Piñeiro de Australia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piñeiro de Australia
Fig. 298 de E.Gilg & K.Schum., "Das Pflanzenreich. Hausschatz des Wissens.", ca. 1900
Fig. 298 de E.Gilg & K.Schum., "Das Pflanzenreich. Hausschatz des Wissens.", ca. 1900
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Fanerógama Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fagales
Familia: Casuarinaceae
Xénero: ''Casuarina''
L.
Especie: ''C. equisetifolia''
Nome binomial
''Casuarina equisetifolia''
(L.) J.R.Forst. & G.Forst. 1775

O piñeiro de Australia[1] (Casuarina equisetifolia) é unha especie de árbore semiperenne, das costas tropicais, moi útil como pantalla forestal contra os ventos. É endémico de Australia, Malaisia e a Polinesia. Non é en realidade un piñeiro, nin sequera unha conífera. En Galiza hai algún exemplar ornamental, por exemplo na Alameda de Vigo.

Vista da árbore
Follas
Flores femininas e froitos dun exemplar en Portugal.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Nas illas hawaianas onde fora unha especie introducida, medra tanto en costas areentas xéricas, salitrosas, calcarias, como nas montañas sobre áreas de pesada pluviosidade de solos volcánicos. As plantas fíxanse moi ben no chan e teñen propiedades alelopáticas, evidenciada pola ausencia achegada á copa doutros vexetais, e unha cuberta dos seus detritos.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Moi útil para a reforestación rural e urbana nos trópicos, subtrópicos e rexións temperadas; fixa azote atmosférico en simbiose coa bacteria Frankia. É unha árbore de crecemento rápido. Ademais as micorrizas (en coinoculación co fungo micorrícico arbuscular Glomus intraradices e co fungo ectomicorrícico Pisolithus tinctorius) na súas raíces incrementan o crecemento desta planta, así como a súa capacidade de fixación do azote, contribuíndo á súa supervivencia no transplante en solos marxinais.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

O fuste acada 25-30 m, ten unha casca que se divide en fitas lonxitudinais; a casca ten moitos taninos, de aí a súa utilidade para diarreas.

Aseméllase ás coníferas pola follaxe, mais non o é. As súas follas son finas, semellantes ás acículas dos piñeiros mais se diferencia destes por estaren tabicadas en septos. A madeira é moi dura. Os talos adaptados son de cor verde e equisetiformes, xa que anatomicamente son iguais aos da xestela (fentos do xénero Equisetum), e miden entre 10 a 20 cm de lonxitude e 1 mm de diámetro. As flores son unisexuais, pouco vistosas e de reducido tamaño. A especie é diclono monoica (levan flores masculinas e femininas). Ten froitos nos eixes e as escamas das inflorescencias femininas lignifican e forman unhas falsas piñas globosas que conteñen os froitos, sámaras miúdas de 5-8 mm de diámetro.

Multiplicase moi ben por semente. A xerminación, sen tratamentos previos, adoita ser alta.

Usos[editar | editar a fonte]

A súa madeira úsase para taboleiros, valados e leña e carbón de boa calidade. Tamén se emprega coma árbore ornamental.

Árbores senlleiras de Galiza[editar | editar a fonte]

A casuarina da Alameda da Praza de Compostela en Vigo (Pontevedra) recóllese no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Propiedades[editar | editar a fonte]

Principios activos: contén tanino.[2]

Indicacións: é adstrinxente. As raíces téñense usado para tratar grans na faciana.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Casuarina equisetifolia foi descrita por (L.) J.R.Forst. & G.Forst. e publicado en Amoenitates Academici . . . 4: 143. no ano 1759. [3]

Variedades
Sinonimia:
  • Casuarina africana Lour.
  • Casuarina brunoniana Miq.
  • Casuarina equisetifolia var. souderi Fosberg
  • Casuarina excelsa Dehnh. ex Miq.
  • Casuarina indica Pers.
  • Casuarina lateriflora Poir.
  • Casuarina litorea L. ex Fosberg & Sachet
  • Casuarina littorea Oken
  • Casuarina littorea var. souderi (Fosberg) Fosberg & Sachet
  • Casuarina mertensiana Rupr. ex Miq.
  • Casuarina repens Hoffmanns.
  • Casuarina truncata Willd.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome preferido vulgar en galego en Termos Esenciais de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela, 2004
  2. 2,0 2,1 [Ligazón morta "Piñeiro de Australia"]. Plantas útiles: Linneo. http://www.linneo.net/plut/index2.htm [Ligazón morta]. Consultado o 24 de novembro de 2009.
  3. "Piñeiro de Australia". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. http://www.tropicos.org/Name/6400006. Consultado o 23 de maio de 2013.
  4. Piñeiro de Australia en PlantList

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Piñeiro de Australia
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Piñeiro de Australia

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. Valdés, M., A.C. Rodrigo; M.A. Leyva; A.D. Camacho. PROMOCIÓN DEL CRECIMIENTO EN VIVERO DE Casuarina equisetifolia POR MICROORGANISMOS SIMBIONTES. Chapingo.
  2. Correa A., M.D., C. Galdames & M. Stapf. 2004. Cat. Pl. Vasc. Panamá 1–599. Smithsonian Tropical Research Institute, Panama.
  3. Flora of China Editorial Committee. 1999. Flora of China (Cycadaceae through Fagaceae). 4: 1–453. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
  4. Hamilton, C. W. 2001. Casuarinaceae. In: Stevens, W.D., C. Ulloa, A. Pool & O.M. Montiel. Flora de Nicaragua. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 1w: 592–593.
  5. Hokche, O., P. E. Berry & O. Huber. (eds.) 2008. Nuevo Cat. Fl. Vasc. Venezuela 1–860. Fundación Instituto Botánico de Venezuela, Caracas.
  6. Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. (eds.) 2011. Fl. Antioquia: Cat. 2: 9–939. Universidad de Antioquia, Medellín.
  7. Jørgensen, P. M., M. H. Nee & S. G. Beck. (eds.) 2013. Catálogo de las plantas vasculares de Bolivia. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard.
  8. Linares, J. L. 2003 [2005]. Listado comentado de los árboles nativos y cultivados en la república de El Salvador. Ceiba 44(2): 105–268.
  9. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]