Sámara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Outro tipo de sámaras dun pradairo, aínda na árbore
A semente do pradairo bravo é un tipo de sámara.

Unha sámara é un aquenio ou froito seco, indehiscente que ten o pericarpo estendido a modo de á membranosa. Este tipo de froito ten como función facilitar a dispersión da semente valéndose do ar. Entre as especies vexetais que producen sámaras están varias árbores, como os pradairos, os freixos e os ulmeiros.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.