Lichi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lichi
Lichis maduros
Lichis maduros
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Sapindales
Familia: Sapindaceae
Xénero: Litchi
Especie: L. chinensis
Nome binomial
Litchi chinensis
Sonn.
Sinonimia
Lichi
Valor nutricional por 100 g
Enerxía276 kJ (66 kcal)
16.53 g
Azucres15.23 g
Fibra alimentaria1.3 g
0.44 g
0.83 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
1%
0.011 mg
Riboflavina (B2)
5%
0.065 mg
Niacina (B3)
4%
0.603 mg
Vitamina B6
8%
0.1 mg
Ácido fólico (B9)
4%
14 μg
Vitamina C
86%
71.5 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
1%
5 mg
Ferro
1%
0.13 mg
Magnesio
3%
10 mg
Manganeso
3%
0.055 mg
Fósforo
4%
31 mg
Potasio
4%
171 mg
Sodio
0%
1 mg
Cinc
1%
0.07 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga81.8 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

O lichi[1] (Litchi chinensis) é unha árbore froiteira tropical orixinaria do sur da China, onde a coñecen coma 荔枝 (pinyin: lìzhī), o sur de Indonesia e o leste de Filipinas, onde a coñecen coma alupag. É realmente a única representante do xénero Litchi da familia das Sapindaceae.

Os seus froitos coñécense co nome de lichis[2]. Cultívanse, ademais das súas zonas de orixe, na India, Madagascar, Nepal, Bangladesh, Paquistán, sur e centro de Taiwan, a norte do Vietnam, Tailandia, Suráfrica e México.

Comézase a ver nas froitarías de Galicia, como froita exótica tropical.

Descrición[editar | editar a fonte]

A árbore é de tamaño medio, atinxindo 15-20 metros de altura, con follas alternadas, cada folla ten uns 15-25 centímetros de longo, con 2-8 folíolos laterais de 5-10 centímetros de longo; o folleto terminal está ausente. As follas novas son dunha cor vermella brillante, tornándose verdes ao maduraren. As flores son pequenas, verde branco amarelado ou branco.

Os froitos, semellantes aos amorodos, prodúcense en acios e posúen unha a casca rugosa e de cor vermella fácil de depelicar. A polpa é xelatinosa, translúcida, zumarenta, lembrando o sabor da froita da Talisia esculenta (pitomba) e de semellante carabuña. Consómese fresca, tamén en zumes, compotas ou a xeito de froita pasa. Contén un alto índice de vitamina C, alén de posuír as do complexo B, sodio, calcio e potasio.

Subespecies[editar | editar a fonte]

Posúe tres subespecies:[3]

Usos[editar | editar a fonte]

Pode ser consumido fresco, en zumes, en forma de doces, xeleas, iogures e sorbetes. O lichi é tamén utilizado na fabricación de cosmeticos pois o froito posúe propiedades antioxidantes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dicionario de alimentación e restauración" (PDF). p. 143. Consultado o 18 de decembro de 2018. 
  2. Nome galego do froito en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega.
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2015. Consultado o 07 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]