Hipótese Gaia
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2020.) |
A hipótese de Gaia foi emitida polo químico James Lovelock en 1969 (aínda que publicada en 1979) sendo apoiada e estendida pola bióloga Lynn Margulis. Esta hipótese postula que a Terra se comportaría, no seu conxunto, talmente coma un ser vivo.
Esta hipótese ten relación coa bioxeografía, ciencia que se ocupa da vida en sentido global, e segundo a que todo ser vivo evoluciona interactuando estreitamente co reino mineral, o que conformaría e modelaría a biosfera terrestre (terra e atmosfera) no seu conxunto, polo que pode ser tomada como unha entidade con vida propia. Este ente é o que chaman Gaia ou a Terra.
Esta concepción, segundo o mitólogo Joseph Campbell podería converterse nun futuro nun novo mito que concerniría xa non a un pobo ou unha localidade, senón a todo o planeta, incluíndo tódolos seres que nel viven. Este novo mito indicaría como entrar en relación coa natureza e o cosmos, e a sociedade que forma parte del sería unha sociedade global, planetaria.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hipótese Gaia ![]() |