Iñigo Urkullu
Iñigo Urkullu | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Iñigo Urkullu Renteria |
Nacemento | 18 de setembro de 1961 |
Lugar de nacemento | Alonsotegi |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Deusto |
Ocupación | político e mestre |
Cónxuxe | Lucia Arieta |
Na rede | |
http://urkullu.eu | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Iñigo Urkullu Renteria, nado en Alonsotegi o 18 de setembro de 1961, é un político vasco e nacionalista, parlamentario vasco de 1994 a 2005.[1] Foi presidente do Euzkadi Buru Batzar (EBB) do Partido Nacionalista Vasco entre xaneiro de 2008 e decembro de 2012. É o Lehendakari dende o ano 2012.[2][3]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Antes de dedicarse á política, os seus inicios profesionais relacionáronse co mundo da educación e foi profesor da ikastola "Asti-Leku" de Portugalete e do colexio público Félix Serrano de Bilbao. É profesor funcionario de carreira de Educación en excedencia no colexio Landako de Durango.
Cargos internos[editar | editar a fonte]
Desempeñou cargos de responsabilidade no PNV dende 1980:
Afiliado ó EAJ-PNV dende 1977, foi membro do Consello Rexional de EGI, as mocidades de dito partido, dende 1980 a 1985 e membro do Bizkai Buru Batzar (BBB), que é a Executiva de EAJ-PNV en Biscaia, (1984-1987) (1996-2000), sendo o seu presidente dende o ano 2000.
Tamén foi o representante do partido por ese territorio no EBB dende o ano 2000, máximo órgano do PNV e Presidente de Mesa na Asemblea Nacional (1992-1994). En 2007 foi elixido presidente do Euskadi Buru Batzar, na práctica o presidente do PNV, e reelixido para ese cargo en xaneiro de 2012. O 13 de decembro de 2012 foi investido lehendakari, isto é, presidente da Comunidade Autónoma Vasca.
Cargos institucionais[editar | editar a fonte]
Dende 1987 tamén ten desempeñado o seu labor a cargo de institucións e organismos públicos:
- Ex-Director de Xuventude e Acción Comunitaria da Deputación Foral de Biscaia (1987-1994).
- Membro do Consello Asesor de Éuscaro
- Parlamentario Vasco (1994-2005).
Actualmente Lehendakari e Membro da Xunta Reitora da Fundación Sabino Arana.
Predecesor: Patxi López |
![]() Lehendakari 2012 - presente |
Sucesor: No cargo |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Recensión biográfica de Olatz Barriuso en El Correo Digital (en castelán)
- ↑ "Íñigo Urkullu ha sido reelegido presidente del PNV". RTVE.es (en castelán). 15 de xaneiro de 2012. Consultado o 20 de maio de 2019.
- ↑ "Íñigo Urkullu: “En ausencia de violencia hay que dejar paso a la política”". elimparcial.es (en castelán). 26 de xuño de 2012. Consultado o 20 de maio de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Iñigo Urkullu ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: País Vasco |