Septo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

En anatomía e bioloxía un septo[1] é unha parede que divide de forma completa ou incompleta unha cavidade ou estrutura en partes máis pequenas.

Exemplos[editar | editar a fonte]

En anatomía humana[editar | editar a fonte]

En anatomía os septos (ou septum, plural septa) son as paredes ou tabiques que dividen órganos e cavidades ou partes de tecidos. Por exemplo, o septo ou tabique nasal ou os septos que separan os alvéolos pulmonares. Outros exemplos son: tabique interarticular (septum atriorum), septo do bulbo uretral, septo crural, septo pelúcido (septum pellucidum) do cerebro etc.[2]

Septos alveolares.

Os septos histolóxicos aparecen na maioría dos tecidos do corpo, especialmente onde se necesita que os tecidos brandos sexan máis duros, e tamén proporcionan planos para a entrada de pequenos vasos sanguíneos. Como as densas fibras de coláxeno que forman os septos xeralmente se estenden aos tecidos adxacentes, os septos fibrosos microscópicos están peor definidos que os macroscópicos mencionados ao principio.

En zooloxía[editar | editar a fonte]

  • Placas calcarias radiais que dividen internamente os corais.
  • Paredes transversas que dividen as conchas dos moluscos en cámaras, como as dos náutilos, amonitas e belemnitas (aplícase tamén ás conchas de rizópodos como os foraminíferos).
  • Paredes que dividen a cavidade corporal dun anélido.

En micoloxía[editar | editar a fonte]

  • Parede que divide as hifas en células discretas nos fungos. Pode estar perforado.

En botánica[editar | editar a fonte]

En bacterioloxía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para septo.
  2. Diccionario Terminológico de Ciencias Médicas. Masson. 13ª edición. (1999). Páxina 1109. ISBN 84-458-0095-7