía
SoterradoCemitério Vyšehrad
NacionalidadeChecoslovaquia
EtniaPobo checo
Alma máterUniversidade Carolina de Praga
Ocupacióntradutor, novelista, realizador, fotógrafo, dramaturgo, xornalista, escritor de ciencia ficción, escritor de literatura infantil e escritor
PaiAntonín Čapek
CónxuxeOlga Scheinpflugová
Xénerosnovela, ciencia ficción
Coñecido/a porZářivé hlubiny, sen etiquetar, Krakonošova zahrada, sen etiquetar, Boží muka, The Absolute at Large, Krakatit, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar, The Gardener's Year, sen etiquetar, sen etiquetar, Hordubal, Válka s Mloky, První parta, sen etiquetar, Život a dílo skladatele Foltýna, Lásky hra osudná, sen etiquetar, R.U.R., Pictures from the Insects' Life, The Makropulos Affair, Adam stvořitel, The White Disease, The Mother, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar e sen etiquetar
PremiosRecipient of the Order of Tomáš Garrigue Masaryk, 1st class e Order of Tomáš Garrigue Masaryk
PodpisKarlaČapka.jpg
editar datos en Wikidata ]

Karel Čapek [ˈkarɛl ˈʧapɛk], nado en Malé Svatoňovice (Bohemia, Imperio Austrohúngaro) o 9 de xaneiro de 1890 e finado en Praga o 25 de decembro de 1938, foi un escritor en lingua checa. É coñecido por ser o creador do concepto de robot, que apareceu por vez primeira na súa obra de teatro R.U.R (1920). Como homenaxe, moitos lectores adoitan deixar robots en miniatura na súa tumba no cemiterio de Praga.

Obra[editar | editar a fonte]

Tumba de Čapek no cemiterio de Praga, co tradicional robot de xoguete.
Casa dos irmáns Čapek en Praga.

Un dos seus primeiros relatos fantásticos é Továrna na Absolutno ("A fábrica do Absoluto", 1922). Nun Universo concibido segundo as teorías panteístas de Baruch Spinoza e as da relatividade de Albert Einstein, o invento dun enxeñeiro trastorna a conduta humana e a social cando, desintegrando a materia para producir enerxía, libera tamén o místico "Divino Absoluto".

Unha obra que se adoita encadrar no xénero da ciencia ficción polo seu carácter distópico é Válka s Mloky ("A guerra das píntegas", 1936), novela de fina ironía que se considera unha sátira sobre o nazismo e o capitalismo. Na costa de Sumatra descóbrese unha nova especie de criatura, unha píntega xigante do xénero Andrias, capaz de aprender dos humanos malia non ter en principio unha intelixencia similar. O sistema capitalista mundial aprovéitase das criaturas para realizar todo tipo de labores ingratas ao ser humano, e todos os países comezan a adquirilas en gran número. Mais case ninguén é consciente de que a extensión das píntegas polo planeta Terra é unha ameaza. Critícase sucintamente no libro o Nacionalsocialismo emerxente e un sistema económico e unha orde mundial incapaces (e non interesados) en pararlle os pés. Amais do fondo político e filosófico, a novela de Čapek inclúe chiscadelas ao mundo periodístico (Čapek colaborou con diversas publicacións, como Lidové noviny).

Obra selecta[editar | editar a fonte]

  • R.U.R. (teatro, 1921). O tema fundamental aparece xa perfilado no relato "Systém" ("O sistema") en 1919.
  • Ze života hmyzu ("Da vida dos insectos"; teatro, 1921. Escrita co seu irmán Josef)
  • Továrna na Absolutno ("A fábrica do Absoluto"; 1922).
  • Věc Makropulos ("O asunto Makropulos"; 1922). Inspirou unha ópera de Leoš Janáček
  • Krakatit ("A krakatika; 1923)
  • Adam stvořitel ("Adán o creador; 1927)
  • O ano do xardineiro (Zahradníkův rok, 1929; traducida ao galego por Fernando de Castro García e publicada por Rinoceronte editora en 2009[1])
  • Výlet do Španěl ("Viaxe a España"; 1930)
  • Válka s Mloky ("A guerra das píntegas"; 1936)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha de O ano do xardineiro en LG3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]