Praza de Venceslau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista xeral da praza.

A Praza de Venceslau (en checo: Cs-Vaclavske_namesti_Vaclavak.ogg Václavské náměstí , coloquialmente: Václavák) é unha das principais prazas, ademais de centro cultural e de negocios, da Cidade Nova de Praga, República Checa. Moitos acontecementos notables da historia da cidade tiveron na praza o seu escenario, sendo ademais o sitio tradicional para manifestacións, celebracións, e outras xuntanzas públicas.

A praza recibe o nome por San Venceslau, o santo patrón de Bohemia.[1] É parte do centro histórico de Praga e está declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Antigamente coñecida como Koňský trh (do checo: Mercado dos Cabalos), xa que albergaba periodicamente os mesmos durante a Idade Media. O nome actual, Svatováclavské náměstí (en galego: Praza de San Venceslau), data de 1848 por mor da proposta do escritor Karel Havlíček Borovský.

Características[editar | editar a fonte]

Máis ben unha boulevard que unha praza, a Praza de Venceslau ten a forma dun rectángulo de gran lonxitude. Abrangue unha superficie de 45.000 m², sendo o lado máis longo da praza de 750 m. A praza está orientada en dirección noroeste-sueste, facendo costa arriba cara o lado sueste. O final da praza rúa está dominada polo estilo neoclásico do Museo Nacional de Praga. O extremo noroeste forma a fronteira entre a Cidade Nova (Nové Město) e a Cidade Vella (Staré Město).

Historia[editar | editar a fonte]

O Museo Nacional e a estatua de noite.

En 1348, o rei bohemio Carlos IV fundou a Cidade Nova de Praga (Nové Město). O plan incluía varias áreas abertas para os mercados, das cales a segunda máis grande era a Koňský trh ou Mercado dos Cabalos (a máis grande era a Praza de Carlos, que aínda hoxe é unha das máis grandes do mundo). No extremo sueste do mercado estaba a Porta dos Cabalos, unha das portas da muralla de Nové Město.

Durante o rexurdimento nacional checo do século XIX foi solicitado un novo nome para a praza do Mercado dos Cabalos. Por mor dunha proposta do escritor Karel Havlíček Borovský trocouse o nome a Svatováclavské náměstí (en galego: Praza de San Venceslau). Debido a este cambio erixiuse un monumento na honra de San Venceslau, duque e santo patrón de Bohemia. O 28 de outubro de 1918, Alois Jirásek leu a proclamación de independencia de Checoslovaquia diante da estatua. Durante a invasión alemá de Checoslovaquia durante a Segunda Guerra Mundial os nazis utilizaron a praza para as súas masivas manifestacións. Durante o Levantamento de Praga de 1945, unha tentativa da resistencia checa para liberar á cidade da ocupación xermana, algúns edificios próximos ao Museo Nacional foron destruídos, sendo substituídos posteriormente por grandes almacéns.

O 16 de xaneiro de 1969, os estudante Jan Palach prendeuse lume na Praza en protesta pola invasión de Checoslovaquia por parte Unión Soviética e os países do Pacto de Varsovia (excepto Romanía) en 1968. O 28 de marzo dese mesmo ano, a selección checoslovaca de hóckey sobre xeo derrotou á selección soviética por segunda no Campionato do Mundo. Debido a que o país estaba baixo ocupación soviética, a vitoria induciu grandes celebracións. Considérase que unhas 150.000 persoas se reuniron na praza para festexar o triunfo. Un grupo de axentes provocadores provocaron un ataque contra na oficinas da liña aérea soviética Aeroflot situada na praza, o que serviu como pretexto para represalias.

En 1989 durante as grandes manifestacións da Revolución de Veludo, onde se superaron os centos de miles de asistentes, tamén se levaron a cabo na praza. Hoxe Václavák está rodeada por múltiples hoteis, oficinas, comercios, lugares para o troco de divisas e negocios de comida rápida. Para consternación dos veciños da cidade, a rúa é tamén un popular lugar onde as prostitutas exercen o seu oficio pola noite. Tamén hai numerosos clubs de striptease nos arredores, polo que é tamén un lugar popular para as despedidas de solteiro.

Arte e arquitectura[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Museo Nacional de Praga.
Palác Koruna
Edificio Melantrich.

O dous principais focos de atención da Praza de Venceslau están ao sueste do lugar, son o edificio do Museo Nacional, erixido entre 1885 e 1891 a partir do deseño do arquitecto checo Josef Schulz, a estatua de San Venceslau montado a cabalo.

O santo montado foi esculpido por Josef Václav Myslbek entre 1887 e 1924. A imaxe de Venceslau está acompañada doutros santos patróns checos tallados na ornamental base da estatua: Santa Ludmila, Santa Inés, San Procopio e Santo Adalberto. A base da estatua, deseñada polo arquitecto Alois Dryak, inclúe a inscrición:

Svatý Václave, vévodo české země, kníže náš, nedej zahynouti nám ni budoucím.
San Venceslau, duque das terras checas, príncipe dos nosos, non nos deixes perder a nós nin aos nosos descendentes.

Hai unha destacable parodia da estatua, creada por David Černý, nunha galería do Palacio de Lucerna preto da praza. Outros edificios e sitios de interese que se poden atopar son:

Transporte[editar | editar a fonte]

A liña A do Metro de Praga circula por debaixo da Praza de Venceslau, habendo dúas entradas á rede de transporte na rúa: Muzeum e Můstek. Había tamén vías de tranvía ao longo da praza, mais foron retiradas en 1980, con todo hai unha proposta para volvelas a introducir. A meirande parte da rúa está aberta ao tráfico de automóbiles e só a parte final noroeste está peonalizada.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]