Saltar ao contido

Picea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Picea
Picea
Albert Gottfried Dietrich (pt) Traducir 1824 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
Características
 Fonte de
spruce (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Clasificación taxonómica
ReinoPlantae
DivisiónPinophyta
ClasePinopsida
OrdePinales
FamiliaPinaceae
XéneroPicea
Identificadores
Freebase/m/016x44 Editar o valor en Wikidata
MeSHD028222 Editar o valor en Wikidata
ITIS18033 Editar o valor en Wikidata
OTT517942 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons
Picea mariana
Cono de Picea sitchensis

As piceas son un xénero de coníferas: Picea pertencentes á familia Pinaceae que conta cunhas 35 especies. Son árbores entre 20 e 60 metros con porte piramidal, follas illadas, planas ou tetragonais a xeito de agulla e estróbilos pendurados que non se disgregan até madurar. Entre os seus representantes máis coñecidos atopamos a Picea abies, o abeto vermello ou abeto rubio europeo, empregado comunmente en Galicia como árbore de Nadal; ou a Picea glauca. A meirande parte das especies do xénero son árbores lonxevas e que medran amodo. Ademais do uso ornamental, en xardinaxe e como árbore de Nadal, a madeira é de boa calidade (uso madeireiro e silvícola) e serve na construción, así como para fabricar instrumentos musicais, como violíns ou guitarras.[1]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

A análise do ADN[2][3] demostrou que as clasificacións tradicionais baseadas na morfoloxía da acícula e no estróbilo son artificiais. Un estudo recente[2] encontrou que P. breweriana ten unha posición basal, seguida por P. sitchensis, e mais as outras especies dividíronse en tres clados, o que suxire que a Picea se orixinou en América do Norte.

Hai trinta e cinco especies nomeadas de piceas.

Clado III

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
  1. http://www.elnortedecastilla.es/v/20100305/opinion/bosque-violines-20100305.html
  2. 2,0 2,1 Ran, J.-H., Wei, X.-X. & Wang, X.-Q. 2006. Molecular phylogeny and biogeography of Picea (Pinaceae): Implications for phylogeographical studies using cytoplasmic haplotypes. Mol Phylogenet Evol. 41(2): 405–19.
  3. Sigurgeirsson, A. & Szmidt, A.E. 1993. Phylogenetic and biogeographic implications of chloroplast DNA variation in Picea. Nordic Journal of Botany 13(3): 233–246.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]