Maurice "Rocket" Richard Trophy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Maurice "Rocket" Richard Trophy.

O Maurice "Rocket" Richard Trophy, tamén coñedico como Maurice Richard Trophy,[1] é entregado anualmente ao máximo goleador da National Hockey League (NHL). Foi donado á NHL polos Montreal Canadiens na tempada 1998-99 e recibe o seu nome en honor do lendario á dereito dos Canadiens Maurice "Rocket" Richard e foi gañado por primeira vez por Teemu Selänne. O actual gañador é Alexander Ovechkin, dos Washington Capitals, que anotou 53 goles durante a tempada 2014–15.

Historia[editar | editar a fonte]

O Maurice "Rocket" Richard Trophy foi doado polos Montreal Canadiens á NHL en 1999, e foi entregado por primeira vez ao finalizar a tempada 1998-99. É un dos trofeos da NHL máis novos e recibe o seu nome en honor do lendario á dereito Maurice "Rocket" Richard, que pasou os 18 anos da súa carreira nos Canadiens. Richard liderou a táboa de goleadores en cinco ocasións e foi o primeiro xogador da NHL en superar a barreira dos 500 goles. Na tempada 1944–45, Richard converteuse tamén no primeiro xogador na historia da NHL en marcar 50 goles nunha tempada, facelo en só 50 partidos, o último rexistro foi conseguido só por un puñado de xogadores dende aquela. Con todo, o título ao máximo goleador eludiu a Richard, e o título máis próximo que conseguiu foi na tempada 1954-55.[2]

Aínda que o xogador ao cal se entrega o Art Ross Trophy ao máximo puntuador adoita gañar o Hart Memorial Trophy ao xogador máis valioso, só Alexander Ovechkin e Corey Perry gañaron o Richard e o Hart na mesma tempada; Ovechkin o fixo en tres ocasións, na tempada 2007-08, tempada 2008-09 e tempada 2012-13. Once xogadores gañaron o Hart Trophy na mesma tempada na que lideraron a liga en goles antes de que se entregara o Richard Trophy por primeira vez.[3]

Ao contrario do que ocorre no Art Ross Trophy, no Richard Trophy non hai criterios de desempate. Isto fai que sexa posible que varios xogadores gañen o trofeo, como cando na tempada 2003-04 houbo un triplo empate entre Jarome Iginla, Ilya Kovalchuk e Rick Nash. A segunda vez que se produdiu un empate neste trofeo foi na tempada 2009-10, canto Sidney Crosby e Steven Stamkos anotaron 51 goles para gañar o premio. Rick Nash é o xogador máis novo que gañou o trofeo, contando con 19 anos despois de recibilo. Alexander Ovechkin é o único xogador que gañou o trofeo canto menos en tres ocasións.

Gañadores[editar | editar a fonte]

Teemu Selänne foi o primeiro xogador en recibir o Maurice "Rocket" Richard Trophy.
Alexander Ovechkin, posúe cinco trofeos.

     Xogador aínda en activo na NHL.

Tempada Gañador Equipo Goles Partidos Nº vitorias[nota 1]
1998-99 Finlandia Teemu Selänne Mighty Ducks of Anaheim 47 75 1 (3)
1999-00 Flag of Russia.svg Pavel Bure Florida Panthers 58 74 1 (2)
2000-01 Flag of Russia.svg Pavel Bure Florida Panthers 59 82 2 (3)
2001-02 Flag of Canada.svg Jarome Iginla Calgary Flames 52 82 1
2002-03 República Checa Milan Hejduk Colorado Avalanche 50 82 1
2003-04 Flag of Canada.svg Rick Nash Columbus Blue Jackets 41 80 1
Flag of Russia.svg Ilya Kovalchuk Atlanta Thrashers 41 81 1
Flag of Canada.svg Jarome Iginla Calgary Flames 41 81 2
2004-05 Non houbo gañador a causa do lockout.
2005-06 Flag of Canada.svg Jonathan Cheechoo San Jose Sharks 56 82 1
2006-07 Flag of Canada.svg Vincent Lecavalier Tampa Bay Lightning 52 82 1
2007-08 Flag of Russia.svg Alexander Ovechkin Washington Capitals 65 82 1
2008-09 Flag of Russia.svg Alexander Ovechkin Washington Capitals 56 79 2
2009-10 Flag of Canada.svg Sidney Crosby Pittsburgh Penguins 51 81 1
Flag of Canada.svg Steven Stamkos Tampa Bay Lightning 51 82 1
2010-11 Flag of Canada.svg Corey Perry Anaheim Ducks 50 82 1
2011-12 Flag of Canada.svg Steven Stamkos Tampa Bay Lightning 60 82 2
2012-13[nota 2] Flag of Russia.svg Alexander Ovechkin Washington Capitals 32 48 3
2013-14 Flag of Russia.svg Alexander Ovechkin Washington Capitals 51 78 4
2014-15 Flag of Russia.svg Alexander Ovechkin Washington Capitals 53 81 5

Notas[editar | editar a fonte]

  1. As vitorias inclúen as veces que o xogador liderou a liga en goles antes da introdución do trofeo, entre parénteses.
  2. A liga foi máis curta a causa do lockout.
Referencias
  1. NHL.com (ed.). "Maurice "Rocket" Richard Trophy history" (en inglés). Consultado o 9 de xullo de 2015. 
  2. "Maurice "Rocket" Richard Trophy history" (en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2015. 
  3. NHL.com (ed.). "Hart Memorial Trophy history" (en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]