James Douglas Ogilby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Non confindir con William Ogilby.
James Douglas Ogilby
Nacemento 16 de febreiro de 1853
  Belfast
Falecemento 11 de agosto de 1925
  Brisbane
Soterrado Toowong Cemetery
Nacionalidade Irlanda
Ocupación zoólogo, ictiólogo e marine biologist
editar datos en Wikidata ]

James Douglas Ogilby, nado o 16 de febreiro de 1853 en Belfast, Irlanda e finado o 11 de agosto de 1925 en Brisbane, Queensland, Australia, foi un ictiólogo e herpetólogo australiano de orixe irlandesa.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do naturalista William Ogilby (1808-1873), despois dos seus estudos no Winchester College e no Trinity College de Dublín, traballou no British Museum. Interesouse polas aves e os peixes e viaxou aos Estados Unidos de América.

En 1884 obtén un posto de axudante no Australian Museum de Sydney e casa, o mesmo ano, con Mary Jame Jameson.

James Douglas Ogilby publicou numeros artigos sobre os réptiles,[1] e describiu unha nova especie de tartaruga e varias novas especies de lagartos, entre elas:[2]

  • Morethia boulengeri, en 1890
  • Saltuarius cornutus, en 1892
  • Strophurus intermedius, en 1892
  • Uvidicolus sphyrurus, en 1892

Tamén escribiu sobre os mamíferos e os peixes de Australia. Foi elixido membro da Sociedade linneana de Londres en 1887. Traballou no British Museum, despois no Australian Museum de Sydney, do que se retirou en 1890 a causa do seu alcoholismo. Il continue cependant d’étudier la faune australienne sur une base contractuelle.

Contra 1903 instalouse en Brisbane, onde traballou como ictiólogo no Queensland Museum. Poucos anos más tarde chega a ser membro da Sociedade Real de Queensland. Asina numerosas publicacións co seu amigo Alan Riverstone McCulloch (1885-1925).

Ogilby faleceu o 11 de agosto de 1925 e está soterrado no Toowong Cemetery, en Toowong, Brisbane, Queensland, Australia.[1]

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

  • 1887. Catalogue of Fishes and Other Exhibits at the Royal Aquarium, Bondi.
  • 1892. Catalogue of Australian Mammals.
  • 1893. Edible Fishes and Crustaceans of New South Wales.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Walsh, G. P. "Ogilby, James Douglas (1853 - 1925)". Australian Dictionary of Biography. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2010. Consultado o 12 de maio de 2016. 
  2. Especies descritas por Ogilvy. En The Reptile Database.