Sucesión ecolóxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplo de sucesión secundaria

En ecoloxía chámase sucesión ecolóxica ao proceso de cambio na composición de especies, ou grupos taxonómicos, dunha comunidade ao longo do tempo. A escala temporal dos procesos de sucesión poden ser de décadas (como exemplo, tras un incendio) ou de millóns de anos (como exemplo, tras unha extinción en masa).[1] A sucesión pode ser froito da dinámica natural do ecosistema ou por fenómenos antropoxénicos, como a agricultura.

A sucesión non é un proceso definido. A sucesión soe conducir aos ecosistemas de estar formadas por especies xeralistas que ocupan o espazo a especies con outras estratexias vitais, nun proceso de maduración que leva a un estado chamado de clímax. Esta sucesión pode dividirse en diferentes etapas. As especies de cada etapa poden ser diferentes ou poden vivir en diferentes estratos na comunidade do clímax. Existen dous tipos de sucesións:

  • Primarias cando se dan nun hábitat sen ocupar, como un solo sen vexetación.
  • Secundarias cando se a despois dunha deturpación importante no ecosistema, como por exemplo un incendio ou unha inundación.

Hai tres fases na sucesión:

  • 1.Comunidade pioneira, na que predominan especies autótrofas e especies de fácil dispersión.
  • 2.Comunidades intermediarias
  • 3.Comunidade clímax

Nunha sucesión temos inicialmente as comunidades pioneiras (primeiros seres vivos que ocupan un substrato), seguido por comunidades intermediarias que presentan un nivel maior de diversificación e, finalmente a comunidade clímax, cando a comunidade chega ao seu máximo grao de desenvolvemento e equilibrio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sahney, S.; Benton, M.J. (2008). "Recovery from the most profound mass extinction of all time" (PDF). Proceedings of the Royal Society: Biological 275 (1636): 759–65. PMC 2596898. PMID 18198148. doi:10.1098/rspb.2007.1370. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.