Hermann Schlegel
Hermann Schlegel | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 10 de xuño de 1804 |
Lugar de nacemento | Altenburg |
Falecemento | 17 de xaneiro de 1884 |
Lugar de falecemento | Leiden |
Nacionalidade | alemá |
Ocupación | biólogo (zoólogo, ornitólogo e herpetólogo) |
Lingua | alemán, francés, neerlandés |
Organización | Universidade de Leiden |
Premios | Membro de: Real Academia de Artes e Ciencias dos Países Baixos, Academia de Ciencias de Rusia, Academia Prusiana das Ciencias, Academia Alemá das Ciencias Naturais Leopoldina |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Hermann Schlegel, nado o 10 de xuño de 1804 en Altenburg, e finado o 17 de xaneiro de 1884 en Leyden, foi un ornitólogo e herpetólogo alemán.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Seu pai, que traballaba como forxador de latón, coleccionaba bolboretas, o que estimulou o interese de Schlegel pola historia natural. O descubrimento, por casualidade, dun niño dunha ave de rapina levouno ao estudo das aves, ao que tamén axudou un encontro con Christian Ludwig Brehm.
Schlegel comezou a traballar para o seu pai, pero pronto cansou, e deixou este traballo. Viaxou a Viena en 1824, onde, na súa Universidade, recibiu clases de Leopold Fitzinger e Johann Jacob Heckel. Grazas a unha carta de recomendación de Christian Ludwig Brehm a Joseph Natterer conseguiu un posto no Museo de Historia Natural de Viena.
Un ano despuois da súa chegada, o director do museo, Carl Franz Anton Ritter von Schreibers recomendouno a Coenraad Jacob Temminck, director do Museo Nacional de Historia Natural de Leiden (Nationaal Natuurhistorisch Museum), e este tomouno como axudante. Ao principio, Schlegel traballou principalmente na colección de réptiles do museo, pero pronto a súa actividade estendeuse a outros grupos de animais. Schlegel ía a ser enviado a Xava para unirse á Natural History Commission, pero a morte do que ía ser o sucesor de Temminck, Heinrich Boie, fixo que o proxecto non fora adiante. Nesta época Schlegel coñeceu a Philipp Franz von Siebold. Fixéronse bos amigos e colaboraron xuntos na obra Fauna Japonica (1845-1850).
Cando a principios de 1858 Temminck morreu, Schlegel sucedeuno como director do Museo Nacional de Historia Natural de Leiden. Nesta época Schlegel estaba especialmente interesado na fauna do sueste asiático, e en 1857 mandou ao seu fillo Gustav a recoller espécimes de aves a China. Cando Gustav chegou encontrou que Robert Swinhoe chegara alí antes.
En 1859 Schlegel enviou a Heinrich Agathon Bernstein a recolectar aves a Nova Guinea. Bernstein morreu en 1865 e foi sucedido na súa misión científica por Hermann von Rosenberg.
Schlegel tomou como axudante a un mozo chamado Otto Finsch. Ao mesmo tempo comezou a publicar unha revista cintífica chamada Notas do Museo de Leiden, así como tamén unha grande obra de catorce volumes: Muséum d'histoire naturelle des Pays-Bas (1862-1880). Nesta obra colaboraron tres ilustradores: John Gerrard Keulemans, Joseph Smit e Joseph Wolf.
Os últimos anos da vida de Hermann Schlegel foron complicados: a súa muller morreu en 1864; o seu axudante Finsch trasladouse ao Museo de Historia Natural de Bremen, e a colección do Museo Británico comezou a eclipsar a de Leiden. Faleceu nesta cidade o 17 de xaneiro de 1884.
Principais obras[editar | editar a fonte]
- 1834-1850. Fauna Japonica.
- 1837-1844. Abbildungen neuer oder unvollstandig bekannter Amphibien: nach der Natur oder dem Leben entworfen
- 1854. De zoogdieren geschetst.
- 1853. Traité de fauconnerie: ouvrage orné de dix sept planches. - Leide : Arnz. Edición dixitalizada.
- 1854-1858. De vogels van Nederland. 3 vols.
- 1857-1858. Handleiding tot de beoefening der dierkunde. 2 vols.
- 1860-1862. De dieren van Nederland.
- 1862-1876. Revue méthodique et critique des collections déposées dans cet établissement. 7 Vols.
- 1863-1872. De Dierentuin van het Koninklijk Zoologisch Genootschap Natura Artis Magistra te Amsterdam zoölogisch geschetst.
- 1868. Natuurlijke Historie van Nederland.
- 1870. Natuurlijke Historie van Nederland.
- 1870. Natuurlijke Historie van Nederland
- 1870. Natuurlijke Historie van Nederland.
- 1872. De dierentuin van het Koninklijk Zoölogisch Genootszchap Natura Artis Magistra te Amsterdam. De vogels. De zoogdieren. De kruipende dieren. Met historische herinneringen van P.H. Witkamp.
Abreviatura[editar | editar a fonte]
A abreviatura Schlegel emprégase para recoñecer a Hermann Schlegel como autoridade na descrición e clasificación científica en zooloxía.
![]() |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|