No Tratado de Baiona prometíase o matrimonio dos herdeiros de ambas as liñas: Henrique (fillo de Xoán I de Castela) e Catarina de Lancaster (filla de Xoán de Gante e Costanza de Castela). Ambos recibirían o título de Príncipes de Asturias e sucederían a Xoán I, uníndose ambas as liñas na persoa dos seus herdeiros. Ademais, todos os fillos de Pedro I que seguían no cárcere deberían ser postos en liberdade, e os que estaban no exilio podían volver a Castela. O tratado incluía a obriga do rei de Castela de pagar unha indemnización de 600000 francos ouro aos Lancaster, que se fixo efectiva ese mesmo ano.[2][3]
O matrimonio tivo lugar, pero non todos os fillos foron liberados. Hai constancia de que Xoán de Castela permaneceu no cárcere de Soria até a súa morte.