Francis Buchanan-Hamilton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancis Buchanan-Hamilton
Biografía
NacementoFrancis Buchanan
15 de febreiro de 1762
Callander, Perthshire, Escocia
Morte15 de xuño de 1829
Gran Bretaña
Datos persoais
ResidenciaEscocia Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeescocesa
Formación profesionalDoutor en Medicina
EducaciónUniversidade de Edimburgo
Coñecido porAn account of the fishes found in the river Ganges and its branches
Actividade
Ocupaciónmédico, botánico, zoólogo
EmpregadorXardín botánico de Calcutta
Real xardín botánico de Edimburgo
Membro de
Royal Society (1806–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaBuch.-Ham. Editar o valor em Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaHamilton, 1822 Editar o valor em Wikidata
Premios
Membro da Royal Society
Membro da Royal Society of Edinburgh

Francis Buchanan-Hamilton, nado en Callander, Perthshire, Escocia o 15 de febreiro de 1762, e finado na Gran Bretaña o 15 de xuño de 1829, foi un médico, botánico e zoólogo escocés que viviu na India.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido como Francis Buchanan, era fillo de Elizabeth, que vivía na leira de Branziet; seu pai, Thomas, médico, chegou a Spittal e reclamou a xefatura do nome de Buchanan, e era dono dunha propiedade en Lenyi.

Francis Buchanan engadiu "Hamilton" ao seu apelido ao recibir a súa herdanza materna, aínda que non asumiu este nome até tres anos despois da súa retirada da India.[1]

Hamilton estudou Medicina na Universidade de Edimburgo, onde acadou a título de Doutor.[2] Despois de varias viaxes en navíos da mariña mercante a Asia, serviu no Servizo Médico Bengalí desde 1794 a 1815. Durante este tempo foi enviado a varias expedicións de investigaciónen á India e ao Nepal.

De 1803 a 1804 foi o ciruxián oficial do Gobernador Xeneral da India Lord Wellesley en Calcuta, onde incluso organizou un zoolóxico que foi o núcleo do actual "Calcutta Alipore Zoo". Sucedeuó a William Roxburgh no posto de superintendente do Xardín Botánico de Calcuta en 1814, pero tivo que volver á Gran Bretaña en 1815 debido ao seu mal estado de saúde, onde faleceu o 15 de xuño de 1829.

En 1822 publicou An account of the fishes found in the river Ganges and its branches (onde describiu a especie Pimelodus arius, hoxe Arius arius). En 1807 escribiu A Journey from Madras through the Countries of Mysore, Canara and Malabar e, en 1819, An Account of the Kingdom of Nepal.

Tamén recolectou e describiu numerosas novas especies de plantas da rexión.

Honores[editar | editar a fonte]

Eponimia[editar | editar a fonte]

Animais
Vexetais

Obras[editar | editar a fonte]

  • Journey from Madras through the countries of Mysore, Canara, and Malabar: for the express purpose of investigating the state of agriculture, arts and commerce, the religion, manners, and customs, the history natural and civil, and antiquities. 3 Volumes. Londres, 1807
  • An Account of the Kingdom of Nepal, 1819
  • An account of the fishes found in the river Ganges and its branches. Edimburgo & Londres, 1822

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

Tamén aparece a súa abreviatura en equipos, como:

  • Buchanan-Hamilton & D. Don
  • Buchanan-Hamilton & de Candolle
  • A abreviatura Hamilton emprégase para recoñecer a Francis Buchanan-Hamilton como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. V. H. Jackson, "preface" in Journal of Francis Buchanan. Delhi, 1989.
  2. Biographical index of former fellows of the Royal Society of Edinburgh 1783 – 2002 Arquivado 24 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. (PDF). The Royal Society of Edinburgh. Xullo de 2006. ISBN 0-902-198-84-X.
  3. Fl. Trop. E. Africa, Annon. 97. 1971; & en Kew Bull. 25 (1): 24 (IK).
  4. Syst. Veg. ed. 15 bis 4: 409. 1819 (IK)
  5. Buch.-Ham. – Francis Buchanan-Hamilton (1762-1829) no IPNI.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • D. Prain. A sketch of the life of Francis Hamilton (once Buchanan) sometime Superintendent of the Honourable Company's Botanic Garden, Calcutta. En: Ann. of the Royal Botanic Garden 10 (2): I–LXXV, Calcuta 1905.
  • Leslie Stephen (ed.) Dictionary of national Biography. Vol. VII, pp. 186, Smith, Elder & Co., Londres, 1886.