Pedro Robles Aguilar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pedro Robles Aguilar
Nacemento4 de xullo de 1944
 Murcia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfutbolista
editar datos en Wikidata ]

Pedro Robles Aguilar, nado o 4 de xullo de 1944 en Murcia foi un futbolista español que xogaba na demarcación de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a carreira profesional xogando en Segunda División co RCD Mallorca, equipo co que acadou o ascenso a Primeira, militando no equipo ata o final da tempada 1969/70 cando fichou polo Celta de Vigo tras o descenso do equipo balear.

En 1970 chega a Vigo ao igual que o gardameta Gost. Porén Robles non contaría coa confianza do técnico do Celta, Juan Arza, chegando a non disputar un so encontro ante a gran competencia nun equipo que se clasificou por primeira vez na súa historia para a competición da Copa da UEFA.

Militando no Celta protagonizou un triste incidente o 9 de maio de 1971 no Trofeo Ano Santo Compostelano disputado ante o SD Compostela na capital de Galiza, cando Robles e Castro agrediron á afeccionados do Compos e remataron na comisaría.

Ao final do seu segundo ano en Vigo foise cedido ao UP Langreo e despois ao Gimnàstic de Tarragona despois de rescindir o contrato co Celta, onde militaría catro tempadas en Segunda División.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Ficha en bdfutbol (en catalán)