Saltar ao contido

Edgar Rice Burroughs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEdgar Rice Burroughs

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de setembro de 1875 Editar o valor en Wikidata
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte19 de marzo de 1950 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Encino, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaTarzana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónMichigan Military Academy (en) Traducir (–1895)
Phillips Academy Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónnovelista, prosista, escritor de literatura infantil, escritor de ciencia ficción, guionista, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1912 Editar o valor en Wikidata - 1950 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoCiencia ficción, Fantasía, romance de aventura (pt) Traducir, romance planetário (pt) Traducir, Espada e planeta (pt) Traducir e wéstern Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeFlorence Gilbert (1935–1941), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosJohn Coleman Burroughs Editar o valor en Wikidata
PaisGeorge Tyler Burroughs Editar o valor en Wikidata  e Mary Evaline Zieger Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Берроуз Эдгар Райс)
Obálky knih,
Iedereen Leest (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sitio webedgarriceburroughs.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0123194 Allocine: 179105 Allmovie: p158906 TV.com: people/edgar-rice-burroughs IBDB: 78746
BNE: XX1163036 Musicbrainz: e830c60f-5406-43ca-9e22-7b3bce6399af Discogs: 2123807 WikiTree: Burroughs-446 Find a Grave: 152 Editar o valor en Wikidata

Edgar Rice Burroughs, nado en Chicago o 1 de setembro de 1875 e finado en Encino, California, o 19 de marzo de 1950, foi un escritor estadounidense de xénero fantástico coñecido polas súas series de historias de Barsoom (ambientadas en Marte), de Pellucidar (que teñen lugar no centro da Terra) e, en especial, pola creación do mundialmente famoso personaxe de Tarzán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Asistiu á Harvard School de Chicago onde entrou en contacto co mundo clásico de Grecia e Roma. Tralo seu paso pola escola foise a vivir ao rancho gandeiro do seu irmán onde traballou dous anos de vaqueiro. Despois ingresou na Philips Academy de onde o expulsarían por preguiceiro. Tras un período de adestramento na Academia Militar de Míchigan, entrou a formar parte do Sétimo de Cabalaría dos EUA e chegou a loitar contra os apaches en Arizona pero pronto o licenciaron ao descubrir a súa minoría de idade, o que o levou a volver a Chicago e dedicarse a unha serie de traballos diversos non moi ben pagados tanto alí como en Idaho.

En 1912, aos 36 anos de idade e baixo o seudónimo de Normal Bean que apareceu impreso como Norman Bean, publicou o seu primeiro relato, Baixo as lúas de Marte na revista All-Story Weekly, obra que lle reportou 400 dólares. En outubro dese mesmo ano, esta vez co seu nome real, publicou Tarzán dos monos que en 1914 aparecería en formato de libro.

Durante a segunda guerra mundial fíxose correspondente de guerra para Los Angeles Times e cubriu, con 66 anos de idade, o conflito no área do Pacífico sur.