Manuel Navarro Dolz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Navarro Dolz
Información persoal
Nacemento 29 de setembro de 1946
Lugar de nacemento Alacant
Posición dianteiro, dianteira
editar datos en Wikidata ]

Manuel Navarro Dolz, nado en Alacant o 29 de setembro de 1946, é un exfutbolista que xogaba na demarcación de lateral esquerdo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do Hércules CF, porén debutaría profesionalmente no Alicante CF, onde militou dúas tempadas antes de fichar polo CD Alcoyano por outras catro tempadas. Na tempada 1970/71 ficha polo Hércules CF, pero so militaría no club unha tempada xa que o seu bo papel fai que o Celta de Vigo, por aquel entón en Primeira División o fiche.

En Vigo xogou seis tempadas, sendo sempre un home importante na defensa. O primeiro ano no equipo tivo a oportunidade de debutar na Copa da UEFA, no encontro de volta primeira eliminatoria, na que o equipo galego foi eliminado polo Aberdeen F.C.

A tempada 1974/75 non foi boa a nivel colectivo e rematou co descenso do equipo a Segunda División, recuperando a categoría ao ano seguinte. Porén a tempada de regreso a Primeira tampouco foi boa, supoñendo un novo descenso, esta sería o último ano de Navarro no Celta.

Tres deixar Vigo volveu ao Alicante CF, onde se retirou en 1981.