Saltar ao contido

María de Castela (raíña de Aragón)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría de Castela

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) María de Castilla Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de novembro de 1401 Editar o valor en Wikidata
Segovia (Coroa de Castela) Editar o valor en Wikidata
Morte7 de setembro de 1458 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Valencia (Coroa de Aragón) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMonestir de la Trinitat de València (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCoroa de Castela Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConsorte de Sicilia (1416–1458)
Raíña consorte de Aragón (1416–1458)
Infanta of Castile (en) Traducir
Duchess of Villena (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Trastámara Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAfonso V de Aragón (1415 (Gregoriano)–)
PaisHenrique III de Castela Editar o valor en Wikidata  e Catarina de Lancaster Editar o valor en Wikidata
IrmánsXoán II de Castela e Catarina de Castela e Lancaster Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1185493 WikiTree: De_Castilla-57 Find a Grave: 210960448 Editar o valor en Wikidata

María de Castela, nada en Segovia o 1 de setembro de 1401 e finada en Valencia o 4 de outubro de 1458,[1] foi unha infanta de Castela, princesa de Asturias (1402-1405) e raíña de Aragón (1416-1458), polo seu casamento con Afonso V, o Magnánimo.[2]

Foi a primeira filla de Henrique III «o Doente» e de Catarina de Lancaster, e irmá de Xoán II de Castela.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Princesa de Asturias, Infanta de Castela e Señora de Villena

[editar | editar a fonte]

Nada na cidade de Segovia, María foi a maior dos fillos do rei Henrique III de Castela e a raíña Catarina de Lancaster. A súa madriña foi a tía da súa nai, María de Ayala, monxa e filla ilexítima do rei Pedro I de Castela. Medrou nunha residencia completamente rexida por casteláns, onde viviu até o momento do seu matrimonio, o cal era pouco frecuente para unha infanta destinada a casar cun príncipe estranxeiro. A súa educación estivo a cargo do Gran Senescal do Reino, Pedro González de Mendoza, mentres que a súa gobernanta foi Inés de Ayala e Toledo, III Señora de Casarrubios del Monte.[3]

Como filla primoxénita, María foi investida co título de Princesa de Asturias, reservado para o primeiro na liña de sucesión. Seu pai fíxoa xurar herdeira presunta do Reino nas Cortes de Toledo do 6 de xaneiro de 1402, sendo ao mesmo tempo comprometida co seu primo irmán Afonso, fillo do seu tío paterno Fernando, como unha forma de reforzar os seus dereitos sucesorios. O nacemento do seu irmán Xoán (futuro rei) en 1405 desprazouna da sucesión; desde ese momento, ela foi só Infanta.[4]

De acordo coas crónicas contemporáneas, a súa infancia foi moi feliz. A fraxilidade da súa saúde non foi evidente até o momento do se casamento. Seu pai morreu cando ela tiña catro anos, deixando a coroa ao seu irmán Xoán, que a fixo novamente presunta herdeira. A súa nai, a raíña Catarina, gobernou o reino de Castela como rexente durante a minoría de idade do seu fillo, e a infanta puido observar as capacidades da raíña no labor gobernamental. As accións políticas da raíña rexente fixeron que posteriormente María fora moi consciente das súas responsabilidades e prerrogativas como raíña e como rexente, que se confirmarían cando lle foi entregado o antigo Señorío de Villena, na forma de Ducado de Villena, entre 1409 e 1415. Nai e filla estiveron sempre moi unidas e mantiveron unha frecuente correspondencia tras o matrimonio da infanta.[3]

Matrimonio

[editar | editar a fonte]
Afonso V de Aragón, esposo de María
Escudo de María de Castela na igrexa do Mosteiro da Trindade, de Valencia

O compromiso entre María e Afonso, confirmado polo rei Henrique III nas sus últimas vontades e testamento, non foi formalizado até que ela cumpriu os sete anos de idade.[3] No mesmo acordo, pactáronse outras dúas alianzas nupciais: entre o irmán de María, Xoán (futuro rei Xoán II), e a irmá de Afonso, María, e entre a irmá máis nova de María, Catarina, co irmán de Afonso, Henrique.[5]

O matrimonio entre María e Afonso celebrouse na Catedral de Valencia o 12 de outubro de 1415. A cerimonia foi oficiada polo antipapa Benedito XIII, O cal tamén outorgara a preceptiva dispensa matrimonial para o enlace.[3] María recibiu un espléndido dote consistente en terras e rendas, á vez que Afonso era elevado ao rango de infante de Castela. O rei Xoán II máis tarde queixaríase de que o dote da súa irmá fora demasiado grande e, en verdade fora o máis grande xamais recibido por algunha infanta de Castela.[6] Un ano despois, en 1416, o marido de María foi proclamado rei da Coroa de Aragón, subindo ao trono como Afonso V.

As disputas familiares foron constantes por mor das políticas dos seus sogros, os reis de Aragón Fernando e Leonor de Alburquerque. Os Infantes de Aragón, os seus cuñados Henrique, Pedro e, especialmente, o intrigante Xoán, foron extremadamente problemáticos e impertinentes durante a rexencia de María.[3]

María tiña unha saúde delicada, e posibelmente padecía de epilepsia. Un gromo de varíola deixouna con cicatrices permanentes e sen atractivo físico. Non tivo a súa primeira menstruación até os dezaseis anos, polo que a consumación do seu matrimonio foi postergada até ese momento. Non tivo fillos. A súa unión foi simplemente política, sen ningunha clase de afecto. Os poucos momentos felices que tivo no seu matrimonio tiveron lugar durante os primeiros anos.

A falta de descendencia afectou grandemente a seu matrimonio e ao reinado de Afonso V. A relación entrámbolos dous empezou a deteriorarse visibelmente desde 1423, logo do retorno de Afonso V de Nápoles, ao saber que a amante italiana do seu marido, Giraldona Carlino, lle dera un fillo, Fernando. Terribelmente ferida pola súa infidelidade, María informa falsamente ao seu marido de que a súa nai morrera, co propósito de ferilo. Como o divorcio non era unha opción, a parella permaneceu unida só por conveniencia.[7]

Durante os anos 1420 e 1423, a causa das longas ausencias de Afonso V, María tivo que actuar como lugartenente xeral de Aragón e, no principado de Cataluña, entre os anos 1432 e 1458. María involucrouse nas loitas que se desenvolveran en Barcelona entre os campesiños e os burgueses.

Tras a derrota de Ponza (1435) na que Afonso V foi feito prisioneiro polos xenoveses aliados do soberano napolitano, Renato de Anjou, María convocou Cortes en Monzón para conseguir os fondos necesarios para a liberación do seu esposo.

En 1453 María deixou Cataluña trasladándose a Castela onde interveu como mediadora nas loitas castelán-aragonesas. Ambas as raíñas, María de Aragón e María de Castela, as dúas primas e cuñadas, conseguiron que se pactara a paz en Valladolid, no nome dos seus maridos. Nese momento, a raíña de Castela tiña tanta autoridade como a raíña de Aragón.[8]

En 1454, despois da morte de seu irmán o rei Xoán II, a raíña de Aragón volveu a viaxar a Castela para negociar co seu novo rei, o seu sobriño, Henrique IV. María quedou en Arévalo, Castela, até un ano antes da súa morte.[9]

María morreu en Valencia en 1458, sen descendencia.[2] Está enterrada no Real Mosteiro da Trindade desa cidade. O médico e escritor Jaume Roig foi un dos profesionais que certificaron a súa morte.

Aínda que a historiografía tendeu a considerala como unha persoa caritativa e devota, tense sinalado que a raíña sentía predilección polos pequenos artistas e as obras humildes, e por iso xogou un destacábel papel na promoción artística e cultural da época.[10][11]

Antepasados de María de Castela

[editar | editar a fonte]
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Afonso XI de Castela
 
 
 
 
 
 
 
8. Henrique II de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Leonor de Guzmán
 
 
 
 
 
 
 
4. Xoán I de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Juan Manuel de Borgoña e Savoia
 
 
 
 
 
 
 
9. Xoana Manuel de Villena
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Blanca Núñez de Lara
 
 
 
 
 
 
 
2. Henrique III de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Afonso IV de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
10. Pedro IV de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Teresa de Entenza
 
 
 
 
 
 
 
5. Leonor de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Pedro II de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
11. Leonor de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Isabel de Carintia
 
 
 
 
 
 
 
1. María de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Eduardo II de Inglaterra
 
 
 
 
 
 
 
12. Eduardo III de Inglaterra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Isabel de Francia
 
 
 
 
 
 
 
6. Xoán de Gante
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Guillerme I de Hainaut
 
 
 
 
 
 
 
13. Filipa de Hainaut
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Xoana de Valois
 
 
 
 
 
 
 
3. Catarina de Lancaster
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Afonso XI de Castela (=16)
 
 
 
 
 
 
 
14. Pedro I de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. María de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
7. Constanza de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Xoán García de Padilla
 
 
 
 
 
 
 
15. María de Padilla
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. María González de Henestrosa
 
 
 
 
 
 
  1. Infanta doña María de Castilla y León en Medieval Lands (en inglés).
  2. 2,0 2,1 De Capmany y de Montpalau, Antonio (1792): Compendio cronológico-histórico de los soberanos de Europa. Primera Parte. Capítulo: "De los reyes de Aragón. Casa de Castilla", páx. 413.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Earenfight 2010, p. 27.
  4. Earenfight 2010, p. 25.
  5. Earenfight 2010, p. 28.
  6. Earenfight 2010, p. 29.
  7. Earenfight 2010, p. 37.
  8. Jansen 2002, p. 235.
  9. Jansen 2002, p. 19.
  10. Vidal Franquet,Jacobo (2014): La cámara real de María de Castilla. Sus joyas y otras delicias suntuarias Anales de Historia del Arte, 24, pp. 593-610. Consultada o 20-09-2017.
  11. Terés i Tomàs, Mª Rosa e Teresa Vicens (2015).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Earenfight, Theresa (2010). The king's other body: María of Castile and the crown of Aragon. Philadelphia: University of Pennsylvania Press. ISBN 0-8122-4185-1. 
  • Jansen, Sharon L. (2002): The monstrous regiment of women: female rulers in early modern Europe. Londres: Palgrave Macmillan. ISBN 0-312-21341-7.
  • Roca, Joseph Mª; Ferran Soldevila e Ulla Deibel (1928): Sobiranes de Catalunya: recull de monografíes històriques. Barcelona: Academia de Buenas Letras de Barcelona. Fundació Concepció Rabell y Cibils, Viuda Romaguera.
  • Servito, Elena (2008): Il sigillo della regina Maria di Castiglia conservato all'Archivio di Stato di Siracusa. Siracusa: Morrone. ISBN 978-88-9593-607-9.
  • Terés i Tomàs, Mª Rosa e Teresa Vicens (2015): Violant de Bar i Maria de Castella: promoció espiritual i mecenatge. Barcelona: Universitat de Barcelona. Serie: Lliçons, 6. ISBN 978-84-4753-917-8.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Henrique de Castela
Princesa de Asturias
1 de setembro de 1402 - 6 de marzo de 1405
Sucesor:
Xoán de Castela
Predecesor:
Leonor Urraca de Castela

Raíña consorte de Aragón, Mallorca, Valencia, Sardeña e Sicilia
Condesa consorte de Barcelona, Rosellón, Cerdaña e Urxel

22 de abril de 1416 - 27 de xuño de 1458
Sucesor:
Xoana Enríquez
Predecesor:
Isabel de Lorena

Raíña consorte de Nápoles

2 de xuño de 1442 - 27 de xuño de 1458
Sucesor:
Isabel de Clermont