Roger Crozier Saving Grace Award
O Roger Crozier Saving Grace Award,[1] oficialmente denominado por motivos de patrocinio MBNA/MasterCard Roger Crozier Saving Grace Award,[2] foi un trofeo de hóckey sobre xeo outorgado anualmente pola National Hockey League (NHL) ao porteiro que finalizou a liga regular coa mellor porcentaxe de paradas.[3] Só os porteiros que xogaron 25 partidos ou máis na tempada eran elixibles para o trofeo.[1] A porcentaxe de paradas dun porteiro representa a porcentaxe de tiros a porta que para, e calcúlase dividindo o número de goles polo número total de tiros a porta.[4]
O premio foi entregado por primeira vez ao final da tempada 1999-00,[3] e recibiu o seu nome en honor ao antigo porteiro dos Detroit Red Wings, Buffalo Sabres e Washington Capitals Roger Crozier, un gañador dos trofeos Calder e Conn Smythe Trophy que xogou na NHL entre 1964 e 1977.[5] Foi presentado pola empresa MBNA en memoria de Crozier, que traballou para o MBNA America Bank despois da súa retirada como xogador, e morreu o 11 de xaneiro de 1996.[1] O gañador do trofeo recibía un trofeo conmemorativo de cristal e recibía a cantidade de 25.000 dólares para doar a hóckey xuvenil ou a outros programas educativos da súa elección.[1]
A partir de 2007, despois da cal deixou de ser entregado, o premio foi entregado a seis xogadores diferentes en sete ocasións. Marty Turco é o único porteiro que gañou dúas veces o trofeo. Os Dallas Stars gañaron o trofeo tres veces, mentres que os Montreal Canadiens e os Minnesota Wild o gañaron en dúas ocasións. O premio non foi entregado en 2005, xa que a tempada 2004-05 foi suspendida a causa do Lockout da NHL 2004–05.[6]
Gañadores
[editar | editar a fonte]
Xogador aínda en activo na NHL. Xogador introducido no Hockey Hall of Fame.
| Tempada | Xogador | Equipo | % paradas | Nº vitorias | Ref. |
|---|---|---|---|---|---|
| 1999-00 | Dallas Stars | 91,9 | 1 | [7] | |
| 2000-01 | Dallas Stars | 92,5 | 1 | [8] | |
| 2001-02 | Montreal Canadiens | 93,1 | 1 | [9] | |
| 2002-03 | Dallas Stars | 93,2 | 2 | [8] | |
| 2003-04 | Minnesota Wild | 93,3 | 1 | [10] | |
| 2004-05 | Non foi outorgado a causa do lockout | ||||
| 2005-06 | Montreal Canadiens | 92,9 | 1 | [11] | |
| 2006-07 | Minnesota Wild | 92,9 | 1 | [12] | |
Líderes en porcentaxe de paradas (1982–1999)
[editar | editar a fonte]Antes do 2000, non había ningún premio para os líderes da liga en porcentaxe de paradas. A NHL comezou a contar este dato estatístico en 1982,[13] e esta lista enumera a todos os líderes dende que se comezou a contar a porcentaxe de paradas ata a introdución do trofeo.
| Tempada | Xogador | Equipo | % paradas | Nº vitorias |
|---|---|---|---|---|
| 1982-83 | New York Islanders | 91,0 | 1 | |
| 1983-84 | New York Islanders | 90,3 | 2 | |
| 1984-85 | Chicago Black Hawks | 90,3 | 1 | |
| 1985-86 | Philadelphia Flyers | 90,9 | 1 | |
| 1986-87 | Philadelphia Flyers | 90,2 | 1 | |
| 1987-88 | Montreal Canadiens | 90,0 | 1 | |
| 1988-89 | Montreal Canadiens | 90,8 | 2 | |
| 1989-90 | Montreal Canadiens | 91,2 | 3 | |
| 1990-91 | Chicago Blackhawks | 91,0 | 1 | |
| 1991-92 | Montreal Canadiens | 91,4 | 4 | |
| 1992-93 | St. Louis Blues | 91,1 | 1 | |
| 1993-94 | Buffalo Sabres | 93,0 | 1 | |
| 1994-95[nota 1] | Buffalo Sabres | 93,0 | 2 | |
| 1995-96 | Buffalo Sabres | 92,0 | 3 | |
| 1996-97 | Buffalo Sabres | 93,0 | 4 | |
| 1997-98 | Buffalo Sabres | 93,2 | 5 | |
| 1998-99 | Buffalo Sabres | 93,7 | 6 |
Líderes en porcentaxe de paradas (2007–presente)
[editar | editar a fonte]| Tempada | Xogador | Equipo | % paradas | Nº vitorias |
|---|---|---|---|---|
| 2007-08 | Nashville Predators | 92,4 | 1 | |
| 2008-09 | Boston Bruins | 93,3 | 1 | |
| 2009-10 | Boston Bruins | 93,1 | 1 | |
| 2010-11 | Boston Bruins | 93,8 | 2 | |
| 2011-12 | St. Louis Blues | 94,0 | 1 | |
| 2012-13[nota 2] | Ottawa Senators | 94,1 | 1 | |
| 2013-14 | Minnesota Wild | 93,3 | 1 | |
| 2014-15 | Montreal Canadiens | 93,3 | 1 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tempada acurtada polo lockout de 1994–95.
- ↑ Tempada acurtada polo lockout de 2012-13.
- ↑ Craig Anderson só xogou 24 partidos na tempada 2012-13, con todo, debido ao lockout o número de partidos necesario foi reducido de 25 a 14.
- Referencias
- 1 2 3 4 National Hockey League, ed. (9 de stembro de 2006). "Canadiens' Cristobal Huet to receive MBNA Roger Crozier Saving Grace Award" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22/09/2006. Consultado o 9 de xuño de 2015.
- ↑ Muir, Allan (31 de maio de 2006). Sports Illustrated, ed. "In a class of his own" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2012. Consultado o 09 de xuño de 2015.
- 1 2 Heika, Mike (19 de marzo de 2000). The Providence Journal, ed. "Around the NHL – Tight-with-a-buck Bruins soured company man Bourque" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2012. Consultado o 09 de xuño de 2015.
- ↑ Brehm, Mike (2 de abril de 2003). USA Today, ed. "Answers: Decoding the stats page" (en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2015.
- ↑ Fischler, Stan; Fischler, Shirley (2003). Andrews McMeel Publishing, ed. Who's Who in Hockey (en inglés). p. 88. ISBN 0-7407-1904-1.
- ↑ Caldwell, Dave (14 de xullo de 2005). The New York Times, ed. "N.H.L. and Players Reach Agreement" (en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2015.
- ↑ The Sports Network (ed.). "Ed Belfour" (en inglés). Archived from the original on 31 de agosto de 2014. Consultado o 9 de xuño de 2015.
- 1 2 The Sports Network (ed.). "Marty Turco" (en inglés). Archived from the original on 31 de agosto de 2014. Consultado o 9 de xuño de 2015.
- ↑ The Sports Network (ed.). "Jose Theodore" (en inglés). Archived from the original on 01 de setembro de 2014. Consultado o 9 de xuño de 2015.
- ↑ The Sports Network (ed.). "Dwayne Roloson" (en inglés). Archived from the original on 14 de maio de 2012. Consultado o 9 de xuño de 2015.
- ↑ The Sports Network (ed.). "Cristobel Huet" (en inglés). Archived from the original on 31 de agosto de 2014. Consultado o 9 de xuño de 2015.
- ↑ The Sports Network (ed.). "Niklas Bäckström" (en inglés). Archived from the original on 16 de marzo de 2012. Consultado o 9 de xuño de 2015.
- ↑ Klein, Jeff Z.; Serviss, Lew (13 de abril de 2008). The New York Times, ed. "Leetch Weighs Changes to Defenseman’s Game" (en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
