James Norris Memorial Trophy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O James Norris Memorial Trophy.

O James Norris Memorial Trophy é un trofeo entregado anualmente pola National Hockey League (NHL) ao mellor "defensa que demostrou ao longo da tempada a maior capacidade integral na posición".[1] O James Norris Memorial Trophy foi entregado 60 veces a 25 xogadores distintos dende a súa introdución en 1954. Ao final de cada tempada, membros da Professional Hockey Writers' Association votan para elixir ao xogador que foi o mellor defensor durante a liga regular.

Historia[editar | editar a fonte]

O trofeo recibe o nome en honor a James E. Norris, propietaro dos Detroit Red Wings da National Hockey League dende 1932 ata 1952.[1] O trofeo foi entregado por primeira vez á conclusión da tempada 1953-54.

Bobby Orr, dos Boston Bruins, gañou o premio cun récord de oito veces consecutivas entre 1968 e 1975. Doug Harvey e Nicklas Lidström gañaron o trofeo sete veces, mentres que Ray Bourque o conseguiu en cinco ocasións. Os xogadores dos Boston Bruins son os que máis xogadores gañaron o Norris Trophy cun total de 14 veces; os xogadores dos Montreal Canadiens son os segundos máis laureados co Norris Trophy, cun total de 12.[2]

Tan só dous xogadores gañaron o Norris Trophy e o Hart Memorial Trophy (entregado ao MVP da liga) na mesma tempada: Bobby Orr, que gañou os dous trofeos nas tempadas 1969–70, 1970–71 e 1971–72, e Chris Pronger, que gañou o Hart e o Norris na tempada 1999–00.[3]

Seis defensas diferentes gañaron o Hart Trophy antes da introdución do Norris Trophy: Herb Gardiner, Eddie Shore (catro veces), Albert "Babe" Siebert, Ebbie Goodfellow, Tommy Anderson e Babe Pratt.[4]

A votación realízase ao final da liga regular por membros da Professional Hockey Writers Association, e cada votante clasifica aos seus cinco candidatos segundo un sistema de 10–7–5–3–1 puntos.[5] Noméanse tres finalistas e o trofeo é entregado na cerimonia de entrega de trofeos da NHL logo da finalización dos play-offs.

Gañadores[editar | editar a fonte]

Bobby Orr, gañador en oito ocasións.
Nicklas Lidstrom posúe sete galardóns.
Ray Bourque gañou o título en cinco ocasións.
Brian Leetch, gañador en dúas ocasións.
Chris Pronger, posúe un James Norris Memorial Trophy.
Zdeno Chára, gañador nunha ocasión.

     Xogador aínda en activo.      Xogador introducido no Hockey Hall of Fame      Xogador elixible non introducido no Hockey Hall of Fame

Tempada Gañador Equipo Galardóns
1953–54 Canadá Red Kelly Detroit Red Wings 1
1954–55 Canadá Doug Harvey Montreal Canadiens 1
1955–56 Canadá Doug Harvey Montreal Canadiens 2
1956–57 Canadá Doug Harvey Montreal Canadiens 3
1957–58 Canadá Doug Harvey Montreal Canadiens 4
1958–59 Canadá Tom Johnson Montreal Canadiens 1
1959–60 Canadá Doug Harvey Montreal Canadiens 5
1960–61 Canadá Doug Harvey Montreal Canadiens 6
1961–62 Canadá Doug Harvey New York Rangers 7
1962–63 Canadá Pierre Pilote Chicago Black Hawks 1
1963–64 Canadá Pierre Pilote Chicago Black Hawks 2
1964–65 Flag of Canada.svg Pierre Pilote Chicago Black Hawks 3
1965–66 Flag of Canada.svg Jacques Laperrière Montreal Canadiens 1
1966–67 Flag of Canada.svg Harry Howell New York Rangers 1
1967–68 Flag of Canada.svg Bobby Orr Boston Bruins 1
1968–69 Flag of Canada.svg Bobby Orr Boston Bruins 2
1969–70 Flag of Canada.svg Bobby Orr Boston Bruins 3
1970–71 Flag of Canada.svg Bobby Orr Boston Bruins 4
1971–72 Flag of Canada.svg Bobby Orr Boston Bruins 5
1972–73 Flag of Canada.svg Bobby Orr Boston Bruins 6
1973–74 Flag of Canada.svg Bobby Orr Boston Bruins 7
1974–75 Flag of Canada.svg Bobby Orr Boston Bruins 8
1975–76 Flag of Canada.svg Denis Potvin New York Islanders 1
1976–77 Flag of Canada.svg Larry Robinson Montreal Canadiens 1
1977–78 Flag of Canada.svg Denis Potvin New York Islanders 2
1978–79 Flag of Canada.svg Denis Potvin New York Islanders 3
1979–80 Flag of Canada.svg Larry Robinson Montreal Canadiens 2
1980–81 Flag of Canada.svg Randy Carlyle Pittsburgh Penguins 1
1981–82 Flag of Canada.svg Doug Wilson Chicago Black Hawks 1
1982–83 Flag of the United States.svg Rod Langway Washington Capitals 1
1983–84 Flag of the United States.svg Rod Langway Washington Capitals 2
1984–85 Flag of Canada.svg Paul Coffey Edmonton Oilers 1
1985–86 Flag of Canada.svg Paul Coffey Edmonton Oilers 2
1986–87 Flag of Canada.svg Ray Bourque Boston Bruins 1
1987–88 Flag of Canada.svg Ray Bourque Boston Bruins 2
1988–89 Flag of the United States.svg Chris Chelios Montreal Canadiens 1
1989–90 Flag of Canada.svg Ray Bourque Boston Bruins 3
1990–91 Flag of Canada.svg Ray Bourque Boston Bruins 4
1991–92 Flag of the United States.svg Brian Leetch New York Rangers 1
1992–93 Flag of the United States.svg Chris Chelios Chicago Blackhawks 2
1993–94 Flag of Canada.svg Ray Bourque Boston Bruins 5
1994–95 Flag of Canada.svg Paul Coffey Detroit Red Wings 3
1995–96 Flag of the United States.svg Chris Chelios Chicago Blackhawks 3
1996–97 Flag of the United States.svg Brian Leetch New York Rangers 2
1997–98 Flag of Canada.svg Rob Blake Los Angeles Kings 1
1998–99 Flag of Canada.svg Al MacInnis St. Louis Blues 1
1999–2000 Flag of Canada.svg Chris Pronger St. Louis Blues 1
2000–01 Flag of Sweden.svg Nicklas Lidström Detroit Red Wings 1
2001–02 Flag of Sweden.svg Nicklas Lidström Detroit Red Wings 2
2002–03 Flag of Sweden.svg Nicklas Lidström Detroit Red Wings 3
2003–04 Flag of Canada.svg Scott Niedermayer New Jersey Devils 1
2004–05 Non houbo gañador a causa do lockout.
2005–06 Flag of Sweden.svg Nicklas Lidström Detroit Red Wings 4
2006–07 Flag of Sweden.svg Nicklas Lidström Detroit Red Wings 5
2007–08 Flag of Sweden.svg Nicklas Lidström Detroit Red Wings 6
2008–09 Eslovaquia Zdeno Chára Boston Bruins 1
2009–10 Flag of Canada.svg Duncan Keith Chicago Blackhawks 1
2010–11 Flag of Sweden.svg Nicklas Lidström Detroit Red Wings 7
2011–12 Flag of Sweden.svg Erik Karlsson Ottawa Senators 1
2012–13 Flag of Canada.svg P. K. Subban Montreal Canadiens 1
2013–14 Flag of Canada.svg Duncan Keith Chicago Blackhawks 2

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 NHL.com (ed.). "James Norris Memorial Trophy history" (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2015. 
  2. canadianencyclopedia.com (ed.). "James Norris Memorial Trophy history" (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2015. 
  3. NHL.com (ed.). "Blues trade Chris Pronger to Edmonton for three players including Brewer" (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2015. 
  4. NHL.com (ed.). "Hart Memorial Trophy history" (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2015. 
  5. Dolezar, Jon (20 de abril de 2003). SI.com, ed. "Foppa shows the most Hart" (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]