Cervera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 41°39′56″N 01°16′17″O / 41.66556, -1.27139

Cervera
Bandera de Cervera.svg
Coat of Arms of Cervera (since 2018).svg
Panoramica de Cervera (1).jpg
Localización
Localització de Cervera.png
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaLleida
ComarcaSegarra
Xeografía
Altitude548 msnm
Superficie55,2 km²
Demografía
Poboación9.440 hab. (2012)[1]
Densidade171,01 hab./km²
XentilicioCerverí, cerverina
Outros datos
Código postal25200
AlcaldeRamon Royes Guàrdia (CiU)
www.cerverapaeria.cat

Cervera é un municipio catalán, pertencente á provincia de Lleida. É a capital da comarca da Segarra, situada no centro da parte meridional da comarca, no val do río Ondara.

Demografía[editar | editar a fonte]

Entidades de poboación[editar | editar a fonte]

Entidades Poboación (2005)
La Cardosa 4
Castellnou d'Oluges 52
Cervera 8.817
Malgrat 5
La Prenyanosa 14
Vergós 50

Evolución demográfica[editar | editar a fonte]

1900 1930 1950 1970 1981 1986 2008
4.350 4.554 5.216 5.773 6.444 6.545 9.247

Comunicacións[editar | editar a fonte]

En Cervera enlazan o Eix Transversal (C-25) coa autovía A-2 de Madrid a Francia. Posúe tamén estación de ferrocarril (liña Barcelona-Lleida-Madrid).

Historia[editar | editar a fonte]

Converteuse en municipio en 1182, e en 1702 obtivo o título de cidade. Entre 1700 e 1715, no marco da Guerra de Sucesión española, Cervera posicionouse de parte de Felipe V e tras a vitoria borbónica converteuse na cabeza de correxemento e obtivo numerosos privilexios. Así, cos logo dos Decretos de Nova Planta estableceuse en 1717 a Universidade de Cervera (1717-1842). Os seus profesores converteron a cidade nun foco de revoltas e conspiracións absolutistas e carlistas na primeira metade do século XIX.

Logo da chegada dos liberais ao poder por mor da morte de Fernando VII en 1833, a Universidade de Cervera trasládase a Barcelona, así como a de Alcala de Henares trasladouse a Madrid para converterse en Universidade Central.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Rúas interiores de Cervera
  • Praza Maior porticada
  • Concello (Paeria), de estilo barroco
  • Igrexa de Santa María, ss. XIV-XV, de estilo gótico
  • Antiga Universidade de Cervera, de estilo neoclásico
  • Igrexa románica de Sant Pere o Gros, de planta circular, nos arredores da cidade.
  • Museu do Blat i a Pagesia
  • Museu Duran i Sanpere, arqueolóxico e de historia local.
  • Monumento á Generalitat de Catalunya
  • Carreró de les Bruixes

En Vergós[editar | editar a fonte]

  • Castelo
  • Igrexa da Magdalena
  • Igrexa de Santa María

Festas de interese[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]