Hart Memorial Trophy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Hart Memorial Trophy.

O Hart Memorial Trophy, orixinalmente coñecido como o Hart Trophy, é outorgado anualmente ao xogador xulgago como o máis valioso para o seu equipo na National Hockey League (NHL). O trofeo foi outorgado 90 veces a 54 xogadores diferentes desde os seus comezos en 1924. Cada ano, membros da Professional Hockey Writers' Association votan para determinar ao xogador que foi máis valioso para o seu equipo durante a liga regular.

Historia[editar | editar a fonte]

Elmer Lach co trofeo orixinal en 1945.

O Hart Memorial Trophy é nomeado en honra do Canadian Dr. David Hart. Dr. Hart, quen doou o trofeo orixinal á NHL, era o pai de Cecil Hart, un antigo adestrador e General Manager dos Montreal Canadiens. O trofeo foi entregado por primeira á conclusión da tempada 1923–24 a a Frank Nighbor dos Ottawa Senators. O Hart Trophy orixinal foi retirado ao Hockey Hall of Fame en 1960, e a NHL empezou a presentar un trofeo novo, que foi bautizado comoo Hart Memorial Trofeo no seu lugar.[1] Coas excepcións de Tommy Anderson, Al Rollins e Eric Lindros, cada xogador elixible que gañou o Hart Trophy foi introducido no Hall of Fame.

Wayne Gretzky gañou o premio un total de nove veces durante a súa carreira, oito consecutivos. Foi nomeado MVP máis veces que ningún outro xogador na historia das outras tres ligas profesionais norteamericanas importantes (Major League Baseball (MLB), National Basketball Association, e National Football League). Barry Bonds é o segundo, tendo gañado o trofeo ao MVP sete veces na MLB.  Gretzky e o seu compañeiro de equipo nos Edmonton Oilers Mark Messier son os únicos xogadores que gañaron o Hart Trophy con máis dun equipo.[2] Xogadores dos Montreal Canadiens gañaron o premio dezaseis veces; os xogadores dos Boston Bruins son os segundos con doce gañadores, mentres que os xogadores dos Detroit Red Wings e os Edmonton Oilers gañaron o premio nove veces. Joe Thornton converteuse no único gañador do Hart Trophy que ten cambiado de equipo durante a tempada na que gañou o trofeo (fíxoo na tempada 2005-06, tendo xogado nos Bruins e os San Jose Sharks ese ano).  O defensa que máis veces gañou o trofeo é Eddie Shore, con catro. Por contraste, é raro para un porteiro gañar o premio, o cal sucedeu só sete veces na historia; o porteiro dos Buffalo Sabres Dominik Hašek é o único gañador de dous trofeos.

A votación ten lugar ao finalizar a liga regular, e nela participan membros da Professional Hockey Writers' Association (en galego Asociación dos Escritores de Hóckey Profesionais), e cada votante califica aos seus cinco primeiros candidatos mediante un sistema de 10-7-5-3-1 puntos.[3] Logo son nomeados tres finalistas e o trofeo é outorgado na cerimonia de Premios da NHL logo dos play-offs. A votación máis axustada para outorgar o Hart Trophy tivo lugar na tempada 2001-02, cando José Théodore e Jarome Iginla empataron no total de votos. O desempate para escoller ao gañador do Hart Trophy mediante o número de votos en primeiro lugar. Théodore gañouno conseguindo 86 primeiros votos por 82 de Iginla.[4]

En 2008, a tenda online oficial da NHL foi criticada despois de que colocaran un anuncio  veu baixo crítica despois de que colocaron un anuncio da camiseta de Alexander Ovechkin como o gañador do premio unha semana antes de que o resultado fora revelado. Un portavoz da liga dixo "nun esforzo para ofrecer aos nosos seguidores o merchandise queren no momento oportuno que segue a un acontecemento como os Premios da NHL, os nosos licenciatarios prepara o produto para todos os resultados posibles. Nesta situación, a ligazón para un dos produtos posibles converteuse en viva cedo por un erro polo noso provedor de comercio electrónico."[5] Ovechkin foi máis tarde confirmado como gañador.

Gañadores[editar | editar a fonte]

Nels Stewart, gañador do trofeo en dúas ocasións.
Wayne Gretzky, gañador en nove ocasións.
Mario Lemieux, gañador de tres trofeos.
Sergei Fedorov foi o primeiro xogador europeo que gañou o trofeo. Gañouno en dúas ocasións.
Dominik Hašek gañou o premio dúas veces.
Chris Pronger, gañador na tempada 1999-2000.
Joe Sakic, gañador en 2001.
O dúas veces galardoado Sidney Crosby.
Lenda
C Centro
LW Á esqueda
D Defensa
RW Á dereita
G Porteiro

     Xogadores que aínda están en activo na NHL.      Xogadores elixibles aínda non introducidos no Hockey Hall of Fame      Xogadores inactivos aínda non elixibles para o Hockey Hall of Fame

Tempada Gañador Equipo Posición Trofeos
1923–24 Canadá Nighbor, FrankFrank Nighbor Ottawa Senators C 1
1924–25 Flag of the United States.svg Burch, BillyBilly Burch Hamilton Tigers C 1
1925–26 Canadá Stewart, NelsNels Stewart Montreal Maroons C 1
1926–27 Canadá Gardiner, HerbHerb Gardiner Montreal Canadiens D 1
1927–28 Canadá Morenz, HowieHowie Morenz Montreal Canadiens C 1
1928–29 Canadá Worters, RoyRoy Worters New York Americans G 1
1929–30 Canadá Stewart, NelsNels Stewart Montreal Maroons C 2
1930–31 Canadá Morenz, HowieHowie Morenz Montreal Canadiens C 2
1931–32 Canadá Morenz, HowieHowie Morenz Montreal Canadiens C 3
1932–33 Canadá Shore, EddieEddie Shore Boston Bruins D 1
1933–34 Canadá Aurèle Joliat Montreal Canadiens LW 1
1934–35 Canadá Shore, EddieEddie Shore Boston Bruins D 2
1935–36 Canadá Shore, EddieEddie Shore Boston Bruins D 3
1936–37 Canadá Siebert, BabeBabe Siebert Montreal Canadiens D 1
1937–38 Canadá Shore, EddieEddie Shore Boston Bruins D 4
1938–39 Canadá Blake, ToeToe Blake Montreal Canadiens LW 1
1939–40 Canadá Goodfellow, EbbieEbbie Goodfellow Detroit Red Wings D 1
1940–41 Canadá Cowley, BillBill Cowley Boston Bruins C 1
1941–42 Flag of the United Kingdom.svg Anderson, TommyTommy Anderson Brooklyn Americans D 1
1942–43 Canadá Cowley, BillBill Cowley Boston Bruins C 2
1943–44 Canadá Pratt, BabeBabe Pratt Toronto Maple Leafs D 1
1944–45 Canadá Lach, ElmerElmer Lach Montreal Canadiens C 1
1945–46 Canadá Bentley, MaxMax Bentley Chicago Black Hawks C 1
1946–47 Canadá Richard, MauriceMaurice Richard Montreal Canadiens RW 1
1947–48 Canadá O'Connor, BuddyBuddy O'Connor New York Rangers C 1
1948–49 Canadá Abel, SidSid Abel Detroit Red Wings C 1
1949–50 Canadá Rayner, ChuckChuck Rayner New York Rangers G 1
1950–51 Canadá Schmidt, MiltMilt Schmidt Boston Bruins C 1
1951–52 Canadá Howe, GordieGordie Howe Detroit Red Wings RW 1
1952–53 Canadá Howe, GordieGordie Howe Detroit Red Wings RW 2
1953–54 Canadá Rollins, AlAl Rollins Chicago Black Hawks G 1
1954–55 Canadá Kennedy, TedTed Kennedy Toronto Maple Leafs C 1
1955–56 Canadá Beliveau, JeanJean Beliveau Montreal Canadiens C 1
1956–57 Canadá Howe, GordieGordie Howe Detroit Red Wings RW 3
1957–58 Canadá Howe, GordieGordie Howe Detroit Red Wings RW 4
1958–59 Canadá Bathgate, AndyAndy Bathgate New York Rangers RW 1
1959–60 Canadá Howe, GordieGordie Howe Detroit Red Wings RW 5
1960–61 Canadá Geoffrion, BernieBernie Geoffrion Montreal Canadiens RW 1
1961–62 Canadá Plante, JacquesJacques Plante Montreal Canadiens G 1
1962–63 Canadá Howe, GordieGordie Howe Detroit Red Wings RW 6
1963–64 Canadá Beliveau, JeanJean Beliveau Montreal Canadiens C 2
1964–65 Flag of Canada.svg Hull, BobbyBobby Hull Chicago Black Hawks LW 1
1965–66 Flag of Canada.svg Hull, BobbyBobby Hull Chicago Black Hawks LW 2
1966–67 ChecoslovaquiaFlag of Canada.svg Mikita, StanStan Mikita Chicago Black Hawks C 1
1967–68 ChecoslovaquiaFlag of Canada.svg Mikita, StanStan Mikita Chicago Black Hawks C 2
1968–69 Flag of Canada.svg Esposito, PhilPhil Esposito Boston Bruins C 1
1969–70 Flag of Canada.svg Orr, BobbyBobby Orr Boston Bruins D 1
1970–71 Flag of Canada.svg Orr, BobbyBobby Orr Boston Bruins D 2
1971–72 Flag of Canada.svg Orr, BobbyBobby Orr Boston Bruins D 3
1972–73 Flag of Canada.svg Clarke, BobbyBobby Clarke Philadelphia Flyers C 1
1973–74 Flag of Canada.svg Esposito, PhilPhil Esposito Boston Bruins C 2
1974–75 Flag of Canada.svg Clarke, BobbyBobby Clarke Philadelphia Flyers C 2
1975–76 Flag of Canada.svg Clarke, BobbyBobby Clarke Philadelphia Flyers C 3
1976–77 Flag of Canada.svg Lafleur, GuyGuy Lafleur Montreal Canadiens RW 1
1977–78 Flag of Canada.svg Lafleur, GuyGuy Lafleur Montreal Canadiens RW 2
1978–79 Flag of Canada.svg Trottier, BryanBryan Trottier New York Islanders C 1
1979–80 Flag of Canada.svg Gretzky, WayneWayne Gretzky Edmonton Oilers C 1
1980–81 Flag of Canada.svg Gretzky, WayneWayne Gretzky Edmonton Oilers C 2
1981–82 Flag of Canada.svg Gretzky, WayneWayne Gretzky Edmonton Oilers C 3
1982–83 Flag of Canada.svg Gretzky, WayneWayne Gretzky Edmonton Oilers C 4
1983–84 Flag of Canada.svg Gretzky, WayneWayne Gretzky Edmonton Oilers C 5
1984–85 Flag of Canada.svg Gretzky, WayneWayne Gretzky Edmonton Oilers C 6
1985–86 Flag of Canada.svg Gretzky, WayneWayne Gretzky Edmonton Oilers C 7
1986–87 Flag of Canada.svg Gretzky, WayneWayne Gretzky Edmonton Oilers C 8
1987–88 Flag of Canada.svg Lemieux, MarioMario Lemieux Pittsburgh Penguins C 1
1988–89 Flag of Canada.svg Gretzky, WayneWayne Gretzky Los Angeles Kings C 9
1989–90 Flag of Canada.svg Messier, MarkMark Messier Edmonton Oilers C 1
1990–91 Flag of Canada.svgFlag of the United States.svg Hull, BrettBrett Hull St. Louis Blues RW 1
1991–92 Flag of Canada.svg Messier, MarkMark Messier New York Rangers C 2
1992–93 Flag of Canada.svg Lemieux, MarioMario Lemieux Pittsburgh Penguins C 2
1993–94 Flag of Russia.svg Fedorov, SergeiSergei Fedorov Detroit Red Wings C 1
1994–95 Flag of Canada.svg Lindros, EricEric Lindros Philadelphia Flyers C 1
1995–96 Flag of Canada.svg Lemieux, MarioMario Lemieux Pittsburgh Penguins C 3
1996–97 República Checa Dominik Hašek Buffalo Sabres G 1
1997–98 República Checa Dominik Hašek Buffalo Sabres G 2
1998–99 República Checa Jaromír Jágr Pittsburgh Penguins RW 1
1999–2000 Flag of Canada.svg Pronger, ChrisChris Pronger St. Louis Blues D 1
2000–01 Flag of Canada.svg Sakic, JoeJoe Sakic Colorado Avalanche C 1
2001–02 Flag of Canada.svg José Théodore Montreal Canadiens G 1
2002–03 Flag of Sweden.svg Forsberg, PeterPeter Forsberg Colorado Avalanche C 1
2003–04 Flag of Canada.svg St. Louis, MartinMartin St. Louis Tampa Bay Lightning RW 1
2004–05[nota 1]
2005–06 Flag of Canada.svg Thornton, JoeJoe Thornton Boston Bruins/San Jose Sharks C 1
2006–07 Flag of Canada.svg Crosby, SidneySidney Crosby Pittsburgh Penguins C 1
2007–08 Flag of Russia.svg Ovechkin, AlexanderAlexander Ovechkin Washington Capitals LW 1
2008–09 Flag of Russia.svg Ovechkin, AlexanderAlexander Ovechkin Washington Capitals LW 2
2009–10 Flag of Sweden.svg Sedin, HenrikHenrik Sedin Vancouver Canucks C 1
2010–11 Flag of Canada.svg Perry, CoreyCorey Perry Anaheim Ducks RW 1
2011–12 Flag of Russia.svg Malkin, EvgeniEvgeni Malkin Pittsburgh Penguins C 1
2012–13 Flag of Russia.svg Ovechkin, AlexanderAlexander Ovechkin Washington Capitals RW 3
2013–14 Flag of Canada.svg Crosby, SidneySidney Crosby Pittsburgh Penguins C 2
2014–15 Flag of Canada.svg Price, CareyCarey Price Montreal Canadiens G 1

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O trofeo non foi entregado na tempada 2004-2005 a causa do lockout.
Referencias
  1. Hollander & Bock 1970, p. 311.
  2. National Hockey League (ed.). "99 Reasons Why Wayne Gretzky is "The Great One"" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2015. 
  3. Dolezar, Jon (20 de abril de 2003). Sports Illustrated, ed. "Foppa shows the most Hart" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2015. 
  4. National Hockey League (ed.). "2014 NHL Awards. Hart Memorial Trophy" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2015. 
  5. The Sports Network, ed. (6 de xuño de 2008). "Did NHL Shop Reveal Ovechkin as Hart Winner?" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hollander, Zander; Bock, Hal (1970). Prentice-Hall Inc., ed. The Complete Encyclopedia of Ice Hockey (en inglés). ISBN 0-13-159905-4. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]