Rodrigo Payno Díaz de la Espina
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Rodrigo Payno Díaz de la Espina | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nacido | 7 de febreiro de 1947 | ||
Lugar | Burgos | ||
Posición | gardameta | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Rodrigo Paino Díaz de la Espina nado en Burgos o 7 de febreiro de 1947, é un exfutbolista español máis coñecido como Payno, que xogaba na demarcación de gardameta.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a xogar no Real Burgos, ata que ficha polo Celta de Vigo tras acadar o ascenso a Primeira División na tempada 1968/69 por un prezo de dous millóns cincuenta mil pesetas.
Porén nunca chegou a ter moita continuidade no equipo galego a causa das lesións, o primeiro ano foi suplente de Bermúdez, protagonista do ascenso, e despois do balear Gost e no seu terceiro e último ano do cántabro Alarcia.
En 1971 fichou polo Villareal CF e posteriormente polo Racing de Santander.