Saltar ao contido

Museo Nacional de Praga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo Nacional de Praga

Tipomuseo nacional, museo, institución de investigación e editorial Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1818 Editar o valor en Wikidata
Inauguración1818 Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 50°04′47″N 14°25′50″L / 50.079843, 14.430417
PaísRepública Checa
Concello con privilexiosPraga Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónPraga Editar o valor en Wikidata
SedePraga Editar o valor en Wikidata
Membro de
Composto por
Contacto
Páxina WEBnm.cz Editar o valor en Wikidata
Teléfono+420-224-497-111 Editar o valor en Wikidata
Correomailto:nm@nm.cz Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: narodnimuzeum Twitter: narodnimuzeum Instagram: narodnimuzeum Youtube: UCj60n1wCtqyr4416nNPmUcQ Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

O Museo nacional (en checo: Národní muzeum) é un dos principais museos de Praga. Ocupa un edificio neorrenacentista situado no alto da Praza de Venceslau, a principal da cidade. O seu vestíbulo central serve tamén de panteón dos grandes checos.

Fundouse en 1818 como Museo patriótico de Bohemia (Vlastenecké muzeum v Čechách). En 1848 toma o nome de Museo checo (České muzeum), de 1854 a 1919 o de Museo Real checo (Muzeum Království českého). O edificio ocupado polo museo é obra do Josef Schulz, o arquitecto do Teatro Nacional de Praga, construído na mesma época (1885-1890).

Desde hai 150 anos o museo domina a praza de Venceslau e é un símbolo ineludible da cultura e a nación checas. En agosto de 1968, trala Primavera de Praga, a súa fachada foi danada polos tiros dos tanques das unidades do Pacto de Varsovia que invadiran Praga e tomaban posición ao redor dos estudos da Radio Checoslovaca, situados non lonxe de alí.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]