Programa ConCiencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jorge Mira, coordinador do programa ConCiencia.

O programa ConCiencia é unha actividade de divulgación científica nacida en 2006 por iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela e o Consorcio de Santiago.[1]

O encargado da súa coordinación é o doutor en física Jorge Mira, catedrático de Electromagnetismo na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela, e coñecido divulgador científico na prensa, radio e televisión, que foi o promotor do programa no ano 2005.[2]

Onxectivos[editar | editar a fonte]

Entre os obxectivos desta iniciativa, cabe destacar:[1]

Estas bases diferencian o programa ConCiencia de calquera outra iniciativa de divulgación científica, posto que buscan, á marxe da clásica conferencia ou acto puntual, a rendibilización da visita destes Premios favorecendo o seu contacto con especialistas locais.

Premio Fonseca[editar | editar a fonte]

Desde o ano 2008 o programa ConCiencia organiza no seu seo o Premio Fonseca de comunicación da ciencia, que na súa primeira edición recaeu no físico británico Stephen Hawking. Na súa segunda convocatoria (2009), o galardón recaeu no pai da Hipótese Gaia, James Lovelock; na terceira (2010) no naturalista e divulgador Sir David Attenborough, e en 2011 no físico-matemático Sir Roger Penrose.[1]

Personalidades visitantes[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • En 2010, o programa ConCiencia foi recoñecido coa Mención de Honor do Premio "Ciencia en Acción".
  • En 2017 foi recoñecido co XL Premio da Crítica Galicia, na súa modalidade de iniciativas culturais e científicas.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]