José Adolfo López Menéndez
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 21 de outubro de 1948 ![]() La Felguera, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
José Adolfo López Menéndez, nado en La Felguera o 21 de outubro de 1948, foi un futbolista asturiano máis coñecido como Dolfi, que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou xogando no equipo xuvenil do Cruz Blanca CF da súa vila natal, de onde pasou ao Real Oviedo da mesma categoría en 1965, a partir de aí xogou varias tempadas cedido, primeiro na Cultural Leonesa e despois na Unión Popular de Langreo, porén non tivo sorte e as lesións impedíronlle ter continuidade. Ao remate das cesión volveu ao filial do Oviedo, chegando a debutar co primeiro equipo con moi bos resultados.
Estas boas condicións fan que, unha vez realizado o servizo militar no Sáhara Occidental, o fiche o Celta de Vigo a comezos da tempada 1971/72, recentemente clasificado para disputar a Copa da UEFA por primeira vez na súa historia.
Debutou co Celta o 2 de xaneiro de 1972 ante o RCD Espanyol, pero non chegou a contar coa confianza do adestrador Juan Arza, xogando so cinco encontros. Ao ano seguinte coa chegada do técnico arxentino Pedro Dellacha contou con máis peso no equipo, porén sería o seu último ano en Vigo, descartado polo novo adestrador céltico Aretio.
Despois de xogar no Celta, Dolfi pasou polo Real Jaén, Club Deportivo Eldense, Algeciras CF e no Zamora CF.