Pomelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pomelo
Froitos do pomelo
Froitos do pomelo
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Sapindales
Familia: Rutaceae
Xénero: Citrus
Especie: C. × paradisi
Nome binomial
Citrus × paradisi
Macfad.

O pomelo[1] (Citrus × paradisi), é unha árbore da familia das rutáceas cultivada pola súa froita cítrica. É un híbrido, probablemente producido de forma espontánea entre a Citrus maxima e a laranxa doce (Citrus × sinensis) nas plantacións do mar Caribe ao redor do século XVII.

Características[editar | editar a fonte]

O froito, chamado tamén pomelo[2], é un hesperidio globoso ou apenas piriforme, de ata 15 cm de diámetro. Está recuberto dunha tona grosa, carnosa, despegada do endocarpo, de cor amarela ou rosácea, con glándulas oleosas pequenas e moi aromáticas. Ten de 11 a 14 carpelos, firmes, moi xugosos, doces ou ácidos segundo a variedade, separados por paredes membranosas de característico sabor amargo que conteñen polpa de cor que vai da amarela pálida á vermella moi intensa. As sementes son escasas, de ata 1,25 cm de longo, normalmente poliembriónicas, lisas, elípticas ou apicadas, brancas por dentro.

Principais produtores[editar | editar a fonte]

Os principais países produtores deste cítrico son os EUA, Arxentina, Cuba, Israel, Chipre, Mozambique, México e Suráfrica.

Notas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pomelo
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pomelo.
  2. VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 197. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.