Sapindales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sapindales
Sapindales
Pradairo negundo (Acer negundo), aceráceas
Pradairo negundo (Acer negundo), aceráceas
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Sapindales
Juss. ex Bercht. & J.Presl, 1820[1]
Familias
Véxase o texto

A das sapindales (Sapindales) é unha orde de plantas anxiospermas ou Magnoliophyta (plantas con flores), dicotiledóneas (ou Magnoliopsida), xeneticamente próxima á orde das rosales que, nas clasificacións actuais, inclúe, entre as familias máis coñecidas, a das rutáceas, que comprende, entre outras especies, ás dos cítricos.

Catacterísticas[editar | editar a fonte]

As sapindales caracterízanse por posuíren dous verticilos de estames (ás veces un reducido a estaminodios), de maneira que son predominantemente pentacíclicas. O disco nectarífero é de posición variábel (e ás veces está reducido a glándulas internas).

Predominan as plantas con follas compostas (aínda que nas especies de Citrus son simples).

Son plantas de hábito leñoso con flores pentámeras de ovario súpero, que están reunidas en inflorescencias cerradas ou cimosas.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Castiñeikro de Indias (Aesculus hippocastanum), hipocastanáceas.
Laranxeira anana (Citrus japonicale), rutáceas.

O sistema de clasificación APG II, de 2003, inclúe nesta orde as seguintes nove famílias, que comprenden uns 460 xéneros e ao redor de 5.700 especies:

Máis da metade das especies desta orde pertencen a dúas das súas familias: a das sapindáceas (Sapiundaceae), cunhas 1.600 especies, onde se encontran recollidas tanto as antigas Hippocastanaceae como as Aceraceae, e a das rutáceas (Ruitaceae), cunhas 1.800 especies).[2]

Porén, as clasificacións clásicas, como a do sistema de Cronquist, de 1981, usaban unha circunscricións algo diferente, coas seguintes famílias:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Angiosperm Phylogeny Group (2003): "An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG II. Botanical Journal of the Linnean Society 141: 399-436. (Texto completo (HTML) | Texto completo (PDF))
  • Gadek, P. A.; Fernando, E. S.; Quinn, C. J.; Hoot, S. B.; Terrazas, T.; Sheahan, M. C. & Chase, M. W. (1996): "Sapindales: Molecular delimitation and infraordinal groups", American Journal of Botany, 83: 802-811. Ver en liña.
  • Jussieu, A. L. de (1820): O Prirozenosti Rostlin 224.
  • Stevens, P. F. (2001 e ss.): Angiosperm Phylogeny Website. Version 12, Xuño de 2012.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]