Heinrich Friedrich Link

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Johann Heinrich Friedrich Link»)
Heinrich Friedrich Link
Nome completoJohann Heinrich Friedrich Link
Nacemento2 de febreiro de 1767
Lugar de nacementoHildesheim
Falecemento1 de xaneiro de 1851
Lugar de falecementoBerlín
Nacionalidadealemá
Alma máterUniversidade de Gotinga
Ocupaciónmédico, naturalista, profesor univsitario
Premiosmembro da Royal Society, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes e Pour le Mérite
editar datos en Wikidata ]

Johann Heinrich Friedrich Link, nado o 2 de febreiro de 1767 en Hildesheim (Sacro Imperio Romano Xermánico), e finado o 1 de xaneiro de 1851 en Berlín, foi un médico e naturalista alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

J. H. F. Link, desde moi novo, estivo influído polo seu pai, August Heinrich Link (1738-1783), que poueía unha colección de historia natural. Estudou Medicina e Ciencias Naturais na Hannoverschen Landesuniversität de Gotinga, obtedo o título de doutor en 1789, coa tese titulada Flora der Felsgesteine rund um Gotinga. Seguiu, en particular, os cursos do famoso naturalista Johann Friedrich Blumenbach (1752-1840). despois de compeltar os seus estudos foi, durante uns anos, preceptor (Privatdozent) en Gotinga.

En 1792 foi o primeiro profesor do novo departamento de Química, Zooloxía e Botánica da Universidade de Rostock. Durante a súa estancia en Rostock foi un dos fanáticos da teoría antifloxística de Antoine Lavoisier, facendo referencia, nas súas clases, ao oxíxeno. Foi tamén partidario das probas de Jeremias Benjamin Richter para utilizar a matemática na química, introducindo a estequiometría nas súas leccións. En 1806 constrúe o primeiro laboratorio de Rostock, no Seminargebäude.

Foi un autor polifacético, escribindo sobre múltiples temas: física, xeoloxía, mineraloxía, botánica, zooloxía, filosofía, ética, prehistoria e historia antiga. Foi elixido dúas veces reitor da súa Universidade. En 1793 casa con Charlotte Juliane Josephi, irmá do seu colega universitario, o profesor Wilhelm Josephi.

De 1797 a 1799 visita Portugal co conde Johann Centurius Hoffmannsegg, botánico, entomólogo e ornitólogo de Dresde. Esta viaxe orintou definitivamente a súa carreira científica, consagrándose desde entón á botánica (estudando algas, briófitos e pteridófitos, entre outros taxons). En 1800 foi elixido membro da prestixiosa Deutsche Akademie der Naturforscher Leopoldina, a máis antiga escola de historia natural de Europa. En 1808 recibiu o premio da Academia de San Petersburgo pola súa monografía Von der Natur und den Eigenschaften del Lichts (Da natureza e características da luz). A súa reputación como científico crece, e chega a ser internacionalmente coñecido.

En 1811 entra como profesor de química e botánica na Universidade de Breslau, na que foi elixido, de novo, dúas veces como reitor. Despois da morte de Carl Ludwig Willdenow (1765-1812), pasou a ser, en 1815, profesor de historia natural, conservador do herbario e director do Xardín botánico de Berlín (Hortus regius Berolinensis), cargos que desempeñou até a súa morte. Este período foi o máis rico da súa carreira científica. Arrequeceu as coleccións do Xardín que contaba con 14 000 espácimes, a maioría de especies raras. En 1827 describiu os xéneros de cactos Echinocactus e Melocactus. A maioría das especies de champiñóns que describiu, conservan aíndaa hoxe o seu nome de orixe, indicando a gran calidade do seu traballo (por exemplo, Cordyceps, Creopus, Fusarium, Leocarpus, Myxomycetes, Phragmidium e outros).

Foi membro de numerosas sociedades científicas, entre elas, a Royal Society, a Academia Real das Ciencias de Prusia, a Academia Leopoldina, a Academia Real das Ciencias de Suecia, ou a Academie das Ciencias de Turín. Formou a numerosos naturalistas, como Christian Gottfried Ehrenberg. Durante toda a súa vida, viaxou a través de toda Europa. Políglota, falaba numerosas linguas, incluídas o árabe e o sánscrito.

Está considerado como un dos científicos máis grandes de finais do século XVIII e a primeira metade do XIX, e entre as súas obras cómpre destacarr Handbuch zur Erkennung der nutzbarsten und am häufigsten vorkommenden Gewächse (1829-1833, en tres volumes).

Obras principais[editar | editar a fonte]

  • Florae goettingensis specimen, sistens vegetabilia saxo calcáreo propria (H. M. Grape, Gotinga, 1789).
  • Annalen der Naturgeschichte (Gotinga, 1791).
  • Dissertationes botanicae; quibus accedunt Primitiae horti botanici; et Florae rostochiensis (G. Baerensprung, Suerin, 1795).
  • Philosophiae botanicae novae seu Institutionum phytographicarum prodromus (Jo. Christ. Dieterich, Gotinga, 1798).
  • Voyage en Portugal, depuis 1797 jusqu'en 1799 (Levrault, Schoell et Cie, París, an. XII, 1803).
  • Grundlehren der Anatomie und Physiologie der Pflanzen (Gotinga, 1807). ("Principios fundamentais da anatomía e da fisioloxía das plantas", na que demostra, por primeira vez, que as células vexetais teñen entidade individual, e non son só unha parte dunha masa vexetal homoxénea).
  • Nachträge zu den Grundlehren etc. (Gotinga. 1809).
  • Kritische Bemerkungen und Zusätze zu Karl Sprengels verk über den Bau und die Nature der Gewäsche (C. A. Rümmel, Berlín, dous volumes, 1812).
Portada de Filicum Species.
  • Die Urwelt und das Altertum, erläutert durch die Naturkunde (Berlín 1820-1822, 2ª ed. 1834).
  • Enumeratio plantarum horti regii botanici Berolinensis altera (G. Reimer, Berlín, dous volumes, 1821-1822).
  • Das Altertum und der Übergang zur neuern Zeit (Berlín 1842).
  • Elementa philosophiae botanicae (Berlín 1824; segunda edición, en latín e en alemán, 1837).
  • Üeber die Gattungen Melocactus und Echinocactus (Berlín, 1827).
  • Hortius regius botanicus Berolinensis (G. Reimer, Berlín, dous volumes, 1827-1833).
  • Anatomisch-botanische Abbildungen zur Erläuterung der Grundlehren der Kräuterkunde (Berlín, 1837-1842).
  • Ausgewählte anatomisch-botanische Abbildungen (Berlín, 1839-1842).
  • Filicum species in horto regio Berolinensi cultae (Berlín, 1841).
  • Anatomie der Pflanzen in Abbildungen (Berlín, 1843-1847).
  • Tamén publicou, xunto con Friedrich Otto:
    • Icones plantarum selectarum horti regii botanici Berolinensis (Berlín, 1820-1828).
  • Igualmente, con Friedrich Otto e axudado por Johann Friedrich Klotzsch:
    • Icones plantarum rariorum horti regii botanici Berolinensis (Berlín 1828-1831).
  • Tamén é o autor, canda o conde von Hoffmansegg:
    • Flore portugaise (Berlín, 1809-1840).

Honores[editar | editar a fonte]

Eponimia[editar | editar a fonte]

Especies

Abrevaituras[editar | editar a fonte]

  • A abreviatura Link emprégase para indicar a Heinrich Friedrich Link como autoridade na descrición e taxonomía en botánica. ​
  • A abreviatura Link emprégase para indicar a Heinrich Friedrich Link como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Enum. Diagn. Cact. 48 1837 (IK)
  2. Mant. ii 118 (IK)
  3. Ind. Sem. Hort. Berol. 1848 13 (IK)
  4. New Zeal. J. of Botany 17 1979 (APNI)
  5. Diagn. Pl. Orient. ser. 2, 3: 160 1856 (IK)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]