Saltar ao contido

Conferencia Oeste (NHL)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Conferencia Oeste (en inglés Western Conference, e en francés Conférence de l'Ouest) é unha das dúas conferencias nas que se dividen os equipos da National Hockey League (NHL). A Conferencia Oeste foi creada en 1974 baixo o nome de Conferencia Clarence Campbell, e dende o realiñamento de 2013 está formada por 15 equipos agrupados en dúas divisións: a Pacific Division e a Central Division. O campión da conferencia recibe o Clarence S. Campbell Bowl.

Orixes: West Division (1967-74)

[editar | editar a fonte]

En 1967, despois de 24 anos con seis equipos na liga, a NHL decidiu aumentar o número de equipos a doce. Todos os novos equipos quedarían na West Division, e os play-offs separados garantían que sempre un dos equipos, que gañaría o Clarence S. Campbell Bowl, xogaría a final da liga contra un dos "Original Six" que quedaron na East Division. Porén, tres derrotas seguidas dos St. Louis Blues fixeron á liga mudar na tempada 1970-71 para que as semifinais foran cruces entre equipos do Leste e do Oeste. No mesmo ano, a adición de dous novos equipos na liga fixo que un dos orixinais, os Chicago Black Hawks, mudásense ao Oeste. Finalmente, na Tempada 1972-73 da NHL o Atlanta Flames uniuse á liga.

Equipos

Conferencia Campbell (1974-93)

[editar | editar a fonte]

Na tempada 1974-75, tívose en conta a xeografía norteamericana para un realiñamento dos equipos. O Oeste pasaría a denominarse Conferencia Campbell, en homenaxe ao presidente da NHL responsable polo aliñamento, Clarence S. Campbell. A conferencia tería dúas divisións, Patrick (en homenaxe a Lester Patrick, adestrador dúas veces campión cos New York Rangers) e Smythe (en homenaxe a Conn Smythe, expropietario dos Toronto Maple Leafs). Orixinalmente, todos os equipos reorganizáronse nos playoffs segundo o rendemento da tempada regular (con excepción dos catro gañadores da división, que se converteron en cabezas de chave).

1974-1981

[editar | editar a fonte]
Patrick

1981–1993

[editar | editar a fonte]

En 1981 realizouse un novo realiñamento xeográfico, tentando reducir os gastos en desprazamentos, facendo que cada conferencia xogara entre si, co Clarence S. Campbell Bowl sendo entregado ao campión da conferencia homónima. As divisións do oeste pasaron a ser Smythe e Norris (coa Patrick pasando para á outra conferencia).

Smythe

Leste e Oeste

[editar | editar a fonte]

En 1993, xa cunha liga de 24 equipos e cunha nova expansión á vista, realizouse un realiñamento que rebautizou ás conferencias e divisións con nomes xeográficos.

1993-1998

[editar | editar a fonte]
Central Division

1998-2012

[editar | editar a fonte]

Coa entrada dos Nashville Predators, os equipos foron realiñados en seis divisións nas dúas conferencias.

Central Division

Realiñamento de 2013

[editar | editar a fonte]

Despois da mudanza dos Atlanta Thrashers a Winnipeg viuse a necesidade dun novo realiñamento. Sumando as reclamacións sobre os gastos de viaxes e horarios televisivos prexudiciais causados por diferenzas de fusos horarios, a NHL decidiu realiñar as conferencias en dúas divisións, conservando os nomes Pacific e Central. Os novos Winnipeg Jets reubicáronse no Oeste, mentres que os Detroit Red Wings e os Columbus Blue Jackets pasaron ao Leste, que pasou a ter 14 equipos.

Pacific Division Central Division
Anaheim Ducks Chicago Blackhawks
Calgary Flames Colorado Avalanche
Edmonton Oilers Dallas Stars
Los Angeles Kings Minnesota Wild
Phoenix Coyotes Nashville Predators
San Jose Sharks St. Louis Blues
Vancouver Canucks Winnipeg Jets
Vegas Golden Knights (2017)

Campións do Clarence S. Campbell Bowl

[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa amosa o número total de campionatos acadados por cada club dende que se creou o Clarence S. Campbell Bowl en 1967. En letra grosa o campionatos conseguidos dende que o trofeo é entregado ao campión da Conferencia Oeste, e dicir, os acadados dende 1974:

NºTítulos Equipo Campionatos
7 Chicago Blackhawks 1970–71, 1971–72, 1972–73, 1991–92, 2009–10, 2012–13, 2014–15
7 Edmonton Oilers 1982–83, 1983–84, 1984–85, 1986–87, 1987–88, 1989–90, 2005–06
6 Detroit Red Wings 1994–95, 1996–97, 1997–98, 2001–02, 2007–08, 2008–09
6 Philadelphia Flyers 1967–68, 1973–74, 1974–75, 1975–76, 1976–77, 1979–80
3 Calgary Flames 1985–86, 1988–89, 2003–04
3 Dallas Stars 1990–91, 1998–99, 1999–2000
3 Los Angeles Kings 1992–93, 2011–12, 2013–14
3 New York Islanders 1977–78, 1978–79, 1980–81
3 Vancouver Canucks 1981–82, 1993–94, 2010–11
2 Anaheim Ducks 2002–03, 2006–07
2 Colorado Avalanche 1995–96, 2000–01
2 St. Louis Blues 1968–69, 1969–70
1 Nashville Predators 2016–17
1 San Jose Sharks 2015–16
1 Vegas Golden Knights 2017–18

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]