Rambutaneira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rambutaneira
Rambutáns, froito da rambutaneira
Rambutáns, froito da rambutaneira
Estado de conservación
Status iucn2.3 LC gl.svg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Sapindales
Familia: Sapindaceae
Xénero: 'Nephelium'
Especie: ''N. lappaceum''
Nome binomial
''Nephelium lappaceum''
L.

A rambutaneira (do malaio rambut, "cabelos") (Nephelium lappaceum) é unha árbore da laurisilva tropical da familia sapindaceae, nativa da Insulindia, ten unha altura de 15 a 20 m, e o seu toro entre 50 e 60 cm de diámetro. O seu froito, comestíbel e un dos máis coñecidos da zona, recibe o nome de rambután[1] e está estreitamente relacionado con outros froitos comestíbeis tropicais como a lichia, o longan e o mamoncillo ou lima española (Melicoccus bijugatus). Seica é nativa do arquipélago malaio. En Guatemala, O Salvador, Honduras, Costa Rica, Nicaragua, Panamá e México, coñéceselle coma mamón chino ou lichas, no Ecuador coma achotillo ou rambután e no Brasil coma rambutã, rambutão ou rambotã.

Descrición[editar | editar a fonte]

Rambután

É unha árbore perenne que acada 10-20 metros de altura. As follas son alternas e pinnadas, de 10-30 cm de lonxitude, con 3-11 divisións, cada unha de 5-15 cm de lonxitude e 3-10 cm de largo, coas marxes enteiras. As flores son pequenas, 2-2,5 mm, non teñen pétalos e nacen dunha panícula terminal de 15-30 cm de lonxitude.

A árbore pode ser: macho, con flores estaminíferas soamente e polo tanto, sen froita; e femia, que se produce froita; ou ambos os dous hermafrodito).

O froito é unha drupa oval de 3-6 cm de lonxitude e 3-4 de largo, nacen en acios de 10-20 xuntos. A pela é avermellada (raramente amarela ou alaranxada) e está cuberta por espiños macíos.

A froita ten unha polpa abrancazada e zumarenta, que pode ser moi aceda ou moi doce e melosa. A única semente de cor marrón ten 2-3 cm de lonxitude e é velenosa, polo que non debe ser consumida coa polpa do froito. De ser así, cómpre expulsala do corpo.

Produción[editar | editar a fonte]

  • A rambutaneira medra e produce mellor ao pleno sol. Pode sementarse en lombas ou en chairas sempre que non sexan moi húmidas.
  • É boa idea semear en liñas de cerca, áreas abertas, zonas abandonadas ou para substituír árbores mortas de cacao, xa que a rambutaneira pode servir de sombra para o cacao.
  • O espazo que ocupa unha árbore adulta é de entre 8 e 10 metros de lado a lado.
  • Só a árbore femia, que é hermafrodita, produce froitos e empeza a producir entre 4 e 6 anos. Cómpre eliminar ou enxertar a maioría de árbores machos.
  • Unha árbore adulta puede producir até 400 quilos de froitos ao ano.

Valor nutricional[editar | editar a fonte]

Acio de froitos de rambután: | kJ=343 | proteínas=0.65 g | graxas=0.21 g | glícidos=20.87 g | fibra=0.9 g | calcio_mg=22 | ferro_mg=0.35 | magnesio_mg=7 | fósforo_mg=9 | potasio_mg=42 | sodio_mg=11 | cinc_mg=0.08 | manganeso_mg=0.343 | vitC_mg=4.9 | vitB1_mg=0.013 | vitB2_mg=0.022 | vitB3_mg=1.352 | vitB6_mg=0.02 | vitB9_ug=8 | fonte_usda=09301

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Nephelium lappaceum foi descrita por Carl von Linné e publicada en Mantissa Plantarum 1: 125, en 1767.[2]

Sinonimia
  • Dimocarpus crinitus Lour.
  • Euphoria crinita Poir.
  • Euphoria nephelium Poir.
  • Euphoria nephelium DC.
  • Euphoria ramb-outan Labill.
  • Scytalia crinita Raeusch.
  • Scytalia ramboutan Roxb.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome galego do froito en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. Rambutaneira en Trópicos
  3. Rambutaneira en PlantList

Vñexase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rambutaneira Modificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Rambutaneira

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]