Frances E. Allen
Frances Elizabeth "Fran" Allen, nada en Peru, Nova York, o 4 de agosto de 1932 e finada o 4 de agosto de 2020,[1] foi unha informática estadounidense e pioneira no campo de optimizar compiladores. Os seus logros inclúen traballo en compiladores, optimización de código e computación paralela. Tamén tivo un papel importante na creación de linguaxes de programación e códigos de seguridade para a Axencia de Seguridade Nacional Americana.[2][3]
Allen foi a primeira socia de IBM e en 2006 converteuse na primeira muller gañadora do Premio Turing.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Allen creceu nunha granxa en Peru (Nova York) e obtivo un máster en matemáticas pola Universidade Estatal para Profesores de Nova York en 1954.[5] Recibiu un grao en matemáticas na Universidade de Míchigan en 1957 e comezou ensinar en Peru, Nova York.[6] Endebedada polos seus estudos universitarios, uniuse a IBM o 15 de xullo de 1957, planeando quedar só ata pagar as súas débedas; porén, acabou por quedar os 45 anos que quedaban de carreira.
Allen foi asignada ao proxecto Harvest para descifrar código coa Axencia de Seguridade Nacional en 1959 e traballou nunha linguaxe de programación chamado Alpha.[7] Dirixiu o equipo de optimización do compilador tanto para Harvest como para o proxecto Stretch. Na década de 1960 contribuíu ao proxecto ACS-1 e na década de 1970 a PL/1. De 1970 a 1971, pasou un ano sabático na Universidade de Nova York e exerceu como profesora adxunta durante uns anos despois. Outro ano sabático levouna á Universidade de Stanford en 1977.[8]
Allen converteuse na primeira socia de IBM en 1989. En 2007 IBM creou o Premio Doutor da Camaradería na súa honra e no 2006 obtivo un premio Turing.
A cita do Premio Turing di:
O traballo de Fran Allen tivo un enorme impacto na investigación e práctica do compilador. Tanto soa como en colaboración con John Cocke, introduciu moitas das abstraccións, algoritmos e implementacións que sentaron as bases para a tecnoloxía de optimización automática de programas. O artigo de Allen de 1966, "Optimización do programa", sentou as bases conceptuais para a análise sistemática e a transformación dos programas para as computadoras. Este artigo introduciu o uso de estruturas teóricas gráficas para codificar o contido do programa para derivar relacións de maneira automática e eficiente e identificar oportunidades para a optimización. Os seus artigos de 1970, "Control Flow Analysis" e "A Basis for Program Optimization" estableceron "intervalos" como o contexto para unha análise e optimización de fluxo de datos eficiente e efectivo. O seu artigo de 1971 con Cocke, "Un catálogo de transformacións optimizadas", proporcionou a primeira descrición e sistematización das transformacións optimizadoras. Os seus artigos de 1973 e 1974 sobre análises de fluxo de datos interprocedurales estenderon a análise a programas completos. O seu artigo de 1976 con Cocke describe unha das dúas principais estratexias de análises empregadas na optimización de compiladores de hoxe. Allen desenvolveu e implementou os seus métodos como parte de compiladores para IBM STRETCH-HARVEST e o sistema experimental avanzado de computación. Este traballo estableceu a viabilidade e a estrutura dos optimizadores modernos independentes da máquina e a linguaxe. Logo estableceu e dirixiu o proxecto PTRAN na execución automática paralela dos programas FORTRAN. O seu equipo PTRAN desenvolveu novos esquemas de detección de paralelismo e creou o concepto do gráfico de dependencia do programa, o método de estructuración principal utilizado pola maioría dos compiladores de paralelización.Association for Computing Machinery (ACM), cita de A.M. Premio Turing 2006
Premios e honras
[editar | editar a fonte]Allen é socia do IEEE e a Asociación dos Sistemas Informáticos (ACM). No ano 2000, foi nomeada Socia do Museo Histórico de Computadores, "polas súas contribucións por optimizar a programación e compilar para ordenadores paralelos".[9] Forma parte da Xunta de Telecomunicacións e Informática, a xunta da Asociación da Investigación Informática (CRA en inglés) e o consello consultivo do sector dedicado á Informática e o TIC da Fundación de Ciencia Nacional Estadounidense. É membro da Academia Nacional de Enxeñaría e a Sociedade Filosófica Estadounidense. Foi elixida socia da Academia Estadounidense das Artes e das Ciencias en 1994.[10]
En 1997, Allen foi incorporada ao Salón da Fama das Mulleres na Tecnoloxía.[11] Retirouse de IBM en 2002 e ese ano gañou o Premio Augusta Ada Lovelace da Asociación de Mulleres Informáticas.
En 2007 Allen estivo recoñecida polo seu traballo en informática de alto rendemento cando recibiu o Premio Turing en 2006.[12] Por isto converteuse na primeira muller en gañar o premio de corenta anos de historia, o cal está considerado o equivalente do Premio Nobel para a computación e é outorgado pola Asociación dos Sistemas Informáticos. Foi galardoada cun Doutoramento de Honra en Ciencia na Gala de Inverno da Universidade SUNY de Albania.[13][14][15][16][17] Na entrevista tras obter devandito premio, Allen esperaba que daría máis "oportunidades ás mulleres na ciencia, na informática e na enxeñaría".[18] En 2009 foille outorgado un Doutoramento de Honra en Ciencia da Universidade McGill polas súas "contribucións pioneiras á teoría e práctica de optimizar técnicas de compilación que forxou a base para optimizar compiladores modernos e a execución paralela automática". Na súa conferencia presentada a ACM, Allen describiu o seu traballo.[19]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Allen casou co profesor da Universidade de Nova York Jacob T. Schwartz en 1972.[20] Divorciáronse dez anos despois. Non tivo fillos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Remembering Frances Allen". IBM. 5 de agosto de 2020.
- ↑ IBM Corporation, "IBM Fellow becomes first woman to receive A.
- ↑ Crump, Micheal, "Frances Allen's Computer Tipping", UAB Kaleidoscope magazine, University of Alabama at Birmingham, 21 de setembro de 2009.
- ↑ L., Jr., Guy (1 de xaneiro de 2011). "An Interview with Frances E. Allen" 54 (1): 39–45. ISSN 0001-0782. doi:10.1145/1866739.1866752. Consultado o 8 de agosto de 2016.
- ↑ Lohr, Steve (6 de agosto de 2002)
- ↑ Lasewicz, Paul (5 de abril de 2003)
- ↑ "An interview with Frances E. Allen" 54. 2011: 39. doi:10.1145/1866739.1866752.
- ↑ "Frances Allen interview transcript" (PDF). 5 de abril de 2003. Consultado o 18 de agosto de 2017.
- ↑ "Frances Allen". Computer History Museum. Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2013. Consultado o 23 de maio de 2013.
- ↑ "Book of Members, 1780-2010: Chapter A" (PDF). American Academy of Arts and Sciences. Consultado o 15 de abril de 2011.
- ↑ "WITI Hall of Fame". Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2007. Consultado o 23 de febreiro de 2007.
- ↑ "Turing Award Citation". Association for Computing Machinery. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2009. Consultado o 25 de setembro de 2010.
- ↑ Perelman, Deborah (27 de febreiro de 2007). "Turing Award Anoints First Female Recipient". eWEEK (Ziff Davis Enterprise). Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2020. Consultado o 5 de novembro de 2007.
- ↑ Associated Press (21 de febreiro de 2007).
- ↑ "First Woman to Receive ACM Turing Award". The Association for Computing Machinery. 21 de febreiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2012. Consultado o 5 de novembro de 2007.
- ↑ Lombardi, Candace (26 de febreiro de 2007). "Newsmaker: From math teacher to Turing winner". Consultado o 5 de novembro de 2007.
- ↑ Marianne Kolbasuk McGee (26 de febreiro de 2007, online 24 de febreiro de 2007). "There's Still A Shortage Of Women In Tech, First Female Turing Award Winner Warns". InformationWeek (CMP Media). Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2020. Consultado o 5 de novembro de 2007.
- ↑ Thomas, Jeffrey (16 de marzo de 2007). "Turing Award Winner Sees New Day for Women Scientists, Engineers". Bureau of International Information Programs, U.S. Department of State. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2008. Consultado o 5 de novembro de 2007.
- ↑ Allen, Frances E. 2006 Turing Award Lecture. ACM.
- ↑ Abbate, Janet (2 de agosto de 2001). "Oral-History:Frances "Fran" Allen". New Brunswick, New Jersey. Interview #573 for the IEEE History Center. Consultado o 16 de abril de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Frances E. Allen |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Abecedario de mulleres na Informática
- Frances Allen: 2000 Fellow Awards Recipient vía Computer History Museum
- Fran Allen on Compilers and Parallel Computing Systems Notes from her 2008 Organick Memorial Lecture