Rafael Álvarez Alarcia
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 18 de xullo de 1938 Santander | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Morte | 5 de febreiro de 2024 Irún | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,77 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 1958 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Rafael Álvarez Alarcia, nado en Santander o 18 de xullo de 1938[1], é un exfutbolista cántabro que xogaba na demarcación de gardameta.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que naceu en Santander con oito anos trasládase a Irún, onde comezou a xogar nas categorías inferiores do Real Unión de Irún. De aí pasou ao Touring de Rentería antes de fichar polo Real Oviedo, xa en Primeira División, onde xogou cinco tempadas. A finais da tempada 1966/67 ficha polo Real Zaragoza, onde militou outras tres tempadas.
En 1970 ficha polo RCD Mallorca, por aquel entón en Segunda División, porén ao ano seguinte volve a Primeira, fichando polo Celta de Vigo, onde xogaría de titular indiscutíbel os dous primeiros anos pero no seu terceiro e último ano perdería esta condición fronte ao uruguaio Aguirre, xogando so nove encontros.
Durante os seus anos en Vigo participou no debut do Celta na Copa da UEFA xogando o encontro de volta da primeira eliminatoria, na que o equipo galego quedou eliminado ante o Aberdeen FC escocés.
A súa última tempada en activo no fútbol profesional foi a 1974/75 xogando en Segunda División no Deportivo Alavés.