Saltar ao contido

Pseudorhombus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pseudorhombus

Pseudorhombus spinosus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Paralichthyidae
Xénero: Pseudorhombus
Bleeker, 1862 [1]
Especies
  • Véxase o texto

Pseudorhombus é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos paralictíidos.[1]

Trátase dun xénero de peixes planos que comprenmde varias especies que presentan unha boca dotada de grandes dentes e que, coa excepción de P. binii, encontrado nas augas do Pacífico suroriental, nas costas do Perú,[2] habitan na rexión Indo-Pacífica. A especie máis grande do xénero alcanza os 40 cm de lonxitude.[3]

Algunhas das súas especies son de interese pesqueiro.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1862 polo médico e ictiólogo danés Pieter Bleeker,[1] nun trabllo publicado en Versl. Meded. Akad. Wet. Amsterdam, 13, 426.[4]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome Pseudorhombus está formado polo elemento do latín científico pseudo-, derivado do grego antigo ψεῦδος pseữdos, "falso", e do nome específico rhombus, do peixe Scophthalmus rhombus (o curuxo), para indicar que, aínda que parecidos, non son igguais. Pola súa parte, rhombus, "rombo", deriva do grego antigo ῥόμβος rhómbos, que significa "algo que xira",[5] que deriva do verbo ρέμβω rhémbō, "xirar en redondo e redondo",[6] palabra que foi utilizada por Euclides e Arquimedes, queusaron o termo "rombo sólido" para describir a figura de dous conos que compartían a base, da que deriva o noso "rombo", figura xeométrica".[7]

Sinónimo

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome Pseudorhombus que lle deu Bleeker, o xénero coñécese polo sinónimo Spinirhombus Oshima, 1927 (rombo espiñento).[1]

Na actualidade dentro do xénero Pseudorhombus a Fishase recoñece as seguintes 25 especies:[3]

Porén, outras autoridades, como o WoRMS e a EOL, admiten unha especie máis.[1][9]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Pseudorhombus Bleeker, 1862 no WoRMS.
  2. Chirichigno, N. F. y J. Vélez D. (1998): Clave para identificar los peces marinos del Perú, (Seguenda edición, revisada y actualizada). Instituto del Mar del Perú, Publicación especial.
  3. 3,0 3,1 Froese, Rainer and Daniel Pauly, eds. (2014): Especies de Pseudorhombus en FishBase.
  4. Pseudorhombus en NOMENCLATOR ZOOLOGICUS. Volume 1-10.
  5. ῥόμβος, en Henry George Liddell & Robert Scott, A Greek-English Lexicon, en Perseus.
  6. ῥέμβω, en Henry George Liddell & Robert Scott, A Greek-English Lexicon, en Perseus.
  7. The Origin of Rhombus Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine. {´n}}.
  8. Lahuerta e Vázquez (2000).
  9. Pseudorhombus Arquivado 15 de xuño de 2015 en Wayback Machine. na EOL.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]