Francisco Doblas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco Doblas
Información persoal
Nacido 24 de xullo de 1948
Lugar Córdoba
Posición dianteiro
editar datos en Wikidata ]

Francisco Doblas Bermejo, nado en Córdoba o 24 de xullo de 1948, foi un futbolísta que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do Unión Popular de Langreo. Fichou polo Celta de Vigo na tempada 1969-70, equipo que por aquel entón dirixía Roque Olsen

A chegada de Doblas a Vigo coincidiu co comezo de moi bos anos para o Celta, que se mantivo en Primeira División facendo moi bo fútbol e clasificandose por primeira vez para xogar a Copa da UEFA, participación europea que se perdería por lesión.

Paco Doblas xogou nove anos en Vigo a pleno rendemento, salvando as lesións que acabaron o retirando do fútbol na tempada 1977-78.

Na actualidade[cando?] vive en Vigo, é empresario de material clínico e é o Presidente da Agrupación de antigos futbolistas do Celta.