Saltar ao contido

Ramón Margalef

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Margalef

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de maio de 1919 Editar o valor en Wikidata
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de maio de 2004 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEcoloxía, limnoloxía, planktology (en) Traducir, biological oceanography (en) Traducir e bioloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónaquatic biologist (en) Traducir, oceanógrafo, escritor, biólogo, profesor universitario, limnologista (pt) Traducir, ecoloxista, botánico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstitute of Marine Sciences (en) Traducir
Universidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoMarta Estrada Miyares (pt) Traducir, Dolors Planas (en) Traducir, Joandomènec Ros, Cèlia Marrasé Peña (en) Traducir, Emilia Gutiérrez (en) Traducir, Francisco A. Comín (en) Traducir, Enric Ballesteros (en) Traducir, Miguel Alonso (pt) Traducir, Josep Peñuelas (en) Traducir, Javier Romero Martinengo (en) Traducir, Jordi Catalan (en) Traducir, Sergi Sabater (en) Traducir, Anna Avila (en) Traducir, Antoni Palau (en) Traducir e Agustin Lobo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Abreviación dun autor en botánicaMargalef Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1720875 Dialnet: 521501 Discogs: 1761457 Editar o valor en Wikidata

Ramon Margalef i López, nado en Barcelona o 16 de maio de 1919 e finado na mesma cidade o 23 de maio de 2004, foi un biólogo catalán, profesor emérito da Universidade de Barcelona, que destaca polos seus traballos nos campos da limnoloxía, a oceanografía e a ecoloxía[1]. Margalef foi un dos científicos españois máis destacados en toda a historia[2][3][4]. Traballou no Instituto de Bioloxía Aplicada (19461951) e no Instituto de Investigacións Pesqueiras (1952-1975), que dirixiu dende o ano 1965 ata o 1967. En 1967 converteuse no primeiro profesor de ecoloxía de todo o estado, na Universidade de Barcelona, e creou o primeiro departamento desta liña científica. Ata o ano 1993 foi profesor emérito desta universidade, cando se retirou. Mais Margalef seguiu producindo obra científica ata a súa morte.

Os seus máis importantes traballos foron a aplicación da teoría da información na ecoloxía e a creación de modelos matemáticos para o estudo de poboacións. Entre as súas obras bibliográficas destacan: «Comunidades naturais» (1962), «Perspectivas na teoría ecolóxica», «Ecoloxía» (1974), «A biosfera» (1980), «Limnoloxía» (1983) e «A teoría dos sistemas ecolóxicos» (1991). A súa obra «Sobre dalgúns principios da teoría ecolóxica» (1963) é considerada unha das dez principais publicacións da bioloxía do século XX[5].

Chegou a ser membro de numerosas sociedades e recibiu multitude de premios científicos, como foron a primeira edición dos Premios A.G Huntsman para a Excelencia nas Ciencias Mariñas, a Medalla de Naumann-Thienemann outorgada pola Sociedade Limnolóxica Internacional, os Premios Ramón y Cajal do estado español e da medalla de ouro pola Generalitat de Cataluña. Formou parte da Secció de Ciéncies Biològiques do Instituto de Ciencias da Educación, da Reial Acadèmia de Ciències i Arts de Barcelona, da Real Academia Galega de Ciencias, da Real Academia Sevillana de Ciencias e da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de Madrid. Así mesmo, outorgóuselle o rango de doutor honoris causa nas Universidade Laval (Canadá) , Universidade de Aix-Marsella (Francia), Universidade de Luján (Arxentina) e a Universidade de Alacant [6].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu o 16 de maio do 1919 na cidade de Barcelona. De cativo á Margalef gustáballe de visitar os parques naturais da cidade e axudarlle ao seu pai na xardinería e de pasar horas observando insectos e disecándoos. Na escola dicíase que era un estudante distraído e que nas clases pensaba nas coleccións que faría nos xardíns aquel día; pero el, a conto diso, mesmo escribiu sobre "do tempo perdido na escola e outras trapalladas"[5]. Con todo aprendeu a escribir correctamente en castelá e mesmo en catalán, intuíndoo por lecturas de revistas como a de El Patufet. A naquela hora preocupación de seu pai por Ramon, o cal desexaba que acabara como banqueiro, fixo que o levara a unha escola de estudos mercantís. Mais Margalef dicía de non aprender moito con eses estudos. El seguiu o seu interese pola historia natural e a bioloxía, moi especialmente a dos sistemas mariños, e comezou a describir e debuxar especies[7]. O seu pai, con iso, fixo que o instruíse un profesor propio, Alexandre Jacki, para que estudase francés, alemán e matemáticas. Aprender esas linguas deulle pé a Margalef a entusiasmarse aínda máis nos seus intereses pois, grazas a iso, puido ler traballos de naturalistas alemáns e franceses que tiñan feito investigacións de fauna e flora catalás.

A guerra civil estourou sendo el un adolescente de 17 anos pero non quixo involucrarse na guerra e creou unha Societat Catalana d’Estudis Biològics[8]ficticia, na que prepararía revistas de publicacións que nunca se chegaron a publicar. Tivo que interromper no 1938, con 19 anos, os seus estudos para ser recrutado para a milicia do Exército Popular da República. Alí encargaríase primeiro da escritura de partes de guerra e logo entraría na gran fronte de Batalla do Ebro. Enfermidades de Margalef fixeron que saíra da guerra antes de acabada e que volvese a Barcelona. Mais os anos de rigor na milicia ampliaríanse por ser chamado polo novo exército da ditadura. Estivo destinado a Segovia e Valladolid. Pola chegada ao sesenta anos de seu pai cesaría provisionalmente en 1942 no exército. Os problemas de cartos levaron a que se puxera a traballar nunha compañía de aseguradoras mentres, e de xeito autodidáctico e complementándoo con lecturas de moitos campos, continuou cos seus estudos de historia natural. Nese momento inicia a investigación dos ecosistemas acuáticos de auga doce como estudante do Instituto Botánico de Barcelona[9]. Volveu a poñerse en contacto con científicos e sociedades científicas e a realizar as súas saídas de campo. Construíu o seu propio microscopio con pezas de borralla para comezar a visualizar microorganismos acuáticos. Destacados científicos incentivaron a Margalef para que obtivera un título universitario, mais iso tería que esperar xa que foi chamado o mesmo 1942 para un posto en Mallorca na artillaría do exército da ditadura franquista. E aínda así alí buscaría tempo para o estudo do plancto mariño, e que acabaría en publicacións. En Mallorca iniciou o seu interese polo fitoplancto mariño ao coñecer a Miguel Massutí, o naquela hora director do Instituto Español de Oceanografía[9]. No 1943, trala morte de súa nai e sen poder ir á súa vela, volveu do exército. Nese ano fixo as súas primeiras tres publicacións científicas oficiais, onde aparecería o termo "ecoloxía".

Xa que lle faltaba o bacharelato, e véndose apoiado polos seus mentores universitarios, fixo que o retomase e o obtivera. No 1944 os seus mentores axudáronlle a obter unha bolsa de estudos no Instituto de Bioloxía Aplicada en Barcelona co doutor Francisco García del Cid. Mentres Margalef estudaba, o seu doutor García del Cid foi nomeado polo CSIC para formar un instituto de investigacións pesqueiras; o cal sería parte importante do Instituto de Bioloxía Aplicada[10].

Margalef continuou os estudos universitarios, e malia non acudir a clases os dous cursos finais, obtivo a súa licenciatura no ano 1949, mesmo con matrículas de honra. Durante os seus estudos coñecería á súa noiva, á bióloga Maria Mir. Ela, rematados os estudos, volveu para a súa terra, Mallorca, e a alí iría el a visitala frecuentemente.

Margalef iniciou a súa tese de doutorando sobre de A temperatura e morfoloxía dos seres vivos traballando con algas verdes. O seu doutor oficial foi Dr. Florencio Bustinza da Universidade de Madrid, e a daquela única universidade no estado que podía emitir certificacións de grado de doutor. O seu doutor foille de pouca utilidade co que o seu doutoramento o realizou só, con axudas esporádicas de profesores de Barcelona. No 1951 defendeu a súa tese, que versaba sobre a que foi sempre a súa liña de interese[5][11].

En 1952 García del Cid ofreceulle a Margalef unha praza no acabado de fundar Instituto de Investigacións Pesqueiras (IIP) de Barcelona[10]. No 4 de xullo dese ano casou con María Mir e un ano despois tiveron a súa primeira filla, Neus. En pouco tempo terían os seus outros tres fillos: Núria, Ramon e Bartomeu.

Con Margalef, o Instituto de Investigacións Pesqueiras convértese nunha institución oceanográfica completa, que baixo a tutela de García del Cid, funda os laboratorios de Cádiz, Castelló e Vigo[12][13]. Especialmente en Castelló e Vigo[14], Margalef pasou moito tempo, meses, durante varios anos, neles realizando monitorizacións de plancto costeiro e series temporais. Alí adicoulle horas á formación de novos investigadores. Existía unha escaseza de recursos para o instituto mais Margalef fixo que houbera a nova entrada do Instituto de Investigacións Pesqueiras nunha época grazas ás súas novas liñas de investigacións. Por contactos de García del Cid, Margalef coñeceu a Sidney Galler, un talento da Oficina Americana de Investigacións Navais. Grazas a iso Margalef dispuxo do Servizo de Transportes do Soporte da Milicia dos Estados Unidos para calquera viaxe que quixese. Visitou para intereses do laboratorio e congresos internacionais Italia, Suíza, Bélxica, Canadá e o Reino Unido, Venezuela, Porto Rico, Francia, Alemaña e Estados Unidos, entre outros lugares. Mesmo naquela hora á Margalef se lle ofreceron construcións para as súas liñas de investigacións. Algúns comentan que tiña "un cheque en branco" para calquera dispositivo ou recurso que quixera. Mesmo á Margalef se lle ofreceu a oportunidade de mudarse aos Estados Unidos. O seu interese por deixar atrás a pos-guerra e a súa conciencia da "afundida sociedade" con respecto á ciencia fixo que lle interesase, pero que finalmente a desbotara pola preferencia da súa muller de vivir achegada á súa terra de orixe, Mallorca[5][11].

Imaxe conmemorativa de actos tralos dez anos da Morte de Ramón Margalef celebrados na Universidade de Barcelona[15].

Margalef, grazas aos contactos internacionais, pasou a participar en numerosas en expedicións navais no Mediterráneo occidental e a costa oeste Africana, grazas ao apoio económico da FAO, UNESCO e da OTAN.

Margalef estivo no Instituto de Investigacións Pesqueiras, do CSIC, entre o 1951 e o 1975. Trala morte no 1965 de García del Cid, Marfalef foi proposto como novo director do IIP, cargo que aceptaría e ocupou dende o 1966 ata o 1967. Ese cargo abandonouno coa intención de seguir completamente en liñas de investigación[5].

Tras ese cesamento no 1967 converteuse no primeiro catedrático de Ecoloxía de España na Universidade de Barcelona, onde creou o departamento de ecoloxía. Nese novo departamento formou e doutorou a un destacado número de ecólogos, limnólogos e oceanógrafos. No 1986 retirouse de profesor e no 1987 foi nomeado pola Universidade de Barcelona como profesor emérito, un posto que ocuparía ata o ano 1992[5]. Porén, continuou en ciencia con colaboracións e publicacións ata o último momento.

Ramon Margalef morreu en Barcelona un 23 de maio do 2004. Tan só unha semana despois, a súa muller María Mir.

Traballo de investigación

[editar | editar a fonte]

Margalef deduciu que a evolución natural dos lagos cando se detén a entrada de materia orgánica é a de pasar de ser un sistema acuático eutrófico a un sistemas oligotrófico[16]. A dinámica de polución dos ríos explicouna como un equivalente a unha sucesión espacial[17].

Margalef considerou a sucesión anual do fitoplancto como unha microsucesión. Propuxo que as diferentes combinacións de concentración e niveis de turbulencia seleccionaban o fitoplancto en función das súas características especie-específicas e estratexias de supervivencia. Baseándose nese concepto, dunha competición polos recursos, propuxo que, grazas a alta capacidade de asimilación de nutrientes das diatomeas, ante aumentos da turbulencia oceánica (como cando se producen pulsos de entrada de nutrientes) as diatomeas veríanse favorecidas e aumentarían o seu éxito ecolóxico cando, pola contra, se diminuiríase o éxito de crecemento daquel plancto con taxas de crecemento baixas. Con isto, os tipos na comunidade de fitoplancto serían unha adaptación das especies ao dobre gradiente de concentración de nutrientes e da enerxía cinética da turbulencia. A turbulencia é, polo tanto, o fenómeno que marca o reinicio da sucesión[18]. Esa idea é o denominado Modelo de Margalef. O mandala implica que os altos niveis de turbulencia e as achegas masivas ou intermitentes de nutrientes favorecen ás poboacións de fitoplancto de gran tamaño, fundamentalmente as diatomeas por teren taxas de asimilación de nutrientes máximas e unha alta capacidade de acumulación en vacúolo. Pola contra, as especies motiles e esas con menos afinidade polos nutrientes, coma os dinoflaxelados e os cocolitofóridos, dominan as comunidades fitoplanctónicas en augas pobres en nutrientes e sistemas estratificados, onde os nutrientes entran no sistema a taxas constantes[18].

As sucesións ecolóxicas nos medios acuáticos explicounas como variacións na transferencia de enerxía dende estadios menos maduros e con posibles perdas, a estadios máis maduros e eficientes no almacenamento da enerxía. Ese fluxo de enerxía sería unha transferencia das comunidades menos maduras da superficie fótica ata as comunidade bentónicas, máis maduras. Margalef consideraba a sucesión como un proceso de auto-organización que supón unha diminución gradual da entropía, en paralelo á mingua da influencia do ambiente e ao aumento progresivo das interaccións biolóxicas[19].

Margalef centrouse na teoría da información e propuxo que a cantidade de información, viva e inanimada, incrementa durante a sucesión ecolóxica. Con «información» refírese á enerxía, biomasa ou a estrutura que é transferida dende estadios iniciais da sucesión á estadios posteriores por medio dun proceso que denominou explotación. As fases tardías son máis resistentes á perturbación grazas ao fluxo ou transferencia de enerxía.[20] Facendo uso da teoría da información abordou unha das súas preguntas teóricas clásicas na liña de definición da biosfera: o porqué esta é descontinua, fragmentada, en múltiples organismos[11].

Margalef relacionou os cambios evolutivos coa sucesión propoñendo que a evolución implica unha redución no cociente entre a produción e a biomasa, o incremento da eficiencia dos ciclos de nutrientes e o aumento da especialización dun individuo no seu ambiente.[20]

Estudos na Ría de Vigo

[editar | editar a fonte]

Margalef publicou unha ampla cantidade de estudos da Ría de Vigo (doce publicacións na década do 1950). Neles describe a composición e variacións nas poboacións de fitoplancto e rotíferos, a dinámica de poboación e sucesións, a pesquería e a sedimentación, e ata á limnoloxía e paleontoloxía da ría[21][22][23][24][25][26][27][28][29][30][31][32][33][34].

Os estudos máis relevantes describen a composición taxonómica do fitoplancto da ría, o seu ciclo anual e a súa proposta da hipótese da relación entre a turbulencia e a composición taxonómica destas comunidades [35][36]. O estudo de Margalef «El fitoplancton de la ría de Vigo» (1955) describe por primeira vez o proceso do fenómeno de sucesión nas comunidades fitoplancto en relación con factores ambientais, asentándose nas observacións feitas nas rías galegas [37]. Defíneo como un proceso de tres etapas que abrangue arredor de tres meses, no cal durante a primeira etapa xorden as diatomeas de pequeno tamaño, logo as diatomeas máis grandes e algúns dinoflaxelados e finalmente péchase o ciclo co predominio de dinoflaxelados, dominantes no verán[38].

No verán do ano 1953 a visita de Margalef á ría, para estudos nesta, coincidiu cunha marea vermella. Grazas a iso, estudou o ata daquela coñecido vulgarmente como a purga do mar e publicou os resultados nun artigo do 1956 [39][40]. Incide, iso si, sobre do nome do fenómeno ao mencionar que «...preferimos a denominación hematotalasia introducida por SOBRINO (1918), o primero autor español que escribiu sensatamente acerca diso».

Todos as mostraxes dos traballos de Margalef na Ría de Vigo realizounas a bordo da pequena embarcación chamada Lampadena, que naqueles momentos acabara de chegar ao laboratorio de Vigo do Instituto de Investigacións Pesqueiras, e o que é o actual Instituto de Investigacións Mariñas - CSIC[38].

Margalef deu relatorios sobre dos mecanismos das mareas vermellas na ría de Vigo nos Ánxeles e no laboratorio de xeocronoloxía de Yale sobre da sedimentación en Vigo.

Margalef deixou un enorme legado de literatura científica que se compón de máis de 400 artigos publicados e 20 libros científicos[5].

As súas principais obras son:

  • Margalef R. 1960. Ideas for a synthetic approach to the ecology of running waters. Int. Rev. ges. Hydrobiol. , 45: 133 - 153.
  • Margalef R. 1962. Comunidades naturales. Instituto de Bioloxía Mariña da Universidade de Porto Rico. Mayagüez.
  • Margalef R. 1963. On certain unifying pinciples in ecology. American Naturalist, 97: 357 - 374.
  • Margalef R. 1968. Perspectives in ecological theory. University of Chicago Press. Chicago, Ill. 111 p.
  • Margalef R. 1974. Ecología. Ed. Omega. Barcelona.
  • Margalef R., Planas M.D., Armengol J., Vidal A., Prat N., Guisset A., Toja J., Estrada M. 1976. Limnologia de los embalses españoles. Ministerio de Obras Públicas. Madrid.
  • Margalef R. 1978. Life-forms of phytoplankton as survival alternatives in an unstable environment. Oceanologica Acla , 1(4):493-509
  • Margalef R. 1980. La Biosfera, entre la termodinámica y el juego. Ed. Omega, Barcelona.
  • Margalef R. 1983. Limnología. Ed.Omega, Barcelona.
  • Margalef R. 1986. L'ecologia. Ed.Omega. Barcelona.
  • Margalef R. 1992. Planeta azul, planeta verde. Planeta azul: Planeta verde . Biblioteca Scientific American, Prensa Científica, S.A.. Barcelona.
  • Margalef R. 1994. The place of epicontionental waters in global ecology. Limnology Now, a paradigm of planetary problem . R. Margalef Ed. Elsevier, Ámsterdam, páx 1-8.
  • Margalef R. 1996. Una ecologia renovada a la medida de nuestros problemas. Fundación César Manrique, Lanzarote.
  • Margalef R. 1997. Our Biosphere. Ecology Institute, D-21385 Oldendorf/Luhe, Alemaña.

A Margalef concedéronselle na súa honra multitude de premios pola súa investigación científica e involucración en educación. Outorgóuselle a:

  • Medalla Príncipe Alberte I, do Instituto Oceanográfico de París (1972)
  • A. G. Huntsman Award, do Institut océanographique de Bedford (Canadá, 1980)
  • Medalla de Narcís Monturiol do Goberno da Comunidade Autónoma de Cataluña para Ciencia de Tecnoloxía (1983)
  • Premio Santiago Ramón y Cajal, do Ministerio de España de Educación e Ciencia (1984)
  • Medalla Naumann-Thienemann, da Asociación Internacional de Limnoloxía Aplicada (Societas Internationalis Limnologiae, SIL) (1989)
  • Premio Italgas para Ciencias Ambientais (Italia, 1989)
  • Premio de Investigación da Fundación Catalá de la recherch (1990)
  • Orde Civil de Afonso X o Sabio (España, 1990)
  • Premio Humboldt de la Fondation Alexander von Humboldt (Alemaña, 1990)
  • Premio Internacional de San Francesco d’Assisi para o Medio Ambiente (Italia, 1993)
  • Premio do Instituto Internacional de Ecoloxía, do Instituto de Ecoloxía (Alemaña, 1997)
  • Premio da Cruz de Sant Jordi do Goberno da Comunidade Autónoma de Cataluña (1997)
  • Enxeñeiro forestal honorífico da Universidade Politécnica de Madrid (1998)
  • Premio Rainiero III de Monaco (1998)
  • Premio polos méritos conseguidos en vida pola ASLO (2000)
  • Premio da medalla de ouro do Consello Superior de Investigacións Científicas de España (CSIC) (2002)
  • Premio da medalla de ouro do Goberno da Comunidade Autónoma de Cataluña (2003)
  • Premio Nacional para as Ciencias Ambientais do Goberno da Comunidade Autónoma de Cataluña (2004, póstumo).
  1. "Ramon Margalet. Generalitat de Catalunya". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 29 de novembro de 2013. 
  2. Ros, J.D. (2004) In memory of Ramon Margalef (1919-2004). International Microbiology 7: 229-232
  3. "Armengol, J. (2005) Ramon Margalef (1919-2004): teacher and researcher. Limnetica 25: i-ii" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xullo de 2011. Consultado o 29 de novembro de 2013. 
  4. Herrera, C. M. (2005) Resolution of respect. Ramón Margalef (1919-2004). Bulletin of the Ecological Society of America 86: 8-11
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Ros i Aragonès. Ramón Margalef: biografy and bibliography. Contributions to science. 3 (2): 297–317 (2006) Institut d’Estudis Catalans, Barcelona DOI: 10.2436/20.7010.01.10
  6. "L’ecòleg Ramon Margalef: un gran llegat científic deu anys després de la seva mort". Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2014. Consultado o 24 de setembro de 2014. 
  7. Francesc Peters. Ramon Margalef, The Curiosity driven life of a self-taugh naturalist. Institut de Ciències del Mar, CMIMA (CSIC), Barcelona, Catalunya, Spain
  8. Margalef Mir, Ramon (2020). "El jove Margalef i l'estany de Banyoles". Ramon Margalef López (1919-2004). El científic impulsor de l'ecologia a l'estany de Banyoles. Gich, F.; Sarquella, S. (ed). Banyoles: CECB, Quaderns; 39: 17-75. 
  9. 9,0 9,1 Ramón Margalef López: A contribución ao coñecemento da flora e fauna acuática de Galicia dun ecólogo excepcional
  10. 10,0 10,1 "Hitoria do Institut de Ciències del Mar". Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2013. Consultado o 14 de decembro de 2013. 
  11. 11,0 11,1 11,2 "Xavier Mayor. Not only an ecologist of global importance, but also a man of knowledge. Universal Catalans" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de decembro de 2013. Consultado o 29 de novembro de 2013. 
  12. "Historia do Instituto de Ciencias Mariñas de Andalucía (ICMAN)". Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2013. Consultado o 14 de decembro de 2013. 
  13. [ http://iim.csic.es/es/historia Arquivado 12 de xuño de 2013 en Wayback Machine. Historia do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo]
  14. "Historia do Instituto de Ciencias Mariñas de Vigo.". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2013. Consultado o 14 de decembro de 2013. 
  15. 10 anys recordant el mestre
  16. Joan Armengo. Ramon Margalef (1919-2004): teacher and researcher. Dept. Ecology. Univ. Barcelona
  17. R. Margalef. Ideas for a synthetic approach to the ecology of running waters. Int. Rev. ges. Hydrobiol. , 45: 133 - 153.
  18. 18,0 18,1 R. Margalef. Life-forms of phytoplankton as survival alternatives in an unstable environment. Oceanologica Acta (0399-1784) (Gauthier-Villars), 1978 , Vol. 1 , N. 4 , P. 493-509
  19. Margalef R. 1968. Perspectives in ecological theory. University of Chicago Press. 111 pp
  20. 20,0 20,1 Walker, L. R. (2005). "Margalef y la sucesión ecológica". Ecosistemas: Revista científica y técnica de ecología y medio ambiente 14 (1): 10. ISSN 1697-2473. 
  21. M. Durán, R. Margalef. Microplancton de Vigo, de octubre de 1951 a septiembre de 1952. P. Inst. Biol. Apl., 13: 5-78. 1953.
  22. R. Margalef. Estudio sumario del fitoplancton de la Ría de Vigo (1948-1950). Bol. Inst. Esp. Oceanogr., 47: 1-15. 1953.
  23. M. Durán, R. Margalef. Métodos de trabajo en el mar, práctica del laboratorio de Vigo. Reunión sobre productividad y pesquerías, I, 32. 1954.
  24. R. Margalef. M. Durán e F. Saiz. El fitoplancton de la Ría de Vigo, de enero de 1953 a marzo de 1954. Inv Pes. Tomo II. páx 85-129. 1955.
  25. R. Margalef. Métodos de trabajo en el mar, laboratorio de Vigo. 15 pp. 1955.
  26. M. Durán, F. Saiz, M. López-Benito, R. Margalef. El fitoplancton de la ría de Vigo, de abril de 1954 a junio de 1955. Inv. Pes. Tomo IV. páx 67-95. 1956.
  27. R. Margalef. Rotíferos marinos del plancton de la Ría de Vigo. Inv. Pesq., 4: 133-1. 1956.
  28. R. Margalef. Paleoecología postglacial de la Ría de Vigo. Inv. Pesq., 5: 89-112. 1956.
  29. R. Margalef. Estructura y dinámica de la "purga de mar" en la Ría de Vigo. Inv. Pesq., 5: 113-134. 1956.
  30. R. Margalef, B. Andreu. Componente vertical de los movimientos del agua en la Ria de Vigo y su posible relación con la entrada de la sardina. Inv. Pesq. , 11:105-126. 1958.
  31. R. Margalef. La sedimentación orgánica y la vida en los fondos fangosos de la Ría de Vigo. Inv. Pesq., 11: 67-100. 1958.
  32. R. Margalef. Nuevos datos para el estudio de la historia de la Ría de Vigo, desde la última glaciación. Mem. Real Acad. Ciencias Artes Barcelona,33: 23-35. 1959.
  33. R. Margalef. Reset successions and suspected chaos in models of marine populations. Int. Symp. Iong-term changes marine fish popul. (Vigo, 1986): 321-3 ~3. 1989.
  34. R. Margalef. Red Tides and ciguatera as successful ways in the evolution and survival of an admirable old phylum. En B. Reguera, J.Blanco, M-L.Fernandez y T.Wyatt (ed). Harmful Algae , Proceedings of the VIII International Conference on Harmful Alagae Vigo, Spain 25-29 June 1997. Xunta de Galicia Integovernmental Oceanographic Comission of Unesco. 1997.
  35. "M. Margalef. M. Durán e F. Saiz. El fitoplancton de la Ría de Vigo, de enero de 1953 a marzo de 1954. Inv Pes. Tomo II. páx 85-129. 1955." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de decembro de 2013. Consultado o 30 de novembro de 2013. 
  36. "M. Durán, F. Saiz, M. López-Benito, R. Margalef. El fitoplancton de la ría de Vigo, de abril de 1954 a junio de 1955. Inv. Pes. Tomo IV. páx 67-95. 1958." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de decembro de 2013. Consultado o 30 de novembro de 2013. 
  37. E. Nogueira, F.G. Figueiras. The microplankton succession in the Ría de Vigo revisited: species assemblages and the role of weather-induced, hydrodinamic variability. Journal of Marine Systems 54, 2005. páx 139-155.
  38. 38,0 38,1 Centro Oceanográfico de Vigo - 100 anos estudando no Mar
  39. "M. Margalef. Estructura y dinámica de la "purga de mar" en la Ría de Vigo. Inv. Pesq., 5: 113-134. 1956.". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 30 de novembro de 2013. 
  40. Antonio Figueras, Profesor de Investigación do CSIC en Vigo, sobre de Ramon Margalef.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]