Puma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Puma concolor")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Puma
Puma concolor

Rango fósil:
Plistoceno - Holoceno
CMM MountainLion.jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Felidae
Xénero: Puma
Especie: P. concolor
Nome binomial
Puma concolor
(Linnaeus, 1771)
Área de distribución do puma En laranxa: extinguido ou poboación escasa En vermello: poboación actual abundante

Área de distribución do puma
En laranxa: extinguido ou poboación escasa
En vermello: poboación actual abundante
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
  • Felis concolor Linnaeus, 1771

O puma, Puma concolor, é un mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos, orixinario de América.

Características[editar | editar a fonte]

É o segundo maior felino no Novo Mundo, despois do xaguar, e o cuarto máis grande do mundo, co leopardo, despois do tigre, o león, e o propio xaguar. O seu tamaño é maior que o do leopardo das neves, aínda que está máis emparentado cos pequenos felinos (gatos).

Como cazador e depredador de emboscada, o puma persegue unha ampla variedade de presas. O seu principal alimento son os ungulados coma o cervo, en particular na parte setentrional da súa área de distribución, pero tamén caza camélidos coma o guanaco e especies tan pequenas como roedores e mesmo insectos. Trátase dun animal territorial cunha baixa densidade de poboación. Cada territorio dun puma dependerá da súa extensión, a vexetación, e a abundancia de presas. Aínda que é un gran depredador, non sempre é a especie dominante na súa área de distribución, como cando compite cos animais de presa como o lobo gris mexicano (Canis lupus baileyi), o xaguar, o oso negro americano (Ursus americanus) ou o oso pardo. Trátase dun felino solitario que polo xeral evita as persoas. É raro que un puma ataque un ser humano, aínda que se rexistrou un aumento na frecuencia nos últimos anos.[2]

O puma foi considerado unha praga perigosa a partir da colonización europea de América. Sumado á progresiva ocupación humana dos hábitats do puma, significou que as poboacións diminuíron en moitas partes da súa media histórica. En particular, o puma extinguiuse na parte oriental de América do Norte,[3] tirante un caso illado da subpoboación, en perigo de extinción, no sur da Florida.[4] Rexistros recentes confirmados, e o hábitat adecuado no medio oeste dos Estados Unidos, indican intentos de recolonización.[5]

Coa súa ampla distribución xeográfica, o puma ten decenas de nomes e é mencionado con diversas referencias na mitoloxía dos pobos indíxenas de América e tamén na cultura contemporánea. Ten o récord Guinness do animal co maior número de nomes, con máis de 40 só en inglés.[6]

Dimensións[editar | editar a fonte]

Lonxitude de cabeza e tronco, 100-150 cm; lonxitude da cola, 60-90 cm; peso, 30-80 kg.[7]

Reprodución e lonxevidade[editar | editar a fonte]

Camada, de 1 a 5 cachorros, (normalmente 2 ou 3); lonxevidade, de 8 a 12 anos, raramente máis de 12.[7]

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Este gran felino solitario vive en máis lugares que calquera outro mamífero salvaxe terrestre do hemisferio occidental.[4] Esténdese dende o Yukón, en Canadá, até o sur dos Andes de América do Sur.[8]

O puma é adaptable e xeralista, polo que se encontra nos principais biomas de toda América, incluídos os altos Andes (até os 5 800 msnm no sur do Perú).[4]

Prefire hábitats con densa vexetación durante as horas de axexo, pero pode vivir en zonas abertas.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Puma sentado. Obsérvese a similitude co gato doméstico.
Puma concolor concolor.
Puma concolor puma.

Descrición[editar | editar a fonte]

O puma foi descrito en 1771 por Linneo en Mantissa Plantarum, 2: 266, co nome de Felis concolor.[9]

Reclasificación[editar | editar a fonte]

En 1917 foi incluído no xénero Puma por Pocock.[10]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, véxase Puma. O epíteto específico, concolor, Linneo tirouno do latín concolor, concolōris, 'da mesma cor', 'de cor uniforme'.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Aínda que a maioría dos autores recoñecen no xénero dúas especies,[11][12] recentemente algúns consideran unha soa, Puma concolor, e saparan a outra nun novo xénero, Herpailurus, coa única especie Herpailurus yagouaroundi.[13][14]

Subespecies[editar | editar a fonte]

Até finais dos anos 1980, na especie, sexa monotípica on non, rexistráronse até 32 subespecies. Pero un estudo xenético do ADN mitocondrial demostrou que moitas delas eran demasiado similares como para seren recoñecidas como distintas a nivel molecular.[8] Tras esta investigación, a maioría dos autores recoñecen as seguintes seis subespecies, cinco das cales encóntranse unicamente na América Latina:[1][9][15]

  • Puma concolor (Linnaeus, 1771)
    • Puma concolor anthonyi (Nelson and Goldman, 1931) — no leste de América do Sur.
    • Puma concolor cabrerae Pocock, 1940 — na Arxentina.
    • Puma concolor concolor (Linnaeus, 1771) — no norte de América do Sur.
    • Puma concolor costaricensis (Merriam, 1901) — en América Central.
    • Puma concolor couguar (Kerr, 1792) — desde o suroeste de Canadá até o norte de Nicaragua.
    • Puma concolor puma (Molina, 1782) — no sur de América do Sur.

Porén, a partir de 2017, o Cat Classification Taskforce of the Cat Specialist Group da UICN só recñece duúas subespecies:[13]

  • Puma concolor concolor, para América do Sur, posibelmente excluíndo a rexión noroeste dos Andes, e
  • Puma concolor couguar, para América Central e do Norte, e posibelmente o noroeste de América do Sur.

Poboación[editar | editar a fonte]

A principios da década de 1990, a poboación canadense estimouse en aproximadamente entre 3 500 e 5 000 individuos, e a do oeste dos EE. UU. en 10 000. A poboación de América Central e do Sur é probabelmente moito maior, aínda que non está clara a abundancia da especie na densa selva tropical da cunca do Amazonas.[3] A subpoboación da Florida, de tan só uns de 100 a 180 espécimes, está illada, e complementouse cunha reintrodución de pumas en Texas.[4] En Brasil a especie considérase "case ameazada", pero as poboiacións que viven fóra da cunca do Amazonas considéranse "vulnerábeis".[16] O puma así mesmo considérase case amenazado no Perú,[17] Arxentina,[18] e Colombia.[19] Non hai datos da súa situación en Chile.[1]

Ameazas[editar | editar a fonte]

Os pumas están ameazados pola perda e fragmentación do seu hábitat e pola caza furtiva. Son perseguidos en toda a súa área de distribución por cazadores debido á depredación que exercen sobre o gando, e por temor, debido a que representan unha ameaza para a vida humana. De eito, os pumas mataron varias persoas no oeste de Canadá e dos Estados Unidos nos últimos anos. A súa caza é legal en varios dos Estados dos Estados Unidos, aínda que a súa caza foi prohibida por un referendo popular en California en 1990. As mortes por atropelos en estradas son a principal causa de mortalidade na subpoboación da Florida, e as estradas constitúen, ademais, unha gran barreira para os movementos e a dispersión dos pumas.[4]

Status[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualifica o status desta especie como LC (pouco preocupante) porque é un dos mamíferos máis distribuídos no hemisferio occidental. Aínda que foi eliminada da súa antiga área de dispersión no nordeste de América do Norte,[3] está intentandose recolonizar esta rexión,[5][20] e as poboacións son o suficientemente seguras para a caza regulada no oeste de Norteamérica. Porén, considérase que está a diminuír noutras partes da súa área, e como un gran carnívoro vinculado a outras asociacións de vida salvaxe e hábitat, desde unha perspectiva social e política a súa conservación e xestión presenta numerosos desafíos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Nielsen, C., Thompson, D., Kelly, M. & Lopez-Gonzalez, C. A. (2015): Puma concolor (Linnaeus, 1771) na Lista vermella da UICN. Versión 2018-1. Consultada o 19 de novembro de 2018.
  2. McKee, Denise (2003): "Cougar Attacks on Humans: A Case Report". Wilderness and Environmental Medicine. Wilderness Medical Society. 14 (3): 169–173.
  3. 3,0 3,1 3,2 Nowell, K. and Jackson, P. (1996): Wild Cats. Status Survey and Conservation Action Plan. Gland, Switzerland and Cambridge, UK: IUCN/SSC Cat Specialist Group. ISBN 2-8317-0045-0.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Sunquist, Melvin E. & Sunquist, Fiona 2002.
  5. 5,0 5,1 LaRue, M. A. and Nielsen, C. K. (2011): "Modelling potential habitat for cougars in midwestern North America". Ecological Modelling 222: 897-900.
  6. The Guinness Book of World Records. 2004. p. 49. 
  7. 7,0 7,1 [1] en IUNC, Cats Specialist Group.
  8. 8,0 8,1 Culver, M.; Johnson, W. E.; Pecon-Slattery, J. and O'Brien, S. J. (2000): "Genomic Ancestry of the American Puma". Journal of Heredity 91 (3): 186–197.
  9. 9,0 9,1 Puma concolor en MSW.
  10. Pocock, R. I. (1917): "The Classification of existing Felidae". The Annals and Magazine of Natural History. Serie 8, Volume XX: 329–350.
  11. Puma en MSW.
  12. Puma Jardine, 1834 no ITIS.
  13. 13,0 13,1 Kitchener, A. C. et al. (2017): "A revised taxonomy of the Felidae: The final report of the Cat Classification Task Force of the IUCN Cat Specialist Group". Cat News. Special Issue 11. Consultada o 18 de novembro de 2018.
  14. Caso, A., de Oliveira, T. & Carvajal, S. V. (2015): Herpailurus yagouaroundi na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 18 de novembro de 2018.
  15. Puma concolor (Linnaeus, 1771) no ITIS.
  16. Machado, A. B. M., Drummond, G. M. and Martins, C. S. (2005): "Lista da Fauna Brasileira Ameaçada de Extinção: Incluindo as Espécies Quase Ameaçadas e Deficientes em Dados". Belo Horizonte: Fundação Biodiversitas.
  17. Instituto Nacional de Recursos Naturles (2006): Plan Nacional de Reforestación. Lima: Ministerio de Agricultura.
  18. Ojeda, Ricardo A.; Chillo, Verónica y Díaz Isenrath, Gabriela B., eds. (2000): Libro rojo: mamíferos amenazados de la Argentina Buenos Aires: Sociedad Argentina para el Estudio de los Mamíferos (SAREM).
  19. Mahecha, J. V., Alberico, M., Trujillo, F. y Jorgenson, J. (2006): Libro Rojo de los Mamíferos de Colombia. Serie Libros Rojos de Especies Amenazadas de Colombia. Bogotá: Conservación Internacional Colombia & Ministerio de Ambiente, Vivienda y Desarrollo Territorial.
  20. Thompson, D .J. and Jenks, J. A. (2010): "Dispersal movements of subadult cougars from the Black Hills: the notion of range expansion and recolonization". Ecosphere 1: 1-11.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]